O Parlamento aprobou esta semana por unanimidade unha iniciativa para demandar ao Goberno a construción dun buque ponte en Navantia Ferrol
O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, reivindicou a aprobación esta semana no Pleno do Parlamento galego, co voto a favor de todos os grupos da cámara, unha proposición non de lei para demandar ao Goberno do Estado un buque ponte para os estaleiros de Ferrol.
Esta iniciativa formaba parte das máis de 22 que foron rexistradas este mes polos populares demandando a construción dun BAM ou un AOR nos estaleiros de Navantia. Unas iniciativas que, en palabras do popular, seguirán defendendo no Parlamento de Galicia “ata que o Consello de Ministros ordene a construción do buque”.
Tellado recordou que Pedro Sánchez retrasou “sine die” a construción das novas fragatas F-110, que o goberno de Mariano Rajoy comprometera en 2018 e que dotarían de carga de traballo ao estaleiro.
“Agora necesitamos un buque ponte, para manter os empregos ata que comecen a construírse as fragatas” confirmou o Tellado, asegurando que “están en xogo máis de 700 empregos e o futuro de toda a comarca”.
CAMBIO DE POSICIÓN DO PSOE EN GALICIA
Varias iniciativas semellantes xa foran presentadas polo Grupo Popular en diversas ocasións e sempre contaron co voto negativo ou a abstención do PSOE.
“Primeiro aseguraron que o Ministerio de Defensa non o necesitaba, e cando un buque semellante foi encargado aos estaleiros de Cádiz, o PSOE en Galicia comezou a absterse en todas as votacións” recriminou.
“Alegrámonos de que cambiaran de postura e que se unan a nós na reclamación do buque ao seu xefe, Pedro Sánchez” sentenciou ante o voto afirmativo do PSOE nesta ocasión, “pero non é suficiente”.
Tellado confirmou que seguirán presentando iniciativas tanto no Parlamento de Galicia coma no Congreso dos Deputados ata que o Goberno do Estado ordene a construción do buque.
FOLGA COMARCAL DO 10 DE XUÑO
O popular tamén recordou que o próximo 10 de marzo está convocada unha folga comarcal para demandar solucións para o naval de Ferrol. Unha convocatoria que os populares secundan “por responsabilidade e compromiso coa comarca”.
“Ferrolterra vive unha grave crise desde fai anos, que se veu gravemente empeorada polo desprezo manifesto de Pedro Sánchez” asegurou Tellado. “Primeiro foi o anuncio de peche das Pontes, despois Siemens-Gamesa advirte que abandonará España e nas próximas semanas Navantia Ferrol quedarase sen traballo” asegurou o secretario xeral dos populares galegos.
Unha serie de acontecementos dos que o Partido Popular culpa á política industrial “equivocada” e “contraditoria” do Goberno socialista, “que fai fuxir ás empresas do noso país, aboca ao peche á industria electrointensiva e non plántea alternativas de futuro” rematou.
VISITA DO PRESIDENTE DO PPDEG A FERROL
Este mesmo venres o Alberto Núñez Feijóo visitou Ferrol e denunciou o “desmantelamento” por parte do Goberno socialistas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Tellado valorou positivamente esta visita, enmarcada na “presencia habitual” do Presidente do PPdeG na comarca, o que contrasta co absoluta indiferenza do Presidente socialista que leva anos sen visitar Ferrol.
“Desde a oposición, os socialistas viñan a Ferrol a facer campaña, agora que están no goberno esqueceron as promesas e nin se acercan por aquí” criticou o popular en referencia ás últimas visitas de Pedro Sánchez en 2014.
O Presidente Feijóo tamén reclamou a modernización do estaleiro, algo que Tellado considera “indispensable” se Ferrol quere seguir sendo “competitivo” e non poñer en perigo o contrato das fragatas F11, o que supoñería “unha sentencia de morte para o estaleiro e os emprego que garante na comarca”.