Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a tomar as medidas necesarias para que a empresa concesionaria do encoro de Portodemouros, situado no curso do Ulla medio entre os concellos de Santiso, Arzúa e Vila de Cruces, cumpra coas súas obrigas a respecto das condicións que debe observar a barcaza e as instalacións que comunican as parroquias de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso), segundo o establecido nas condicións da concesión do encoro á empresa Naturgy.