Skip to content

Tellado ofrece un PPdeG que non da bandazos fronte aos que “mudan dun día para outro”

Ferrol, 9 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, puxo en valor hoxe a coherencia e a fiabilidade do PPdeG fronte á volatilidade das forzas do oposición. Así, contrapuxo a uns populares que “tomámonos Galicia en serio” contra unha alternativa formada por forzas que ou ben “non saben onde están” ou ben “non saben o que son” e “mudan cada día”.

O número dous do PPdeG lembrou as liortas internas das forzas da oposición, citando aos socialistas “que hoxe renegan do seu candidato”, aos nacionalistas que teñen anunciado que apoiarán ao candidato das Mareas ou aos militantes das Mareas e de Podemos que rexeitan agora unha alianza que lles valía “fai mes e medio”.
Tellado incidiu na “farsa” que supón o proceso de primarias da Marea, deseñado na “mesa camilla dos tres alcaldes” para “traizoar a Beiras en canto deixou de serlles útil” e avanzou que en setembro as Mareas terán un candidato elixido pola cúpula e sen experiencia de xestión que podería gobernar se o PPdeG non obtén a maioría suficiente, polo que advertiu de que dividir o apoio noutras forzas pode ser un voto que axude ás Mareas.

“Nós non damos bandazos”, destacou Tellado, que quixo resaltar tamén que “a nós non nos teñen que vir desde Madrid a explicar cómo temos que presentarnos a unhas eleccións en Galicia”.
Tellado fixo estas declaracións no marco dunha rolda de prensa na que, acompañado polo deputado Hipólito Fariñas fixo balance do goberno de Alberto Núñez Feijóo e dos seus resultados para a área de Ferrol.Tellado lembrou que Fariñas e el son os únicos representantes da zona no Parlamento de Galicia logo de que as deputadas ferrolás das forzas da oposición, Yolanda Díaz e Beatriz Sestayo, “desertaron de defender Ferrol no Parlamento en busca de postos máis cómodos”.
Ante este panorama, o número dous do PPdeG quixo por en valor os “feitos” que, tamén en Ferrolterra, diferenzan ao PPdeG daqueles que só teñen palabras. “Mentres a oposición vai cada día a peor, Galicia vai a mellor”, salientou Tellado.

GALICIA E FERROL, CRECENDO E CON MÁIS EMPREGO
O número dous dos populares galegos lembrou a “tendencia á alza” do emprego nestes momentos, en contraste coa tendencia á baixa que imperaba cando Feijóo accedeu ao goberno. Lembrou que taxa de paro é 3 puntos inferior á existente no comezo da lexislatura e que hai case 50.000 afiliados máis á seguridade social.Tellado atribuíu as melloras de emprego e crecemento económico a políticas da Xunta que melloran a empregabilidade das persoas traballadoras como poden ser o incremento dun 50% das prazas de Formación Profesional dende 2009, a accesibilidade das ensinanzas universitarias ao ter as taxas máis baixas do Estado ou o inicio da expedición por parte da Xunta das acreditacións oficiais que certifican a experiencia laboral e as capacidades de traballadores sen formación regrada.
Asemade, lembrou que a mellora do emprego vén derivada de que a solvencia de Galicia ten permitido que levemos once trimestres seguidos con taxas positivas de crecemento interanual do PIB. Tellado defendeu este “crecemento sólido”, non baseado no recurso a débeda como noutras Comunidades Autónomas senón en melloras estruturais da economía como o “récord histórico de exportacións” acadado o pasado ano e que vai camiño de superarse neste ou os “máximo histórico” de visitantes turísticos conseguido no primeiro semestre deste mesmo ano.En concreto para a área de Ferrol, o deputado Hipólito Fariñas quixo lembrar o impacto positivo para a actividade económica que tivo a reactivación de Navantia cos contratos obtidos con PEMEX, Ondimar ou a armada española.
Fariñas salientou a construción das jackets de eólica mariña para Iberdrola como unha “actividade innovadora e de futuro” que supuxo rachar “o veto socialista histórico á antiga ASTANO” cun contrato de relevancia mundial.Lembrou tamén os impulsos a outros sectores como o pesqueiro, coa nova lonxa de Cedeira ou o turístico, coa aprobación da delimitación oficial do Camiño Inglés.

GALICIA E FERROLTERRA, MELLORES PARA VIVIR E TER FILLOS
O secretario xeral do PPdeG quixo salientar que esta mellora económica veu acompañada tamén de melloras na calidade de vida ao longo destes anos. Referiuse á aposta medioambiental que supuxo en toda Galicia a posta en marcha de 45 depuradoras, un compromiso que Fariñas lembrou que tense concretado en Ferrolterra cun saneamento integral da ría que supuxo “o maior investimento medioambiental da historia de Galicia”.No tocante ao impulso á natalidade, Tellado puxo en valor o aumento dun 76% das prazas de escolas infantís financiadas con fondos públicos dende o ano 2009 así como a existencia das mellores deducións fiscais por fillo de todo o Estado mentres que Fariñas resaltou que a aposta demográfica ten chegado con forza a Ferrolterra a través de 400 novas prazas repartidas nas novas escolas infantís de Ferrol, Fene, Neda e Ares así como coa integración na rede autonómica das de Narón e Cedeira.
O número dous do PPdeG salientou, do mesmo xeito, as melloras en servizos básicos como educación e sanidade. Así, mentres o ensino público conta hoxe con novas posibilidades como a ensinanza plurilingüe ou as aulas dixitais que chegan xa a máis de 100.000 alumnos, a asistencia sanitaria ten mellorado tanto en dotacións como en eficiencia, con máis intervencións cirúrxicas realizadas cada ano e co tempo medio de espera en mínimos históricos.Na mesma liña, Hipólito Fariñas cifrou en 19 os centros educativos plurilingües en Ferrolterra, aos que hai que sumar outros 26 con seccións bilingües e lembrou que preto de 2 millóns de euros do chamado “superávit de responsabilidade” irán destinados a obras en 30 centros da área. No eido sanitario destacou os centros de saúde das Somozas, Ortigueira, Ares e A Capela así como a ampliación do de Serantes e a sinatura co concello de Narón para a construción doutro neste municipio. Finalmente puxo en valor a próxima aprobación, xa dotada orzamentariamente, do Plan Director que suporá a ampliación do Hospital Arquitecto Marcide.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central publique de inmediato a normativa básica para os novos currículos da formación profesional
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central publique de inmediato a normativa derivada da Lei orgánica de ordenación e integración da formación profesional, de
O PPdeG aposta por afondar a nivel europeo na loita contra a violencia de xénero, a fenda salarial e a trata
O Partido Popular de Galicia márcase como obxectivo de cara ás vindeiras eleccións europeas impulsar a nivel comunitario medidas que afonden en cuestións como a loita contra a violencia de
O PPdeG reivindica o modelo de convivencia lingüística “con sentidiño, harmonía e liberdade” de Galicia fronte ao “sectarismo e a polarización”
O Partido Popular de Galicia reivindicou hoxe nun acto con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas o modelo de “normalidade e convivencia lingüística” da nosa Comunidade, defendendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings