Skip to content

Rueda reivindica en Lugo a “política útil e pegada ao territorio” do PPdeG fronte ao Goberno central instalado no “caos”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindica a “estabilidade”, a “moderación” e o “sentidiño” que ofrece o Partido Popular, que define como “a única alternativa” posible de goberno, poñendo o foco nas eleccións municipais de 2027, fronte ao “caos” xerado por Sánchez e os seus socios. Así, na Xunta Directiva Provincial do PP de Lugo, resaltou a importancia de “non baixar os brazos” e “seguir traballando” en Lugo e en toda Galicia pola política “útil e pegada ao territorio”.

Durante a reunión encabezada por Rueda, xunto á presidenta do partido na provincia, Elena Candia, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder dos populares galegos aproveitou para lembrarlle á militancia de Lugo que España está inmersa nun ciclo electoral autonómico, no que os españois están a darlle a maioría ao PP, con comicios en Estremadura, Aragón, Castela e León e proximamente Andalucía. Por este motivo, puxo o foco nas próximas eleccións municipais, advertindo que en Galicia se parte dunha maioría absoluta “excepcional”, froito dun “intenso traballo” que hai que seguir “intensificando”.

Para Rueda a mensaxe nas urnas é que a xente “quere cambio” no Goberno central, cunha cidadanía cansada de “gobernos que non gobernan”, partidos que bloquean e esquerdas “totalmente alleas á realidade”.

O DECRETO DE SÁNCHEZ POLA GUERRA: “INVITO EU, E PAGAS TI”

O presidente do PPdeG destacou a xestión do Goberno galego con proxectos como a educación gratuíta desde a gardería á universidade, o esforzo histórico en vivenda para chegar ás 10.000 vivendas públicas en 2030 ou a sanidade pioneira con proxectos como un centro de protonterapia.

Rueda contrapuxo todas estas iniciativas populares coa xestión de Sánchez e os seus socios independentistas, que conforman “un Goberno irresponsable”, que “incumpre cada día os seus compromisos con Galicia e con Lugo, instalados no ‘non polo non”. Neste sentido, fixo referencia a proxectos paralizados como a A-56 entre Lugo e Ourense e o “freo” de PSdeG e BNG ao desenvolvemento da provincia.

Do mesmo xeito, afeou ao Goberno central a pouca seriedade en asuntos de interese nacional como o decreto de medidas fronte ás consecuencias da guerra, que para Rueda resulta ser unha especie de “invitou eu, e pagas ti”, afeando o “teatro” de Yolanda Díaz e Sumar. As propostas que venden, sen consensualas coas comunidades, van ser sufragadas en boa parte pola facenda autonómica, ao pivotar sobre impostos cedidos ás Comunidades Autónomas. En concreto, Galicia achegará 120,6 millóns de euros durante os 3 meses que, en principio, estarán en vigor. O presidente recriminoulle ao Goberno de Sánchez a “falta de lealdade institucional” e recordou que isto é “un esforzo compartido”.

ELENA CANDIA:  “LUGO CONTINÚA SEN TER O QUE LLE CORRESPONDE”

Elena Candia fixo referencia as “reprobables” políticas do PSOE na provincia e do BNG “como extensión” en defensa das mulleres, poñendo como exemplo o ‘caso Tomé’ no que “pretenden dar leccións, pero non adoptan ningunha medida”. En materia de infraestruturas de comunicación e de conexión eléctrica, a presidenta provincial tamén insistiu en que o Goberno central “castiga á provincia co aplauso dos socialistas galegos e a complicidade do BNG”, algo que “lastra o desenvolvemento social e a competitividade empresarial da provincia”.

Ademais, a número un do PP de Lugo valorou o anuncio feito este luns polo presidente de Renfe en relación á conexión con Madrid porque “permite estar máis cedo na capital de España”; pero advertiu: “que non nos enganen. O que supón realmente é cambiar de hora un servizo xa existente que se suprime -o das once da mañá-; non incrementar frecuencias entre Lugo e a capital de España”. Deste xeito, “Lugo continúa sen ter o que lle corresponde” porque “só dispón de tres frecuencias de ida e as mesmas de volta en horarios que seguen sendo insuficientes”.

Noticias recomendadas

Paula Prado enxalza a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá pola súa “capacidade de manter vivas as nosas tradicións”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asistiu hoxe a XXXII Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, unha cita que homenaxea e mantén viva a tradición de
O PPdeG na Fegamp pide liberdade para que os concellos usen os incrementos da Participación nos Ingresos do Estado
O grupo do PPdeG na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reclama ao Goberno central liberdade para destinar os maiores ingresos procedentes das entregas a conta da Participación nos
O PPdeG destaca o incremento de 6,6 M€ que a Xunta destinará ao Servizo de Axuda no Fogar na Mariña nos vindeiros 3 anos
O PPdeG destaca o incremento de 6,6 M€ que o Goberno galego destinará ao Servizo de Axuda no Fogar dos 15 concellos da Mariña –Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies