Skip to content

Puy avoga porque a Comisión sobre as caixas permita coñecer as responsabilidades da súa transformación en bancos

Santiago, 23 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou porque a Comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas, que esta mañá se constituíu no Parlamento galego, elabore un ditame “que permita á sociedade galega ver como foi o proceso de transformación das caixas en bancos, cales foron os chanzos que motivaron esa evolución e extraer as responsabilidades políticas para saber como se adoptaron as decisións e quen foi o competente”.

 

Puy subliñou que no PPdeG foi o primeiro grupo parlamentario en solicitar a creación desta Comisión de Investigación, porque “somos os primeiros con interese en que se faga un informe que documente esa evolución e as circunstancias que acompañaron a todo ese proceso”.

 

CUMPRIR CO MANDATO

 

O portavoz popular concretou que a intención do Grupo Popular é cumprir co mandato para o que se creou esta Comisión de Investigación: analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX Lexislatura.

 

Porén, indicou que “estamos abertos a que calquera cuestión relevante sobre a materia que estea fundamentada se poida incorporar ao ditame”. En concreto, lembrou que o Grupo Popular pediu, no seu momento, a incorporación da sentenza da Audiencia Nacional sobre as indemnizacións cobradas polos ex directivos de Novacaixagalicia, á que agora  haberá que engadir a sentenza do Tribunal Supremo sobre a mesma materia. “Hai moitos outros documentos que son públicos e se poden incorporar para chegar ás mellores conclusións e enriquecer o informe”, sinalou Puy

 

REPASAR TODA A DOCUMENTACIÓN

 

Neste sentido, apuntou que os grupos da oposición “deberían repasar non so a documentación feita pública no seu día, senón especialmente tamén o informe publicado hai poucos días polo Tribunal de Cuentas, no que se refire explicitamente ao proceso de venda de Novacaixagalicia, para saber cales son as afirmacións que o órgano de control externo do sector público en España di con relación ao proceso de venda” das caixas galegas. “A partir de aí, calquera insinuación ou cousa que se diga ten moi pouco recorrido”, dixo.

 

“Non imos converter a comisión de investigación nun momento de atención mediática, con prexuizos ou insinuacións que non se sosteñen nin nos feitos nin da documentación obrante”, manifestou Pedro Puy.  Así, subliñou que unha comisión de investigación “non é un sitio para traer prexuízos ou facer política partidaria, senón un sitio onde cando se fai unha afirmación ten que estar apoiado nunha documentación”. “Esa é a diferenza fundamental entre os que veñen a comisión a facer ruído mediático, aproveitando circunstancias concretas, e os que pretendemos que no documento, co respaldo de documentación oficial, poidamos chegar a conclusións razoables sobre o que pasou”, dixo.

 

INFORMACIÓN MOI DESTACABLE

 

O portavoz popular lembrou que na pasada lexislatura o Plan de Traballo da Comisión de Investigación fora aprobado por unanimidade de todos os grupos parlamentarios, coa comparecencia de 45 persoas, entre eles o ex gobernador do Banco de España, o Presidente da Xunta, os conselleiros con competencias na materia ou responsable da Comisión Nacional do Mercado de Valores. A estas comparecencias sumáronse “máis de 34 caixas de documentación, con 30.000 folios que a Xunta puxo a disposición desta Cámara”.

 

“Do que se trata é de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura, na que se acumulou unha información moi destacable, aínda que non toda a que nos gustaría ter xuntado como consecuencia de que determinados organismos do Estado consideran, con respaldo xurídico, que a Comunidade Autónoma no pode investigar cuestións que son de competencia estatal”, sinalou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies