Skip to content

Tellado urxe ao Goberno un plan de continxencia para que os produtores non perdan as súas mercadorías

Demanda tamén á Administración de Sánchez que abra vías de diálogo para parar a folga de transportistas que pode levar ao colapso da nosa economía

O número dous dos populares galegos, Miguel Tellado, pediu ao Goberno de Pedro Sánchez un plan de continxencia para que os produtores non perdan as súas mercadorías pola folga de transportistas: “É o momento de tomar medidas urxentes e extraordinarias”.

 

Tras condenar rotundamente calquera tipo de violencia que se teña producido estes días e de rexeitar enerxicamente calquera forma de coacción ou presión contra outros traballadores, trasladou tamén a súa comprensión á dramática situación que están vivindo os transportistas: co prezo dos combustibles nun crecemento exponencial durante meses, cun Goberno socialista que se debate entre a parálise e o abandono e cos impostos máis altos da nosa historia. Por todo isto, demandou ao Executivo central que abra vías de diálogo para parar unha folga que pode levar ao colapso da nosa economía.

 

MEDIDAS PARA O SECTOR AGROALIMENTARIO

Así mesmo, Tellado manifestou o apoio do PPdeG á manifestación que agricultores a gandeiros convocaron para o día 20, unha queixa masiva que se produce como reacción ao abandono total por parte da Administración de Sánchez: “Apoiamos a convocatoria do próximo domingo e reclamamos ao Goberno medidas inmediatas para paliar a crise do sector agroalimentario”.

 

Como salientou, o sector sofre unha absoluta falta de diálogo en toda a lexislatura, un ataque permanente á súa reputación nacional e internacionalmente -incluso de boca de ministros-, políticas ideolóxicas que danan a produción e a competitividade, e subidas masivas de impostos que reduciron drasticamente a rendibilidade das explotacións. Ademais, a todo isto, únese agora a complexa situación internacional derivada da guerra de Ucrania.

 

En contraposición á falta de actuación do Executivo central, destacou que desde a Xunta puxéronse onte en marcha varios paquetes de medidas, como a axilización do bono térmico social, axudas directas para profesionais, novas liñas extraordinarias de financiación e anticipos de axudas, avais para as subvencións da PAC ou o pago de todas as taxas portuarias durante os próximos meses.

 

Ademais, reiterou a demanda ao Goberno para que aplique de forma inmediata unha baixada extraordinaria e excepcional dos impostos ata superar esta crise. “Os traballadores e as súas familias non pode agardar máis. Ou actuamos xa desde todas as administracións ou a situación pode ter consecuencias moi graves para os sectores produtivos do noso país”, aseverou.

 

UN PP MÁIS FORTE, UNIDO E PREPARADO

Por último, o secretario xeral falou da campaña do candidato á presidencia do partido, Alberto Núñez Feijóo, que está recorrendo toda España trasladando o seu proxecto dun “PP máis forte, máis unido e máis preparado para chegar ao Goberno”.

 

Logo de salientar a extraordinaria acollida que Feijóo ten en todos os lugares que visita, apuntou que máis de 15.000 afiliados e simpatizantes xa participaron esta semana en actos e encontros co candidato: “Estamos percibindo a ilusión de milleiros de militantes que lle trasladan a súa forza. Nin sequera o CIS de Tezanos pode ocultar a recuperación do partido”.

 

Aínda que a confianza manifestouse claramente nos máis de 55.000 avais que recibiu Feijóo para oficializar a súa candidatura, Tellado remarcou a importancia de dar voz á militancia e da participación das bases como piar fundamental. “Este luns todos os afiliados están chamados ás urnas para reafirmar o que xa dixeron cos seus avais. Toda a militancia poderá votar este luns nas súas sedes locais para elixir ao presidente nacional do PP”, dixo lembrando que, xa no Congreso de Sevilla, será a quenda dos compromisarios.

 

Segundo indicou, o camiño iniciado por Feijóo non acaba coa celebración do conclave, senón na Moncloa “ofrecendo aos españois unha alternativa seria, responsable e solvente, e un Goberno á altura das circunstancias e que sexa útil ás familias e aos traballadores”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies