Skip to content

RELATORIO “OS RETOS DUNHA GALICIA QUE QUERE MÁIS EMPREGO E MENOS IMPOSTOS”

Ponencia económica: “Os retos dunha Galicia que quere máis emprego e menos impostos” 

Coordinador

Borja Verea Fraiz

 

Relatores

María Pilar Ramallo Vázquez

Marta Novoa Iglesias

Antonio Ameijide Osorio

 

PREÁMBULO

DECÁLOGO ECONÓMICO DO PPdeG

  

  1. O Partido Popular de Galicia defende un modelo de economía social de mercado, que busca garantir o progreso, o emprego e o benestar de todos os galegos. Estes son os valores esenciais sobre os que se constrúen as nosas políticas económicas, entroncando cos principios fundacionais da Unión Europea.

 

  1. Cremos que a xeración de riqueza e a creación de emprego son as bases dunha sociedade do benestar sustentable no tempo, que debe ter ás persoas no centro da acción política e manter a medio e longo prazo uns servicios sociais de calidade.

 

  1. Sostemos que a mellor política social é o emprego. Unha declaración que, reivindicando a importancia de todas as políticas de protección social, mantén que un emprego de calidade é un desenvolvemento laboral pleno son os piares fundamentais para o progreso dos cidadáns.

 

  1. Cremos que a igualdade debe comezar no mercado laboral. As administracións deben velar polo acceso en igualdade de condicións de homes e mulleres, por acabar coa fenda salarial e a precariedade laboral, así como por garantir a igualdade de oportunidades.

 

  1. Apostamos decididamente polas políticas de alivio fiscal, pois pensamos que os recursos están mellor no peto dos cidadáns que nas arcas do Estado. Estas políticas, lonxe de poñer en perigo os servizos públicos, serven para dinamizar a economía e incrementar os recursos que volven á administración, que debe velar por garantir o Estado do Benestar.

 

 

 

 

  1. Defendemos unha política orzamentaria que dea prioridade ás necesidades socias, sanitarias e educativas dos cidadáns, garantindo un financiamento xusto dos servizos públicos, acorde ao seu custe real.

 

  1. Promovemos unha transición ecolóxica xusta cara a un modelo produtivo e industrial máis verde e sustentable, que fomente a economía circular e favoreza a loita conta o cambio climático. Pero esta transformación debe ser paulatina, coa vista posta no futuro, pero sen esquecer o presente. Non podemos destruír milleiros de empregos sen aportar solucións reais para as familias e empresas afectadas.

 

  1. Comprometémonos a traballar pola simplificación administrativa, eliminando burocracia, evitando duplicidades e facilitando a tramitación, co obxectivo de fomentar o emprendemento a apoiar aos autónomos e pemes, pero sen renunciar nunca ás garantías culturais e medioambientais que protexen a esencia do noso territorio.

 

  1. Queremos impulsar un modelo económico máis focalizado no coñecemento, promovendo a cultura da innovación tamén entre as pemes e os autónomos, impulsando a proliferación de empresas e proxectos innovadores en Galicia.

.

  1. Mantemos o noso apoio firme ao sector primario, promovendo un produto de calidade, impulsando novas redes de comercialización dixital e favorecendo as sinerxías co outros sectores como o turístico ou o cultural.

 

 

 

 

 

 

 

 

MENOS IMPOSTOS, MÁIS SERVIZOS PÚBLICOS.

 

  1. O Partido Popular de Galicia aposta por unha política fiscal eficiente, que permita manter o Estado do Benestar, pero sen poñer barreiras á iniciativa privada e ao libre desenvolvemento das empresas. Este complexo equilibrio só pode lograrse a través dunhas contas públicas ben equilibradas, do alivio fiscal ao cidadán e dunha administración lixeira e eficiente.

 

  1. Os populares galegos defendemos unha administración áxil e eficiente, que prescinda de estruturas paralelas. Estamos comprometidos cunhas contas responsables e equilibradas, que non hipotequen o noso futuro a medio prazo. Defendemos unha xestión eficiente dos recursos públicos, cuns orzamentos enfocados nas prioridades dos galegos.

 

  1. Apostamos por unha política rigorosa de alivio fiscal que dinamice a economía. A nosa prioridade é dar apoio ás clases medias e baixas e apostar polos sectores estratéxicos de Galicia, na liña das reformas acometidas pola Xunta nos últimos anos. Este é o camiño dunha política responsable, que permita que os cidadáns non teñan que soportar a carga de administracións ineficientes.

 

  1. A Galicia da ultima década é un bo exemplo deste modelo. Chegamos a 2020 batendo todos os récords de investimento público en sanidade, educación e política social; mentres consolidabamos as rebaixas fiscais que se foron implementando ao longo dos últimos anos, logrando ser unha das comunidades autónomas de España con menor tributación para cidadáns e empresas.

 

 

 

 

 

 

  1. O Partido Popular de Galicia quere renovar o seu compromiso cunha política fiscal eficiente, entendendo que tanto nos contextos de crise como de reactivación económica, a prioridade dunha administración responsable debe ser reducir as cargas que soportan os cidadáns, non incrementalas.

 

  1. A nosa estratexia fiscal ten como grandes prioridades os mozos menores de 36 anos, as familias numerosas, as persoas con discapacidade e aqueles que viven e/ou desenvolven a súa actividade no medio rural ou zonas pouco poboadas, cun pioneiro programa de Impostos Cero no rural:

 

  1. En materia de IRPF, no PPdeG queremos consolidar á nosa comunidade entre as autonomías coa tributación máis baixa neste imposto para as rendas predominantes en Galicia, ademais de contribuír a estimular o consumo e reactivar a economía.

 

  1. Apostamos por reforzar os incentivos en IRPF ante o reto demográfico e coa finalidade de incentivar a natalidade, situando a Galicia á cabeza de España en apoio fiscal a cinco colectivos: familias numerosas, familias monoparentais, mozos, persoas con discapacidade e vítimas de violencia de xénero.

 

  1. Sobre o Imposto de Sucesións o noso obxectivo é manter a Galicia entre as autonomías coa mellor tributación para as herdanzas de familiares directos, tanto en vida como ‘mortis causa’.

 

  1. Seguiremos defendendo as especificidades do Dereito Civil de Galicia, que lexisla institucións tradicionais do noso país como as herdanzas en vida, que se teñen consolidado como unha importante axuda social, especialmente nos momentos máis complexos, como as crises económicas.

 

  1. Fomentaremos as políticas de impostos cero no rural, procurando a mobilización da terra produtiva e impulsando os beneficios fiscais para a actividade agraria, gandeira e forestal, promovendo o asentamento de poboación no rural.

 

  1. En canto ao Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos documentados, desde o PPdeG defendemos manter todos os tipos reducidos a os colectivos prioritarios (familias numerosas, mozos, persoas con discapacidade e vítimas de violencia de xénero), así como revisar á baixa os tipos xerais para mellorar a posición de Galicia no seu entorno e para contribuír á reactivación económica, singularmente no mercado inmobiliario.

 

  1. En canto ao Imposto do Patrimonio pretendemos revisar progresivamente a súa fiscalidade para adaptala ao entorno da Unión Europea.

 

 

AFRONTAR OS NOVOS RETOS DO MERCADO LABORAL

 

  1. O Partido Popular de Galicia aposta por un modelo económico que teña como motores o talento e o capital humano, garantindo un marco laboral estable que promova o desenvolvemento económico e o emprego digno.

 

  1. Os profundos cambios que tiveron lugar nas últimas décadas, motivados pola globalización e os avances tecnolóxicos, repercutiron directamente no mercado laboral. Neste contexto, debemos apostar por liderar un novo ciclo, adaptando as nosas políticas laborais á nova realidade, impulsando políticas activas de emprego eficaces e que xeren emprego de calidade e respondan ás particularidades do noso territorio.

 

  1. Un mercado laboral saudable é un mercado laboral diverso. O proxecto que os populares defendemos para Galicia caracterízase por ter en conta as potencialidades de todos os colectivos que a conforman. Debemos apostar por esta transformación, que amplía os seus horizontes para que todos os galegos poidan participan activamente no desenvolvemento económico e social de Galicia.

 

  1. Temos a firme convicción de que todas as políticas de emprego deben cimentarse sobre o principio da inclusividade, prestando atención a colectivos específicos con medidas específicas. Promovemos o emprego inclusivo, que ten en conta a todas as persoas, especialmente á aquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.

 

  1. Somos conscientes do impacto da pandemia sobre os proxectos vitais e laborais, principalmente dos máis mozos. Os nosos esforzos xiran en torno a este colectivo defendendo políticas de emprego orientadas a xerar oportunidades e a apoiar o emprendemento xuvenil.

 

  1. Tamén debemos poñer especial énfase na procura de solucións eficaces para os novos retos do mercado laboral, como o crecemento exponencial do teletraballo ou a progresiva dixitalización de empresas e servizos.
  2. Durante os últimos anos, o Diálogo Social revelouse como un aliado fundamental para garantir o pluralismo e a efectividade da políticas públicas en materia de emprego. Desde o Partido Popular de Galicia seguiremos apostando por esta ferramenta de colaboración, que ten demostrado unha especial utilidade durante os períodos de crise económica.

 

  1. Por último, os populares comprometémonos a traballar por unha reactivación económica rápida e xusta, baseada no fomento da competitividade empresarial e no impulso das políticas de emprego, pero sen deixar de lado a mellora da empregabilidade e das condicións laborais de todos os traballadores.

 

 

Apoio aos traballadores autónomos. Os outros heroes da pandemia.

 

  1. O tecido empresarial e produtivo de Galicia está conformado maioritariamente por traballadores autónomos, que constitúen un dos piares que sosteñen a economía local e son empregadores de moitos traballadores galegos.

 

  1. Apostar polos autónomos é apostar pola economía de Galicia. A defensa deste colectivo é unha das prioridades programáticas do Partido Popular de Galicia desde a súa fundación.

 

  1. Este compromiso fíxose patente durante a pandemia, cando Galicia foi a primeira comunidade en desenvolver un paquete de axudas directas para estes profesionais, que se ampliou ata en dúas ocasións, logrando ser unha das comunidades de España cun maior investimento en axudas directas para os sectores máis afectados pola pandemia.

 

  1. O compromiso do Partido Popular de Galicia pasa por seguir mellorando as súas políticas activas de emprego autónomo, colaborando cos traballadores e empresarios, cara unha recuperación xusta, que garanta un futuro digno a milleiros de familias.

 

  1. É indispensable lograr que iniciarse no traballo por conta propia sexa cada vez máis sinxelo, facilitando o emprendemento e promovendo a vocación emprendedora entre os máis mozos. Para logralo debemos impulsar a simplificación dos tramites administrativos e apostar pola redución das cotas mensuais, con medidas como a ampliación da tarifa plana de autónomos.

 

  1. Para combater o problema demográfico debemos ser quen de dar a posibilidade aos nosos mozos de continuar moitas actividades económicas viables, que pecharían ao non ter relevo. Por esta razón desde o Partido Popular impulsamos políticas activas que favorezan o relevo xeracional, especialmente no medio rural.

 

  1. Debemos impulsar medidas que axuden aos nosos autónomos a reposicionarse, favorecendo procesos de expansión e internacionalización dos seus negocios.

 

  1. Así como defender a conciliación da vida laboral e familiar, para que ningún autónomo teña que renunciar ou decidir entre o seu proxecto vital e o empresarial.

 

 

Aposta pola formación

 

  1. Os populares galegos temos no centro da nosa acción política ás persoas e cremos que a formación é a mellor receita para facer fronte ás necesidades do mercado laboral futuro.

 

  1. Debemos apostar por unha estratexia centrada no desenvolvemento das capacidades profesionais. O piar europeo de dereitos sociais recolle o reto de que no 2030 o 80% dos adultos teñan competencias dixitais básicas, para acadar unha forza laboral europea mellor preparada.

 

 

  1. Galicia necesita unha revolución formativa para garantir que as persoas poidan prosperar nas transicións verde e dixital, contribuíndo á recuperación tralo fin da pandemia da covid-19. Nesa liña, os populares queremos mellorar as capacidades das persoas traballadoras para cubrir a fenda existente entre o seu perfil laboral e as necesidades que teñen as empresas galegas.

 

  1. Poñemos as capacidades das persoas no centro da folla de ruta a seguir. Baixo esta premisa o Partido Popular de Galicia propón a creación dunha Axenda Galega de Capacidades que permite deseñar a oferta formativa óptima para os traballadores do presente e do futuro. Promovemos a reciclaxe profesional e a adaptación ás novas realidades laborais, traballando en accións formativas para persoas desempregadas e, especialmente, para a mocidade.

 

  1. Tamén apostaremos por modelos formativos mixtos, como a FP Dual, que forma profesionais altamente cualificados respondendo con precisión ás necesidade especificas que demandan as empresas no mercado laboral actual.

 

 

 

 

 

A IGUALDADE COMEZA POLO EMPREGO

 

  1. Se mantemos a convicción de que a mellor política social é a creación de emprego, de forma semellante podemos concluír que a verdadeira loita pola igualdade comeza no mercado laboral.

 

  1. O acceso ao mercado do traballo en igualdade de condicións para homes e mulleres, combater a precariedade, traballar pola igualdade salarial e o desenvolvemento laboral pleno, deben ser as bases de toda política gobernamental en materia de igualdade.

 

  1. Non é casualidade que na última reforma do Goberno galego se constituíra unha Consellería de Emprego e Igualdade, baixo a premisa de que as sinerxías entre os dous departamentos servirán tanto aos obxectivos da igualdade, como das políticas xerais de emprego.

 

  1. O Partido Popular de Galicia defende firmemente esta idea, que constitúe un dos piares das súa aposta pola igualdade real entre homes e mulleres, e defende políticas activas de emprego que promovan unha contratación de calidade, con especial atención nos sectores onde as mulleres están menos representadas, ademais de impulsar o autoemprego e o emprendemento feminino.

 

  1. A equiparación salarial e o fin das discriminacións laborais por razón de xénero seguirán marcando a nosa axenda de traballo, artellando medidas que favorezan a igualdade de oportunidades, a evolución profesional das mulleres e a conciliación familiar.

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia queremos seguir á vangarda neste ámbito e propoñemos que se garanta e blinde nunha nova Lei pola Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes no Emprego, que promova a igualdade de trato e oportunidades de mulleres e homes como un dereito, en liña coa conciencia xurídica e social imperante.

 

 

  1. Estamos ante unha reforma revolucionaria, que permitirá consolidar a independencia económica das mulleres e impulsará o seu desenvolvemento profesional, tanto en áreas urbanas como rurais, para converternos nunha comunidade exemplar onde todos contribuímos ao avance colectivo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EN DEFENSA DO FUTURO INDUSTRIAL DE GALICIA

 

  1. Galicia conta cunha economía especializada na industria. O 16% do valor engadido bruto que produce a nosa comunidade procede do sector industrial, un dato que está por riba da media do conxunto de España.

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia apostamos por unha industria galega moderna e competitiva, que continúe avanzando na súa transformación cara un modelo máis verde, innovador e sustentable.

 

  1. Neste camiño cara a transformación xusta do noso modelo industrial, os galegos encontrámonos sós durante os últimos anos. As decisión arbitrarias e o abandono do Goberno socialista, que conta coas competencias en materia de desenvolvemento industrial e enerxético, afectaron moi negativamente ao tecido industrial galego; provocando que grandes polos industriais desapareceran ou estean en grave risco de desaparecer. Temos moi recentes os exemplos de Alcoa, Meirama, As Pontes, Ferroatlántica, Ence, Navantia, entre tantas outras.

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia cremos que é necesario impulsar e actualizar a política industrial galega, en liña coa nova planificación para unha Europa ecolóxica, dixital e competitiva, apostando por promover políticas industriais activas enfocadas na diversificación da estrutura produtiva de Galicia e na transformación do modelo.

 

  1. Pero non podemos renunciar ás principais industrias galegas, que crean milleiros de empregos e xeran riqueza da que dependen comarcas enteiras. A transición cara a un modelo máis sustentable debe ser xusta e ordenada, preocupándose por atopar solucións antes que xerando máis problemas, desemprego e precariedade.

 

 

 

 

  1. En canto ás competencias autonómicas, debemos fomentar un mellor acceso ao solo industrial e empresarial para impulsar a atracción de investimentos, na liña do esforzo realizado pola Xunta de Galicia nos últimos anos. Promovendo plans específicos para as zonas máis afectadas, servindo como exemplo a recente proposta do Pacto de Estado por Ferrol.

 

  1. Ademais, debemos intensificar as estratexias de apoio focalizadas en sectores con especial capacidade tractora do tecido produtivo e as pemes: como a automoción, o agroalimentario, o naval, o biotecnolóxico e as TIC; aproveitando para isto a chegada dos fondos europeos.

 

 

Poñendo o foco na innovación

  1. O sistema galego de innovación acadou un crecemento extraordinario nos últimos anos. Estamos entre o 50% cun maior nivel de innovación colaborativa en Europa e o investimento en I+D é o máis alto de toda a serie histórica.

 

  1. Neste senso, a pandemia reflectiu a necesidade dun modelo económico moito máis focalizado no coñecemento. As liñas de actuación para a transformación do tecido empresarial e industrial deben están encamiñadas a romper as barreiras da innovación.

 

  1. Para logralo será fundamental difundir a cultura da innovación tamén entre as pemes, incrementando o número as empresas innovadoras. Desde o Partido Popular de Galicia propoñemos a creación dun Observatorio da Innovación de Galicia, que recorrerá o territorio facendo diagnoses personalizadas, impartindo formación e contidos especializados e promocionará os proxectos máis innovadores.

 

 

 

  1. Sen dúbida, o novo modelo industrial e produtivo só poderá acadarse se logramos a colaboración de todos os axentes implicados, polo que defenderemos un gran Pacto Empresarial pola Innovación en Galicia, que permitirá afondar nas necesidades especificas e os grandes retos neste ámbito.

 

Investimento público para a reconstrución económica

 

  1. A necesaria reconstrución económica trala pandemia debe fixar un dos seus piares no impulso dos investimentos públicos, un principio sobre o que existe un consenso xeral.

 

  1. Por ese motivo, ademais de manter unha aposta decidida polas obras públicas como factor de dinamización da economía e do emprego, debemos contribuír a fortalecer a competitividade do sector galego da construción con iniciativas que lle permitan obter o máximo rendemento deste momento expansivo para os investimentos.

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia defendemos a creación dun Clúster da Construción de Galicia como unha ferramenta eficaz para unificar as empresas do sector na procura de beneficios comúns: desenvolvemento de proxectos de I+D, internacionalización, aforro de custos, compras integradas, agrupación de ofertas.

 

 

 

 

 

 

 

 

POLITICA MEDIOAMBIENTAL E ENERXÉTICA.
O PACTO GALEGO POLO CLIMA.

 

  1. As políticas medioambientais convertéronse nos últimos anos nunha necesidade fundamental de calquera programa solvente de goberno. A loita contra o cambio climático e o desenvolvemento dunha transición enerxética xusta son dous dos piares da transformación que deben desenvolver as nosas sociedades para facer fronte ao que quizais sexa o maior reto do século XXI.

 

  1. Nos últimos anos, Galicia tense situado á vangarda da loita contra o cambio climático e no traballo cara a unha economía circular. A nosa comunidade dotouse de múltiples ferramentas para iniciar este camiño, como a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050. Un instrumento que xa está a dar os seus froitos, tal e como demostra a redución de emisións nun 23,8%, moi por riba da media nacional e en liña cos obxectivos que marca a Unión Europea.

 

  1. Pero Galicia debe seguir dando pasos firmes na busca de solucións eficientes para mitigar os efectos do cambio climático. Desde o Partido Popular de Galicia propoñemos un Pacto Galego polo Clima. Un acordo que debe reunir a aquelas organizacións que estean dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente e o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030. Polo que debe incluír a empresas, asociacións profesionais e organizacións sindicais, así como ONGs, entidades da sociedade civil e administracións públicas. Un acordo que permita definir e acordar estratexias comúns para poñer solucións aos principais retos medioambientais de Galicia.

 

 

 

 

 

 

Apoio ás empresas verdes e administracións “0 emisións”

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia cremos que todas as administracións deberían avanzar para acadar a neutralidade climática, servindo de exemplo ao resto de sectores e sendo pioneiras á hora de acadar o obxectivo de ‘0 emisións’. En definitiva, apostamos por unha administración verde e comprometida coa loita contra o cambio climático.

 

  1. Galicia debe continuar asumindo os principios da economía circular, impulsando medidas que xeren emprego verde na nosa comunidade. Sempre coa colaboración necesaria entre as administracións e aproveitando o impulso dos fondos europeos.

 

  1. E preciso apoiar ás empresas galegas que apostan pola reciclaxe e a reutilización, favorecendo a competitividade e a sustentabilidade industrial. Empresas que axudan a dar cumprimento aos obxectivos europeos en canto á porcentaxe de materiais reciclados e á valorización de materiais que, doutro xeito, rematarían no vertedoiro.

 

  1. Entendemos que é moito máis efectivo dar prioridade ás medidas de reforzo positivo para favorecer o aumento das taxas de reciclaxe e recuperación dos residuos no tecido empresarial, fronte á tendencia imperante a impoñer sancións que poden ser contraproducentes.

 

 

Transición enerxética

 

  1. Un dos retos máis complexos que temos que afrontar como país é a necesaria transformación enerxética cara a unha industria máis verde e sustentable, en liña cos obxectivos marcados pola UE.

 

  1. A transición enerxética é un camiño ineludible que Galicia debe encarar de forma responsable, planificada e ordenada, co obxectivo de facer deste desafío unha nova oportunidade de crecemento sostible.

 

  1. O actual proceso de transición enerxética improvisado, contraditorio e errático que esta levando a cabo o Goberno socialista, está tendo consecuencias moi negativas para toda Galicia. Tanto para as familias, que ven como se está incrementando extraordinariamente o prezo da factura eléctrica; como para os autónomos e as pemes, que coas novas tarifas por horas son un dos colectivos máis prexudicados; e para todo o tecido industrial galego, especialmente as industrias electrointensivas, que cada vez compiten en peores condicións co resto de Europa e empezan a deslocalizarse.

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia propoñemos unha transición enerxética ordenada, que dea pasos importantes para avanzar cara a un novo modelo máis verde e sustentable, pero non abandone os milleiros de empregos e industrias que aínda funcionan en Galicia, apostando por unha reconversión xusta e paulatina, especialmente nas áreas que dependen deste tipo de industrias, como As Pontes, Ferrolterra ou Cerceda.

 

 

Enerxías renovables

 

  1. Debemos explorar a potencialidade das fontes de enerxía renovables preservando todas as garantías medioambientais, con especial atención ás liñas máis innovadoras, como a hidráulica reversible, o hidróxeno verde ou a enerxía solar asociada ás augas continentais.

 

  1. Galicia é xa a segunda comunidade que máis enerxía renovable xerou durante 2020. Así, as tecnoloxías verdes representaron o 75,7% da produción eléctrica galega, tras un incremento do 14,5% en relación co ano anterior.

 

  1. É fundamental que investiguemos as novas aplicacións e tecnoloxías do hidróxeno verde, como vector da descarbonización; ou da eólica mariña, que tan bos resultados está dando en moitos países da nosa contorna.

 

  1. As enerxías renovables son unha aposta segura de futuro e debemos iniciar o seu desenvolvemento sen renunciar aos valores culturais, paisaxísticos e medioambientais que son propios de Galicia. O Partido Popular de Galicia defende un modelo garantista, que desenvolve mecanismos de control para asegurar que os progresos en materia de enerxía renovable se produzan asegurando os valores esenciais da nosa comunidade.

 

  1. Nestes momentos preséntase ante nós unha oportunidade extraordinaria a través dos Fondos Europeos Next Generation, que financiarán proxectos para acadar esta transición enerxética. Desde Galicia debemos apostar por grandes proxectos tractores, que produzan un verdadeiro cambio de paradigma e impulsen a transformación cara a un modelo industrial máis verde, arrastrando consigo centos de proxectos máis pequenos e xerando novos empregos e riqueza, sustentable no templo.

 

 

APOSTA POR UN MODELO TURÍSTICO PROPIO

 

  1. Un dos grandes activos económicos que posúe Galicia é o seu gran atractivo como destino turístico. Un atractivo que se potenciou durante a crise do coronavirus, pois contamos cun modelo baseado nos valores en alza da pospandemia: a paisaxe, os espazos abertos, a natureza, o produto de calidade, etc…

 

  1. Para o Partido Popular de Galicia é prioritario impulsar un modelo turístico propio que poña énfase na experiencia individual e familiar, escapando das aglomeracións e desenvolvendo unha oferta sustentable, con gran valor diferencial fronte a outros destinos de masas en España.

 

Defensa do turismo de autor, baseado na calidade e a seguridade.

 

  1. Debemos apostar por unha oferta baseada en produtos e servizos de gran calidade, que reivindiquen a tradicional hospitalidade galega ofrecendo unha experiencia turística única e de primeiro nivel.

 

  1. Para logralo, é fundamental a formación e a profesionalización dos servizos turísticos. Un reto no que debemos traballar da man de todo o sector, apostando polos centros formativos propios como a Escola Superior de Hostalaría de Galicia e os convenios coas universidades galegas. Situar a calidade no centro da experiencia turística só pode ser o resultado dunha profunda colaboración público-privada, na que deben implicarse todas as administracións.

 

  1. Por outra banda, debemos consolidar Galicia como un Destino Seguro. A seguridade sanitaria será unha das principais variables que terá en conta o novo consumidor turístico e está na man das administracións ser quen de implementar as medidas oportunas e ofrecer os incentivos adecuados para que todo o tecido comercial e turístico sexa un modelo de seguridade, tanto para os visitantes como para os seus propios traballadores.

Modernización e dixitalización.

 

  1. A modernización do sector pasa, ineludiblemente, por afrontar a transformación dixital de todo o ecosistema turístico, convertendo Galicia nun destino máis innovador, intelixente e competitivo. Unha necesidade que xa estaba moi presente nos momentos anteriores á crise sanitaria, pero que a pandemia converteu en esencial.

 

  1. A dixitalización real e efectiva da actividade turística contribuirá a mellorar os procesos de xestión interna das empresas, adaptará a oferta aos novos perfís de clientes e permitirá desenvolver novos produtos turísticos en liña.

 

  1. O uso intensivo da tecnoloxía e o impulso da innovación non deben ser vistos como recursos exclusivos das grandes empresas. Estes deben formar parte, co apoio da administración, do día a día dos autónomos e as pemes turísticas.

 

 

Turismo rural aproveitando a nova mobilidade.

 

  1. É o momento de apostar pola oferta turística no rural, aproveitando os novos valores en alza que buscan os viaxeiros de todo o mundo, así como potenciando o seu factor de desenvolvemento económico e de xeración de emprego, idóneo para fixar poboación no rural.

 

  1. Debemos potenciar o turismo activo, de natureza, as rutas do viño e as vilas termais. Tamén impulsar iniciativas que incentiven o emprego no sector primario, creando sinerxías para a comercialización do produto local, fomentando a diversificación e a desestacionalización da oferta.

 

 

 

 

  1. Resulta fundamental a redefinición da mobilidade en destino, que contribuirá a minimizar as emisións e a mellorar a calidade de vida dos visitantes e dos propios galegos. A inminente conexión con Madrid vía AVE e as novas estacións intermodais galegas achegarán un sinfín de oportunidades, que debemos ser quen de aproveitar implementando novos produtos turísticos pensados para estes novos recursos de mobilidade.

 

  1. Sen dúbida, no ámbito turístico é imprescindible poñer o foco na Década Xacobea que temos por diante. Os Xacobeos serán os eventos culturais e turísticos máis importantes de Europa nos seus respectivos anos, polo que debemos aproveitar este impacto internacional para promocionar Galicia como destino.

 

  1. Non podemos perder a oportunidade que supón o Camiño de Santiago, como modelo de turismo sostible, rendible e de alto valor engadido. Unha aposta que debe inspirar todo o modelo turístico galego.

 

 

 

 

O EMPREGO CULTURAL. MOTOR DA NOSA IDENTIDADE

 

  1. A defensa da nosa cultura e da nosa lingua é un dos principais trazos idiosincráticos do Partido Popular de Galicia. Somos conscientes da enorme riqueza que supón ter unha identidade propia, dentro do marco dunha identidade común española e europea.

 

  1. A nosa cultura é aberta e hospitalaria e constrúese cos brazos abertos cara aos demais. O pobo galego celebra o propio, sen necesidade de sentirse mellor nin peor que ninguén. Esta identidade supón un fondo motivo de orgullo para todos os galegos e tamén para o Partido Popular de Galicia.

 

  1. Pero ademais dunha fonte inesgotable de orgullo, a nosa cultura é unha oportunidade ineludible para a xeración de riqueza e emprego en Galicia. Os sectores e industrias culturais supoñen un peso do 3% do PIB e dan emprego a máis de 30.000 familias.

 

  1. Por esta razón, as políticas culturais do Partido Popular de Galicia buscan poñer tamén o acento no desenvolvemento económico dos proxectos, empresas e profesionais da cultura galega.

 

 

A cultura e a lingua como polos xeradores de emprego e riqueza.

 

  1. Debe fomentarse a creación e a difusión da cultura de base, como un elemento de cohesión que garante do dereito de acceso a cultura en toda Galicia, pero tamén como un berce de proxectos culturais que xerarán riqueza e emprego no futuro.

 

  1. É indispensable seguir apoiando aos sectores culturais, inmersos nun complexo e inevitable proceso de transformación que a pandemia veu a acelerar. Debe manterse o diálogo permanente cos axentes do sector, para dar unha resposta axeitada ás súas necesidades e ás demandas dunha sociedade en permanente evolución.
  2. O Partido Popular de Galicia está comprometido co impulso ás industrias culturais de Galicia. Apostamos por continuar incentivando o consumo de produtos culturais, favorecendo o emprego e promovendo medidas de fomento da creación, especialmente na procura do talento mozo.

 

  1. Debemos implantar novas fórmulas que estimulen a implicación do conxunto das administracións e do tecido cultural na definición e execución de políticas culturais. Para acadar este obxectivo compre adoptar fórmulas de mecenado e intensificación da relación público-privada nas actividades culturais. É necesario desenvolver espazos de interlocución e toma de decisións multinivel, tendo en conta que tanto as administracións locais, provinciais, autonómicas como a nacional, teñen plenas competencias para o desenvolvemento da programación cultural.

 

  1. Non debemos esquecer a defensa da nosa lingua, que ademais dunha ferramenta de entendemento e un elemento de orgullo, presenta importantes potencialidades de desenvolvemento económico para os galegofalantes. Debemos asegurar o futuro do galego, fomentando a súa presenza en todos os ámbitos, apostado polas tecnoloxías lingüísticas e de intelixencia artificial. Temos que aproveitar a oportunidade que nos brindan os vínculos coa lusofonía, que abre a porta a un mercado con 600 millóns de falantes en todo o mundo.

 

 

A pospandemia e a Década Xacobea

 

  1. A pandemia do coronavirus e as medidas socio-sanitarias que trouxo consigo afectaron extraordinariamente aos sectores culturais. Ademais da caída da demanda e dos inevitables peches e restricións de aforo, a Covid-19 veu a acelerar os efectos dunha crise de modelo, na que o sector cultural xa estaba inmerso.

 

 

 

  1. Desde o Partido Popular de Galicia consideramos que é fundamental asumir a realidade que atravesa o sector, e impulsar o desenvolvemento dun novo modelo cultural, fomentando a creación de novos espazos e iniciativas e apostando pola dixitalización e pola incorporación dos produtos culturais galegos ás novas plataformas internacionais de distribución. En definitiva, avogando pola recuperación, a modernización e a competitividade dun sector clave para o futuro da economía galega.

 

  1. Ante nós temos unha oportunidade extraordinaria. Despois de once anos sen celebrar un Ano Santo, na próxima década celebraremos tres. Unha autentica Década Xacobea que porá a Galicia no centro do mundo cultural e turístico e suporá unha oportunidade extraordinaria para promover os nosos produtos culturais co impulso da marca Camiño de Santiago e comezar a preparación do Xacobeo 2027.

 

  1. Os anos xacobeos deben funcionar como elementos dinamizadores, ao servizo da recuperación económica e emocional de Galicia. Incentivando a actividade e o consumo cultural e turístico, e fortalecendo o tecido cultural garantindo o mantemento do emprego e a súa sustentabilidade a medio e longo prazo.

 

 

 

O MEDIO RURAL: ADN DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA

 

  1. O medio rural forma parte do ADN do partido Popular de Galicia. Non poderiamos entender o noso partido sen a súa vinculación política e afectiva ao rural, do mesmo xeito que sen ela non poderiamos entender Galicia.

 

  1. No ámbito económico, máis do 80% do territorio e o 10% dos traballadores dependen directa ou indirectamente do sector primario, unha realidade moi por riba da media nacional española, o que dá proba da importancia central do rural para a economía de Galicia.

 

  1. Desde o Partido Popular temos a convicción de que o rural é unha parte indispensable do noso presente e unha peza clave para construír o noso futuro. Por esta razón defendemos a necesidade dun equilibrio entre o desenvolvemento agrícola e gandeiro rendible e o mantemento sustentable dos espazos naturais e do medio ambiente.

 

  1. Apostamos por un modelo de rural baseado nos tres piares da sustentabilidade: a agricultura e a gandaría intelixente, a rendibilidade económica e a mitigación do cambio climático.

 

 

    Infraestruturas, conectividade e ordenación do territorio.

 

  1. No Partido Popular de Galicia estamos convencidos de que para garantir o futuro a longo prazo do medio rural e facer fronte aos grandes retos da despoboación e a dispersión, debemos apostar firmemente pola mellora das capacidades de conexión do territorio. Unha conexión que permita aumentar tanto a calidade de vida das familias, como a rendibilidade e competitividade dos negocios.

 

 

 

  1. Este impulso das conexións no rural debe ser físico, a través da mellora das infraestruturas; legal, a través da axeitada ordenación do territorio; e dixital, aumentado a conectividade móbil e rede.

 

  1. No ámbito das infraestruturas debemos comprometernos a seguir mellorando as redes básicas de comunicación viaria a través de actuacións de desenvolvemento rural, mediante convenios encadrados nos plans anuais de infraestruturas e cos plans marco de mellora de camiños.

 

  1. Apostamos por conectar máis e mellor as zonas rurais entre si e coas principais urbes, modernizando e ampliando progresivamente os servizos de transporte público no rural, impulsando tamén as novas tendencias de transporte compartido e baixo demanda.

 

  1. A maior parte da produción das industrias e sectores que compoñen o sector primario dependen para a súa distribución non só dunha boa rede de estradas, senón tamén dun sistema de transporte competitivo. Por iso afondaremos no desenvolvemento do Observatorio de Transporte de Mercadorías de Galicia, que proporcionará ás empresas unha ferramenta para o cálculo dos custos de transporte de mercadorías por estrada en Galicia.

 

  1. Un dos principais problemas cos que se atopan os cidadáns que queren asentarse ou emprender no rural, é a necesidade dunha rede de saneamento axeitada na que poder verter as augas que saen de vivendas, negocios e industrias. Para logralo debemos impulsar iniciativas para dar resposta a esta necesidade, avanzando cara ao deseño e implantación dun novo modelo específico e sostible de saneamento no rural e potenciando os sistemas pequenos de depuración de xestión natural e os filtros verdes para a autodepuración.

 

 

 

  1. No que respecta á ordenación do territorio, o Partido Popular aposta pola nova Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia. Un corpo lexislativo que dispón as ferramentas precisas para atallar problemas da propia idiosincrasia da nosa comunidade, co obxecto de incrementar a actividade e a xestión agroforestal, recuperar terras en situación de abandono e contrarrestar o despoboamento, aportando base territorial suficiente a aquelas explotacións que así o precisen.

 

  1. Atendendo ao último dos pilares que aseguran a conexión no rural, o noso compromiso pasa por desenvolver un plan para a mellora da conectividade rede e móbil en zonas rurais, garantindo a axeitada cobertura en todo o territorio, máis se cabe en lugares sen previsión de mellora por parte dos operadores. Esta é unha labor fundamental para garantir o asentamento de poboación e a competitividade das empresas.

 

Promoción e comercialización do produto local

  1. A aposta polo emprego e polo desenvolvemento económico do rural pasa pola mellora da promoción e da comercialización dos nosos produtos. Nesta liña, debemos aproveitar o potencial de marcas consolidadas como Galicia Calidade.

 

  1. O Partido Popular de Galicia entende que o produto local de calidade é un dos grandes activos cos que conta a nosa comunidade, tanto como elemento tractor do turismo, como polo seu potencial exportador e xerador de riqueza e de emprego. Pero o futuro do produto local depende da nosa capacidade para innovar e modernizar as canles de promoción, comercialización e distribución.

 

  1. Para logralo debe fomentarse a adhesión das empresas agroalimentarias galegas ás plataformas dixitais como canles adicionais de venda. Tamén debe impulsarse a creación de plataformas dixitais propias para a comercialización directa de produtos galegos.

 

  1. Cremos que Mercaproximidade representa unha oportunidade alternativa de comercialización cara a distribuidoras, empresas de restauración e establecementos turísticos, que debe desenvolverse en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

 

  1. Tamén debemos promocionar e potenciar o consumo local dos produtos galegos do sector primario, a través de programas de compra pública responsable no sector da alimentación que acheguen produtos agroalimentarios de proximidade aos comedores de centros públicos.

 

 

  1. Non podemos perder a oportunidade que supón o pulo internacional do Camiño de Santiago, a nosa mellor carta de presentación en todo mundo. Debemos aproveitar a Marca Camiño de Santiago para impulsar a exportación de produtos do sector primario galego.

 

 

  Apoio aos sectores produtivos esencias

 

  1. Tralo impacto da crise da Covid-19 en toda a economía, urxe abordar un Plan de liquidez para operadores do sector primario que se concrete en medidas como o anticipo das axudas directas da PAC, a axilización no pago de subvencións xa concedidas ou as concesión de anticipos nas axudas para investimentos agrícolas, gandeiros e de desenvolvemento rural.

 

  1. Dende o Partido Popular de Galicia cremos que no agro galego debemos seguir fomentando o cooperativismo e promovendo o apoio ao financiamento do sector. Deben incentivarase as melloras nos cultivos, así como o uso de técnicas de rotación propostas pola PAC, o que tamén está asociado a un beneficio para o sector gandeiro ao obter unha fonte de alimento complementaria para o gando.

 

 

 

  1. É preciso continuar impulsando o sector vitivinícola, unha referencia nacional e internacional do medio rural galego, apoiando aos produtores e fomentando a contratación de traballadores en épocas de máxima demanda, simplificando os trámites das bodegas a través dunha xanela única e actualizando e mellorando os sistemas de identificación de parcelas do rexistro vitícola.

 

  1. O sector lácteo segue sendo un piar fundamental da estrutura económica de Galicia e da despensa láctea de España. Galicia representa o 40% da produción láctea estatal, aínda que só se transforma o 50%. É urxente buscar valor engadido, afondando no I+D+i.

 

  1. Os estándares de carne de vacún de Galicia están marcados pola súa forma de cría e orixe en Galicia. A creación da IGP de Tenreira Galega contribuíu a unha importante revitalización do sector, estreitamente asociada a produtos de calidade vinculados á restauración e consumo de pratos de alta calidade. A crise do coronavirus foi un duro golpe para o sector de carne de calidade, que sufriu de xeito moi importante o peche da hostalería, polo que cómpre seguir implementando axudas e impulsado activamente este sector.

 

  1. Galicia é a comunidade que lidera a produción porcina nacional, con máis dun millón de cabezas repartidas en 28.000 explotacións. Debemos seguir estimulando políticas que beneficien a rendibilidade e a mellora do sector. Un dos nosos grandes valores neste ámbito é o Porco Celta. Seguiremos impulsando programas de recuperación e conservación desta raza.

 

 

 

 

 

 

 

 

  Sector forestal, madeira galega e educación medioambiental.

 

  1. O peso do sector forestal en Galicia é incuestionable: somos a novena potencia en Europa, liderando de xeito indiscutible o sector en España. De feito, entorno ao 50% da madeira que se corta en España procede de montes Galegos. Desde o Partido Popular estamos convencidos de que as administracións deben seguir apoiando este motor da economía.

 

  1. O sector forestal debe apostar pola diversificación e por acadar unha adecuada valorización da madeira galega. O fomento dunha cadea de valor diversificada implicaría acadar un sector forestal diferente, cun papel de liderado para as nosas especies autóctonas e con usos de calidade, o que levaría a un aumento da demanda de produtos que debidamente certificados que garantan a súa competitividade no mercado.

 

  1. Dende o PPdeG queremos fomentar o emprego de madeiras locais na construción, tanto na iniciativa privada, como especialmente prescribíndoa e incluíndoa nos proxectos de construcións públicas.

 

  1. Para promover un uso axeitado do noso monte, desde o Partido Popular de Galicia defendemos a promoción de pequenas cooperativas e empresas locais, que cheguen a acordos cos montes veciñais para a súa explotación, centrados na obtención de ingresos a creación de emprego para a súa área a curto, medio e longo prazo.

 

  1. Tamén debemos mellorar dende a infancia a formación e a información sobre o potencial do sector primario en xeral, e do forestal en particular, cunha axeitada formación medioambiental nas escolas, que conciencie ás novas xeracións de galegos non só da importancia de manter en óptimas condicións os nosos montes e da importancia da sustentabilidade para combater o cambio climático, senón tamén das oportunidades económicas e empresariais que representa o noso medio rural.
  2. É una obriga para os populares apostar pola promoción agroforestal como técnica para aumentar o uso múltiple do monte a través da introdución de gando, o que permite tamén manter os bosques limpos e cun menor risco de incendios.

 

  1. Ano tras ano, Galicia enfrontase á lacra dos lumes, unha problemática con fortes implicacións sociais, económicas e Desde o Partido Popular de Galicia estamos decididos a acabar con este problema que afecta cada verán aos nosos montes.

 

  1. Para logralo, cremos que é fundamental traballar antes de que se produzan os lumes, a través da prevención, a formación e concienciación social; e despois dos mesmos, destinando máis recursos ao combate dos incendios e ás medidas de recuperación das áreas afectadas.

 

 

ECONOMÍA AZUL. A DEFENSA DO SECTOR DO MAR.

 

  1. O compromiso coa xente do mar é un dos piares do Partido Popular de Galicia desde a súa orixe. Un compromiso que se reflexa nas nosas políticas de defensa do sector marítimo-pesqueiro, da cadea mar-industria e de toda a economía azul, esencial para o futuro dunha comunidade con 1500 quilómetros de costa.

 

  1. O Partido Popular de Galicia está profundamente imbricado co sector do mar e cos seus traballadores, cos que colabora activamente. Como resultado deste traballo, durante os últimos 20 anos produciuse un importante proceso de modernización e profesionalización desde o punto de vista económico, social e medioambiental.

 

 

    Mellora das condicións de vida dos traballadores do mar.

 

  1. No Partido Popular de Galicia cremos que o futuro do sector do mar está nos seus profesionais, polo que traballaremos para lograr unha axeitada remuda xeracional, garantindo un nivel digno de vida e ingresos, así como unhas condicións laborais e de protección social que fagan atractiva esta actividade económica. Tamén seguiremos investindo na súa seguridade a través do sistema de salvamento marítimo e a vixilancia pesqueira.

 

  1. Para nós é unha prioridade esencial recoñecer á muller o seu lugar no ámbito do mar e a mellor forma de facelo é promovendo melloras nas prestacións sociais das que dispoñen actualmente, tales como os coeficientes redutores para a xubilación ou a protección ante enfermidades específicas de mariscadoras e redeiras.

 

 

 

 

  1. Outras das necesidades do sector é a adopción de medidas de xestión e ordenación das distintas actividades pesqueiras, marisqueiras, acuícolas e portuarias. Avanzaremos no proceso de simplificación da normativa en materia marítimo-pesqueira para dotar ao sector dun marco xurídico integral de doada comprensión e consulta polos seus profesionais.

 

  1. Por último, no ámbito da pesca temos por diante o gran reto da reforma da Política Común europea (PCP). Para tal fin propoñemos a redacción dun ditame co apoio do Consello Galego de Pesca que será defendido no marco decisorio europeo. Este ditame centrarase na mellora das condicións socio-laborais dos profesionais do sector.

 

    Impulso da produción e comercialización dos produtos do mar.

 

  1. Un dos piares da pesca en Galicia son as artes menores. Avanzaremos no aumento da sustentabilidade e competitividade da frota de artes menores, fomentando a incorporación de xente nova ao sector con axudas para a compra de barcos e mellorando a súa organización e rendibilidade.

 

  1. O marisco é un sinal de identidade de Galicia en todo o mundo. Apostaremos pola ampliación da actividade marisqueira, procurando a rendibilidade e a sustentabilidade a longo prazo. Propoñemos un proceso de recuperación e rexeneración de zonas para o marisqueo, afianzando as labores de semicultivo cun esforzo especial na promoción da consecución da semente de bivalvos e na mellora continua do sistema de xestión.

 

 

 

 

 

 

  1. A Unión Europea pretende dar un forte impulso á acuicultura, sostido nos avances tecnolóxicos que permiten unha produción máis sostible e respectuosa. Desde o Partido Popular de Galicia apostamos por dispor de novos cultivos que completen a oferta acuícola galega, ademais de seguir defendendo a importancia da miticultura, un elemento produtivo esencial en moitas zonas de Galicia, traballando na consecución e promoción dun produto de calidade e no avance nas vías de obtención de valor engadido para o mexillón galego.

 

  1. A mellor forma de garantir o futuro de calquera sector é asegurar a venda xusta dos seus produtos. Para logralo debemos traballar en adecuar a oferta á demanda con estratexias para o estímulo do consumo e coa realización de campañas de promoción de produtos do mar e incentivos económicos.

 

  1. É preciso desenvolver novas liñas de traballo destinadas a adecuar o sistema comercial e transformador dos produtos do mar ás novas demandas sociais e tecnolóxicas, avanzando na organización da oferta para a venda online e no sostemento da dispoñibilidade da mesma cunha axeitada planificación produtiva.

 

  1. Para desfrutar dun produto da máxima calidade, debemos contar cunhas augas en óptimas condicións. Para logralo debemos garantir unha mellor calidade das augas mariñas e un sistema máis avanzado de control e loita contra a contaminación. Debemos aumentar o investimento en materia de saneamento, cun plan de loita contra o lixo mariño e mediante a actualización do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña.

 

 

  Defensa dos intereses do sector en Madrid e Bruxelas.

 

  1. A defensa do sector marítimo hai tempo que non se circunscribe soamente ás nosas costas, senón que se produce esencialmente nos escenarios nacional e europeo, cunha PCP cada vez máis restritiva e novas normativas en materia laboral, fiscal, ambiental e de seguridade alimentaria. O Partido Popular de Galicia seguirá tomando voz e acción para defender ao sector e os intereses dos profesionais galegos en Madrid e Bruxelas.

 

  1. No eido do Goberno central, seguiremos adiante coa defensa diante de atropelos coma a reforma da Lei de Costas, a prohibición da venda do marraxo, a proposta de recorte da pesca da anguía ou o intento de derrubar a normativa de xestión do marisqueo.

 

  1. No marco europeo non descoidaremos os aspectos xa en marcha e que teñen gran influencia sobre o desenvolvemento da nosa actividade pesqueira, como a redefinición do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Acuicultura ou regulamento de control. Tamén impulsaremos as planificacións estratéxicas propostas coma a Estratexia da Biodiversidade.

 

  Conservación e dinamización da cultura mariña.

 

  1. A Galicia costeira posúe amplos elementos de xeración de actividade económica e emprego nos ámbitos da economía azul, tendo ao sector marítimo-pesqueiro como cerne desa potencialidade, pero espallándose en moitos eidos coma o cultural, o etnográfico, o gastronómico. É fundamental aproveitar estes elementos para diversificar e complementar a economía das zonas costeiras.

 

 

 

 

  1. Para o PPdeG é unha aposta irrenunciable recoller e dinamizar os elementos da cultura marítima, tales como carpinterías de ribeira, as cetáreas, os portos, etc. dándolle un novo pulo á súa conservación e protección.

 

  1. Esta liña de traballo tomará forza coa redacción e desenvolvemento dun plan de acción en materia de patrimonio marítimo-pesqueiro, que recompilará a presenza de elementos culturais, patrimoniais e etnográficos neste ámbito, analizándose o seu estado de conservación e promovendo a súa protección e consolidación.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies