Skip to content

Tellado: “Galicia segue a resistir os efectos da pandemia mellor que o conxunto de España”

Destaca que, malia que a Comunidade aposta por unhas restricións duras e necesarias, a economía galega é das menos afectadas pola COVID-19

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, subliñou que Galicia segue a resistir os efectos da COVID-19 mellor que o conxunto do Estado, tal e como reflicten os datos de desemprego de febreiro.

 

Ademais de rexistrar menos paro que ao inicio da pandemia -con respecto a abril de 2020 hai 6.401 parados menos-; na evolución mensual somos unha das tres Comunidades nas que baixa o desemprego, reducíndose o número de desempregados o pasado mes mentres que no Estado aumenta. De igual modo, Galicia é a cuarta Comunidade onde máis se incrementan as afiliacións, que tamén medran a maior ritmo que en España, mantendo esta evolución positiva desde 2014.

 

“Malia que a nosa Autonomía aposta por unhas restricións duras e necesarias, as cifras amosan que a nosa economía é das menos afectadas pola pandemia”, remarcou o número dous dos populares galegos. De feito, en termos anuais, salientou que continuamos en niveis de paro inferiores a hai 12 anos -inicio da crise de 2008- e que o ritmo de subida resulta moi inferior en Galicia ao da media estatal, onde crece o dobre que na Comunidade.

 

“En ningún caso podemos conformarnos con estas cifras cando hai moitas familias que están pasando por situacións de extrema dificultade”, afirmou mentres resaltaba o compromiso e o labor da Xunta que, ante as consecuencias que a crise sanitaria está a provocar no mercado de traballo, reforzou as súas políticas activas de emprego destinadas aos colectivos con máis obstáculos para atopar un traballo.

APOIO AOS AUTÓNOMOS, MICROEMPRESAS E HOSTALARÍA

Miguel Tellado destacou o apoio do Goberno galego aos sectores máis afectados pola COVID-19, recordando a activación en tempo récord de axudas directas para salvar o maior número de empregos posibles.

 

Nese senso, apuntou que nestes momentos está en marcha o segundo Plan de rescate  que, xunto co primeiro, mobilizará máis de 160 millóns de euros en catro meses para autónomos, microempresas, establecementos hostaleiros e outros negocios pechados polas restricións sanitarias.

 

DEFENDER E TRABALLAR POLA IGUALDADE

O secretario xeral aclarou que loitar contra os efectos desta crise sanitaria, económica e social non debe impedir seguir traballando da defensa da igualdade laboral entre mulleres e homes. Sobre isto, incidiu na importancia da prevención sensibilizando ás empresas, que son moito máis produtivas cando existe unha igualdade real, non só referida ás mulleres, senón tamén no ámbito da discapacidade.

 
De igual modo, puxo en valor o amplo abano de axudas do Executivo autonómico a favor da igualdade laboral e que se reforzará este ano con 21 millóns de euros e con medidas para impulsar a conciliación, o emprego, a formación e a contratación  das vítimas da violencia de xénero.
 
Así mesmo, precisou que dende a Xunta estase a ultimar un estudo para ter unha fotografía real da situación actual sobre o impacto da COVID-19 no emprego feminino galego, algo que permitirá poder seguir deseñando actuacións para avanzar cara á igualdade de oportunidades. Segundo manifestou, entre outros aspectos, este informe está a avaliar a situación laboral e profesional das mulleres por sectores e provincias, as necesidades e barreiras existentes en materia de formación e dixitalización, o grao de emprego do teletraballo, a conciliación, e o nivel de implantación dos plans de igualdade nas empresas. 

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies