Skip to content

Tellado cre que o DEA estará centrado na mellora da economía e dos servizos sociais de Galicia

Santiago, 29 de setembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o DEA estará centrado nas mellora da economía e dos servizos sociais de Galicia. “Sabemos que este Debate do Estado da Autonomía volverá poñer enriba da mesa novas medidas e propostas encamiñadas a mellorar a vida dos nosos veciños”, subliñou.

Segundo sinalou, no ADN do Partido Popular de Galicia está a aposta polo crecemento da nosa economía e dos nosos sectores produtivos, por aliviar a carga fiscal sempre que a situación económica o permita –cómpre lembrar a redución do tramo autonómico do IRPF, o programa de impostos cero no rural ou a exención do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos- e por mellorar os nosos servizos públicos, “cun redoble de esforzos nos últimos anos para mellorar a nosa política social”. “Cremos que eses son hoxe os asuntos cruciais en Galicia, e estamos convencidos que serán algún dos fíos condutores que propoñerá o PPdeG no Debate que arranca o mércores”, engadiu.

Como indicou, o PPdeG volverá exhibir que é un partido que é garantía de estabilidade e de rigor na xestión, cunha maioría absoluta que un ano despois das eleccións autonómicas estarían en condicións de revalidar, porque “temos un líder contrastado e recoñecido dentro e fora da nosa Comunidade, un goberno estable cunha maioría parlamentaria que o apoia e un partido unido que inviste todas as súas forzas en intentar solucionar os problemas dos galegos”.

Así mesmo, apuntou que neste Debate volveremos a confrontar as dúas realidades políticas da nosa comunidade: “Dunha parte, que temos un goberno que non só ten unha folla de servizos que presentar aos galegos, senón que tamén pode ofrecerlles un proxecto de futuro. E da outra, que temos unha oposición que non ten proxecto e non ten futuro”.

 

OPOSICIÓN SEN PROXECTO NIN FUTURO
Nese senso, o números dous dos populares galegos lembrou que nos últimos doce meses “na esquerda galega só houbo confrontación interna e ausencia de ideas” e destacou que o que puidemos ver durante as últimas semanas foi un BNG “que non ten máis proxecto ca copiar paso a paso a folla de ruta do independentismo catalán”, non tendo “máis futuro có de seguir batendo os récords dos seus peores resultados da historia”; un PSdeG que “non ten máis proxecto que o do no es no, a loita interna e a acusación de xogo sucio entre candidatos”, e sen “máis futuro có de seguir dividido durante anos”; e unhas Mareas de Podemos sen “máis proxecto có insulto e a descalificación”.

 

Tellado lamentou que, despois de tantos anos e de tantas derrotas electorais, unha parte da esquerda radical de Galicia non teña nada máis que ofrecerlle á sociedade galega ca unha especie de “beirismo sen Beiras”. “O señor Luis Villares chegou á política vendéndonos un perfil de xuíz, finxidamente moderado para intentar captar máis votantes”, remarcou para recoñecer que “o que finalmente obtivemos é un líder mediocre que para poder conservar a súa posición ten que intentar imitar ao seu antecesor”. “Villares quixo ser Beiras, pero resultou parecerse máis a unha versión cativa de Gabriel Rufián”, concluíu.

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies