Skip to content

Tellado: “Estamos ante os estertores do proxecto político esgotado das Mareas de Podemos”

3, decembro, 2018.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “estamos ante os estertores do proxecto político esgotado e con escaso futuro das Mareas de Podemos”. Así se expresaba trala última crise da formación provocada, nesta ocasión, pola non celebración das primarias.

 

Segundo admitiu Tellado, é o drama dun partido que viña cambialo todo e non fixo nada, envolto constantemente en liortas internas que amosan as súas verdadeiras prioridades: “unha loita por ver quen dirixe a formación”. Nese senso, engadiu que non se lles coñece proposta algunha, xa que dedican todo o tempo a falar deles mesmos en lugar de centrarse nos problemas da cidadanía.

 

O número dous dos populares galegos indicou que o importante é ver cando Luís Villares deixará de ser o portavoz parlamentario das mareas de Podemos e cando Martiño Noriega deixará o Concello de Santiago para poñerse ao fronte de En Marea. “No fondo trátase de ver quen mandará máis, non lles preocupa a gobernabilidade da Coruña, Ferrol ou Santiago nin de construír un proxecto político alternativo ao PP en Galicia”, remarcou ao tempo que subliñaba que as ansias de cambialo todo que promulgaban as mareas son as que dinamitan a  democracia interna do seu propio partido.

 

ASEGURAR A EXECUCIÓN DO CONTRATO DAS FRAGATAS F-110

Por outra banda, na súa comparecencia en rolda de prensa celebrada hoxe en Ferrol, o secretario xeral avanzou que este mércores debaterase no Parlamento galego unha proposición non de lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular na que se instará ao Goberno a dar luz verde á aprobación da orde de execución da construción das fragatas F-110 nos estaleiros de Navantia Fene e Ferrol, poñendo en valor a importancia do sector naval nesta comarca, do que dependen en torno 15.000 postos de traballo -entre directos e indirectos-.

 

Despois de lembrar tamén que Navantia supón o 16% do PIB da provincia da Coruña e que, en termos de emprego, representa o 24% do emprego industrial da provincia, destacou que é fundamental que o Goberno de España deixe clara a súa vontade inequívoca de aprobar a execución do proxecto destas fragatas, xa que este contrato supón 4.000 millóns de euros e emprego para 7.000 traballadores, sen esquecer a fundamental inversión na renovación e modernización do estaleiro. “Esta comarca non pode deixar pasar o tren dun proxecto tan importante coma este”, dixo.

 

Tras manifestar que piden ao Executivo socialista o mesmo que solicitaban ao de Mariano Rajoy, Tellado lamentou que sempre que goberna o PSOE o sector naval pase por dificultades, salientando que “José Luis Rodríguez Zapatero foi un mal presidente para o noso naval, pero Pedro Sánchez aínda pode ser peor”, posto que non consegue contratos e pon en perigo os que xa hai.

 

ELECCIÓNS EN ANDALUCÍA

Por último, Miguel Tellado valorou os resultados das Eleccións en Andalucía celebradas onte, sinalando que “estamos ante un fin de ciclo”. “Hai que actuar con responsabilidade respectando a vontade de cambio maioritaria da sociedade andaluza” aseverou insistindo en que teñen “a obriga de non truncar este desexo da maioría de andaluces expresado onte nas urnas”.

 

De igual xeito, sinalou que o seguinte paso é falar cos partidos con representación parlamentaria e ver as posibilidades de goberno alternativo que hai nestes momentos.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies