Skip to content

Puy afirma que o Goberno socialista “se está quedando só” negando á central térmica de As Pontes tempo para adaptarse á transición enerxética

Santiago, 28 de outubro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lamentou hoxe que o Goberno central socialista “se está quedando só” porque se contradí internamente e non coincide con ningún dos actores que comparten a demanda para que a central térmica de As Pontes teña tempo para adaptarse a unha transición enerxética necesaria. Ademais, lembrou que Pedro Sánchez “dixo literalmente noutro mitin celebrado no mes de marzo en A Coruña que tiñan aprobado un estatuto para o consumidor electrointensivo para garantir o futuro deste sector industrial en Galicia e España, pero a día de hoxe recoñecen que aínda falta o visto bo da Comunidade Europea a esta iniciativa, introducindo moitas dúbidas sobre o que está a facer este goberno.”

 

Pedro Puy informou que un grupo de deputados do Grupo Popular, encabezados polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participaron esta fin de semana en Alacante nunha interparlamentaria do Partido Popular, “moi positiva para poñer en común aspectos sobre a situación económica e os síntomas claros de desaceleración que comezamos a sufrir, así como o apoio ao mantemento da orde constitucional diante do que está a acontecer en Cataluña”.

 

Coincidindo coa celebración desta interparlamentaria, Puy lembrou que tivo lugar a sinatura dun acordo pola autodeterminación, coa presenza do BNG, no que se apoia aos independentistas cataláns”. Neste sentido, salientou que “algúns estamos coa orde constitucional e outros están defendendo a autodeterminación á marxe do que establece a Constitución” e chamou a atención sobre “a posición do     PSOE, que critica pactos que non existen en Galicia con forzas da ultradereita, pero non é capaz de ver que está cogobernando en moitos lugares con quen defende e asina documentos cos independentistas cataláns e outras formacións que non so exemplo de democracia”.

 

FUTURO DA CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES

 

O portavoz popular referiuse ao acto electoral protagonizado onte por Pedro Sánchez en A Coruña e criticou que “nunca visitara Galicia como Presidente do Goberno”. “Vimos que nese acto comprometeuse co futuro da central térmica de As Pontes dando solucións para un proxecto de futuro, ao mesmo tempo que a súa ministra de Transición Enerxética nunha entrevista radiofónica dicía que habería que aproveitar o investimento que esta empresa acometeu nestes últimos anos para que siga activa, pero tal e como hoxe a coñecemos ten un percorrido relativamente curto”.

 

O Goberno socialista “está dicindo cousas que non parecen as mesas e non está a coincidir con ningún dos demais actores que están a participar nesta demanda para que a empresa teña tempo para adaptarse a unha transición enerxética necesaria”, sinalou Puy, quen concretou que “o mantemento dos postos de traballo e da actividade da empresa dependen de máis medidas, como fiscais ou facer que a central térmica poida acollerse aos fondos europeos que benefician as comarcas prexudicadas pola transición enerxética”.

 

Pedro Puy manifestou que o Goberno socialista “ten que centrarse en que se faga unha transición enerxética razoable, na liña do que marca a Unión Europea, para o que conta coa colaboración tanto da Xunta, como do Concello e os propios traballadores”. “Se trata de aproveitar o investimento que fixo esta empresa para darlle máis tempo a adaptarse á transición ecolóxica de maneira que se poidan garantir os postos de traballo”, engadiu.

 

MOITAS DÚBIDAS COAS ELECTROINTENSIVAS

 

Respecto da situación de Alcoa, Pedro Puy lembrou que “Pedro Sánchez dixo literalmente o pasado mes de marzo, noutro acto electoral celebrado en A Coruña no mesmo lugar que o de onte, que tiñan aprobado un estatuto de consumidor electrointensivo que vai garantir o futuro da industria en Galicia e en A  Coruña, pero onte mesmo a ministra dixo dixo que falta para acabar o proceso de elaboración deste estatuto o visto bo da comunidade europea”.

 

“Novamente  estas declaracións introducen moitas dúbidas sobre o que está a facer este Goberno”, lamentou Puy, quen subliñou que hoxe mesmo o Comité de Empresa de Alcoa acolleu como “un paso positivo a concesión de novas axudas polas compensacións de CO2, pero deixan claro que o problema fundamental para Alcoa é o prezo da enerxía”.

 

Pedro Puy afirmou que “esta empresa é competitiva se o prezo da luz é o mesmo que o dos seus competidores a nivel europeo” e salientou que “a Xunta ten feito un documento no que lle da ao goberno central ideas en forma dun borrador para trasladar a ese estatuto de empresas electrointensivas, que a día de hoxe aínda non coñecemos”. En concreto, explicou que este documento propón medidas de carácter fiscal; a redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso; o fomento dos contratos bilaterais de enerxía eléctrica; e a necesidade irrenunciable da incorporación da categoría do consumidor hiper–electrointensivo.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies