13 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “excelente nova” que as comunidades de Galicia, Euskadi, Asturias e Cantabria “traballen conxuntamente para que o Corredor Atlántico sexa unha realidade e haxa unha liña ferroviaria interoperable no ámbito europeo tanto para o tráfico de mercadorías como de viaxeiros”.
O Parlamento galego pide continuar coas medidas para controlar a enfermidade provocada pola flavescencia dourada na vide
10 de marzo de 2023. O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide a promoción, desenvolvemento, divulgación e posta en práctica de medidas de bioseguridade que permitan controlar a enfermidade ocasionada á vide por mor do organismo nocivo de corentena flavescencia dourada. Así mesmo, demándase que estude poñer en práctica un sistema de información dirixida aos viticultores que lles permita recibir as alertas e a informacións respecto a flavescencia dourada.
O Grupo Popular salienta que a Xunta repartiu, con cargo ao PDR 2014-2020, máis de 106 millóns de euros en axudas para a incorporación de mozos ao medio rural galego
10 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada salientou hoxe no Parlamento galego que a Xunta distribuíu, con cargo ao PDR 2014-2020, máis de 106 millóns de euros en axudas para a incorporación de mozos ao medio rural galego.
Paula Prado: “Os feitos demostran que ao PSdeG nin lle importa Galicia nin respecta aos galegos, senón que é unha mera delegación do sanchismo”
10 de marzo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG valorou hoxe a decisión de Valentín González Formoso de presentarse como candidato á alcaldía das Pontes facendo referencia a que o propio PSdeG recoñeceu hai uns días que é incapaz de presentar candidaturas nos 313 concellos galegos: “Hoxe constatamos que nunha alcaldía tan importante como a das Pontes o PSdeG tampouco ten recambio nin equipo para ofrecer aos seus veciños”.
O Parlamento galego demanda mellorar a dotación de ecógrafos intelixentes na atención primaria sanitaria
9 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a mellorar a dotación de ecógrafos intelixentes en atención primaria, definindo ademais uns protocolos para o seu uso e un plan de formación para o persoal.
José Manuel Rey garante que Ferrol contará cun polo de enerxías renovables, “xa que a Xunta ten decidido que é a localización elixida”
8 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular e candidato do PPdeG á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey, garantiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que esta cidade “contará cun polo de enerxías renovables, xa que a Xunta ten decidido que é a localización elixida”.
O Parlamento galego pide o cumprimento de todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, xa que dúas de cada tres actuacións aínda están sen cumprir despois de 6 anos
8 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide o cumprimento de todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero destinadas á protección, apoio, intervención e recuperación integral das vítimas dos delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, especialmente, mulleres e nenas. “A día de hoxe, dúas de cada tres medidas incluídas neste Pacto de Estado están pendentes de cumprimento despois de seis anos desde a súa aprobación por un goberno do Partido Popular”, lamentou a viceportavoz popular, Paula Prado. Así mesmo, e co voto en contra do BNG, pídese que se revise, pola vía de urxencia a Lei do Só si é si.
O Parlamento galego pide ao Goberno de España que outorgue a Galicia as mesmas compensacións que a Asturias e Cantabria polo atraso na chegada dos novos trens de Feve
8 de marzo de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que cuantifique o retraso concreto que sufrirá a renovación da frota da liña ferroviaria de ancho métrico que opera en Galicia e que se outorgue á Comunidade galega as mesmas compensacións anunciadas para Asturias e Cantabria para minimizar os prexuízos derivados da renovación dos trens desta liña ferroviaria, asegurando aos usuarios a gratuidade do servizo, canto menos, ata 2026.
Declaración do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller
8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia súmase á celebración do Día Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.
O Grupo Popular critica que o BNG avogue “por facer da sanidade o seu xogo partidista e electoralista, sen achegar solucións”
7 de marzo de 2023. A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, criticou hoxe que o BNG “estean máis polos vetos que polos acordos en materia sanitaria, e por facer da sanidade o seu xogo partidista e electoralista, pero sen achegar solucións como está a facer o Goberno galego”.