Skip to content

Pepa Pardo: “Temos que actualizar o partido todos os días e adecualo ao que a xente espera de nós”

Di que o PPdeG buscar sempre mellorar e que o 17º Congreso ten a vista posta nas propostas que a formación porá a disposición da Comunidade 

A presidenta da Comisión Organizadora do 17º Congreso do Partido Popular de Galicia, Pepa Pardo, asegurou que hai que actualizar a organización todos os días e adecuala ao que a xente espera dos populares: “Non pretendemos que Galicia se pareza ao PPdeG, senón que o PPdeG se pareza a Galicia”.

 

Durante unha comparecencia en rolda de prensa celebrada despois da primeira reunión da Comisón Organizadora, Pardo remarcou que o Conclave autonómico debe ser aberto, participativo e funcional. Así mesmo, apuntou que o Congreso non terá a vista posta só nos equipos que saian del, senón nas propostas e nas ideas que van actualizar e poñer a disposición da “Galicia de hoxe”, salientando que tamén servirá como preparación da formación para servir á Comunidade do mañá.

 

Nese senso, destacou que o seu partido ten a humildade de buscar permanentemente como mellorar aínda gañando eleccións, xa que este é o camiño máis eficaz para non perder comicios. Sobre isto, explicou que tanto os relatores das ponencias como os militantes deberán facer aportacións co obxectivo de acertar nun ideario que debe ser reflexo do que Galicia precisa para o próximo lustro, “unha folla de ruta para seguir representando a centralidade e a moderación, a resposta máis valente, efectiva e sensata fronte ás formulas máxicas de radicais e populistas”.

 

Pepa Pardo incidiu en que os populares deben continuar sendo representantes do centro-dereita moderado no que tanto confían os galegos, “a única alternativa a un PSOE que hai tempo perdeu o norte e a un nacionalismo cada vez máis radical: “O dique de contención para os populismos dun lado e do outro”.

 

Igualmente, recordou que mentres Manuel Fraga era presidente da Xunta, Alfonso Rueda era presidente de NNXX en Pontevedra, o que quere dicir que á vez que unha xeración dirixe os destinos dun país, outra se está formando para facelo algún día. Segundo subliñou, os populares están sempre renovándose e en constante evolución.

 

UN FEMINISMO BASEADO NA CAPACIDADE DAS MULLERES

Por outra banda, afirmou traballar nun partido no que o xénero non é un mérito. Neste sentido, admitiu que é un orgullo que a Xunta Directiva considere que as oito integrantes da Comisión Organizadora do Congreso están preparadas para asumir esta responsabilidade, aclarando que se lles encargou este labor polo que elas fixeron na formación e “non polo que din os nosos DNIs”.

 

Pardo insistiu en que os populares galegos fíxanse na valía e na cualificación profesional. Ao respecto, tamén engadiu que o PPdeG defende un “feminismo real” baseado na capacidade das mulleres, no respecto polo compromiso e pola profesionalidade, e que pon en valor todo o que estas poden aportar ao partido e á sociedade.

 

Pola contra, manifestou non sentirse identificada por “un feminismo de pancarta baleira”, que se mostra máis preocupado por cambiar a linguaxe que por loitar pola igualdade de dereitos.

 

PONTEVEDRA, SÍMBOLO DO PPdeG

Por último, avanzou que está previsto que o Congreso autonómico se celebre no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra, unha urbe que é un símbolo para o PPdeG, xa que nos mitins da praza de touros se xestaron catro maiorías absolutas. De igual modo, recoñeceu alegrarse de que os preto de 2.000 asistentes ao Conclave poidan gozar da amabilidade e hospitalidade dos pontevedreses e de que este evento sirva tamén para reactivar a economía da cidade.

Noticias recomendadas

O PPdeG pide ao Goberno central “máis transparencia, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” coa autovía A-54 entre Santiago e Lugo
O Partido Popular de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez “máis transparencia cos seus proxectos, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” en relación á autovía A-54, que
Alfonso Rueda ve ao Partido Popular preparado na provincia de Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que ve ao Partido Popular preparado en Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores, tanto a nivel provincial como
O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies