Skip to content

Tellado asegura que o BNG perde a súa combatividade no túnel de Guadarrama: “É rupturista en Twitter e adorable no Congreso”

Indica que o Bloque débelle obediencia a ese PSOE que lle firma as nóminas, ao que ten que servir en silencio pola conta “corrente” que lle trae

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, afirmou que o Bloque perde a súa combatividade no túnel de Guadarrama, sendo rupturista en Twitter, pero adorable na tribuna do Congreso: “Do que din ao que fan vai o mesmo traxecto que hai entre as fotos dalgúns produtos que se venden Internet e o que finalmente recibimos nas nosas casas. O BNG ten obediencia a ese PSOE que lle firma as nóminas e ao que ten que servir en silencio pola conta corrente que lle trae”.

 

Deste modo, cuestionou o feito de que Podemos sexa moito máis esixente con Pedro Sánchez do que o son os nacionalistas galegos e o PSdeG, aos que lles serven os Presupostos Xerais do Estado que presente Moncloa “sexan cales sexan e aos que lles falta tempo para aplaudir todas e cada unha das medidas do Goberno socialista, por moi lesivas que sexan para Galicia”.

Sobre isto, manifestou que, trala petición do Bloque para que se destinen máis de 1.000 millóns de euros á Comunidade nos Orzamentos de 2022, haberá que agardar a comprobar o que sucede se o PSOE non cumpre. Ante isto, preguntou se os nacionalistas estarán dispostos a romper os seus acordos cos socialistas ou se, coma sempre, “baixarán a cabeza e tragarán con todo”.

AS DISCREPANCIAS DO GOBERNO CENTRAL

Na súa comparecencia en rolda de prensa, o número dous do PPdeG afeou que, malia as reiteradas promesas de Sánchez, os Presupostos de 2022 xa non serán aprobados en tempo e forma, nin se cumprirán os prazos que marca a Constitución. “Por desgraza estamos empezando a ver normal o que debería ser excepcional porque as Contas deberían estar xa aprobadas en Consello de Ministros e entregadas no Congreso”, dixo contrapoñendo esta situación coa de Galicia, que si contará cos seus Orzamentos nos prazos establecidos.

Tellado criticou que, na recta final dunha das peores crises da historia do país, Podemos e o PSOE manteñan as súas permanentes discrepancias sen lograr acordar unha Lei de Presupostos que impulse a recuperación económica. “Parece que só se poñen de acordo nunha cousa: manterse no poder a calquera prezo”, engadiu.

Neste sentido, explicou que presentar a Lei de Presupostos en tempo e forma, non só é unha garantía para que os Orzamentos poidan entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2022, senón que tamén asegura que sexan debatidos con normalidade democrática nas Cortes e permite aos diferentes partidos estudalos e enriquecelos coas súas aportacións. “Pero o cumprimento da Constitución e as garantías democráticas non foron nunca as prioridades do Goberno de Sánchez”, insistiu.

UNHAS CONTAS XUSTAS PARA GALICIA

Así mesmo, o secretario xeral lembrou que nas anteriores Contas Xerais fomos unha das Comunidades máis maltratadas, mencionando a redución do 11% do Orzamento, sendo os peores Presupostos en 15 anos; a baixada ata o 6.6% do investimento territorializado, o reparto desigual entre Autonomías, premiando os apoios parlamentarios do Goberno; ou o abandono das principais infraestruturas.

 

Por todo isto, admitiu que a esperanza de que o Executivo central presente uns Orzamentos xustos con Galicia é mínima. “Saberémolo nas próximas semanas pero xa lles anuncio que o PSdeG, ese bipartito en si mesmo que é o partido dos socialistas galegos, estará encantado”, recalcou mentres indicaba que, pola súa parte, o BNG fará moitos aspaventos en rolda de prensa pero despois acabará axudando a Sánchez a seguir o seu Manual de Resistencia.

A IMPORTANCIA DO PPdeG

Por outra banda, Miguel Tellado tamén se referiu á Convención Nacional do Partido Popular, amosándose orgulloso de que comezara en Santiago: “Para nós amosa a importancia que ten o PPdeG para o partido nacional, e iso é un motivo de honra. O PP sabe valorar o papel que xogamos na estabilidade institucional de Galicia pero tamén como actores da política no conxunto do Estado”.

 

Sobre a clausura deste evento, que terá lugar esta fin de semana en Valencia, apuntou que os populares galegos estarán representados por unha ampla delegación encabezada por Alberto Núñez Feijóo.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies