Skip to content

Tellado afirma que o DEA contrapuxo un Goberno “serio, responsable e centrado nos galegos, fronte a unha oposición cos mantras de sempre”

O Debate sobre o Estado da Autonomía finaliza coa aprobación de 48 propostas de resolución, das que 9 foron por unanimidade

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe no Parlamento que o Debate do Estado da Autonomía puxo de manifesto que “temos un goberno serio, responsable e centrado nos problemas dos galegos, cun modelo claro de menos impostos, menos débeda e máis investimento, fronte a unha oposición que repetiu os mesmos mantras de sempre porque o que menos lle preocupa agora mesmo é Galicia, xa que están demasiado preocupados polo seu futuro e as liortas internas”. O Debate de política xeral de Galicia rematou coa aprobación de 48 resolucións, das que nove foron por unanimidade e sorprendentemente BNG e PSdeG coincidiron no seu voto en contra a cinco importantes propostas:  a nova rebaixa de impostos anunciada polo Presidente da Xunta, a mellora da xestión da auga, a defensa da lingua galega, a mellora da atención primaria sanitaria e a nova política forestal.

 

Miguel Tellado comezou a súa intervención cun recordo ao conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e “agradecendo todas as mostras de respecto que recibimos durante estes días polo falecemento do noso compañeiro”.

 

NORMALIDADE DEMOCRÁTICA

 

“O mellor indicador da saúde dunha democracia, o mellor termómetro de como están as cousas, é a normalidade institucional”, sinalou o viceportavoz popular, quen apuntou que “celebrar con normalidade un Debate do Estado da Autonomía ou presentar os orzamentos nos tempos establecidos pola lei poden ser nimiedades para o BNG ou o PSdeG, pero para os galegos son indicadores de que as cousas en Galicia marchan ben”.

 

Tellado sinalou que o Presidente da Xunta “viu falar neste debate dunha Galicia que avanza e que, a pesar das dificultades, logrou con moito esforzo e responsabilidade saír adiante”. “Queda moito por facer e son moitos os retos que enfrontamos como Goberno e como sociedade, e por iso o Presidente presentou unha batería de propostas e enunciou unha serie de dificultades ás que nos enfrontamos desde hoxe para seguir construíndo unha Galicia mellor”, apuntou.

 

Na súa intervención, e logo de facer un repaso polas 40 propostas de resolución presentadas polo Grupo Popular, Miguel Tellado subliñou que o Presidente Feijóo anunciou no seu discurso “algunhas das grandes medidas da presente lexislatura, como a gratuidade das garderías, o novo modelo de residencias, máis investimentos en sanidade e apoio á industria galega, sobre todo para as comarcas de Ferrol, Pontevedra ou Lugo”.

 

PROPOSTAS DA OPOSICIÓN

 

Respecto das propostas de resolución presentadas polos grupos da oposición, o viceportavoz popular criticou que o BNG “comeza cunha batería de propostas que van en contra da lei, do Estatuto de autonomía e, en xeral, da orde establecida”. En concreto, indicou que “falan de Galicia como nación, propoñendo a creación de embaixadas no estranxeiro; queren eliminar a Garda Civil das estradas de Galicia; piden a convocatoria de referendos populares; ou propoñen o rescate e unha nacionalización masiva da industria e dos sectores estratéxicos galegos”.

 

“Pero o máis grave é que, unha vez máis, néganse a condenar a violencia, negándose a aceptar as regras do xogo democrático e poñéndose de parte dos violentos”, votando en contra da proposta de resolución número 39 do Grupo Popular, lamentou.

 

Sobre as propostas socialistas, Tellado afirmou que “poñen de manifesto que non escoitaron ao Presidente da Xunta no seu discurso e denotan que están completamente sometidos a Madrid”. Así, criticou que “pidan abaratar o prezo das garderías, cando o Presidente xa anunciou que serán gratuítas; piden un plan para axudar a saír da crise da Covid á hostalería, cando o Goberno galego xa leva aprobado e executado tres plans de rescate; entre outras cuestións relacionadas co medio rural, a educación ou os fondos europeos onde demandan accións que xa se fixeron hai tempo”.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
O Grupo Popular avanza a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia
O deputado do Grupo Popular Borja Verea avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia, que dará continuidade ao traballo que xa
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies