Iniciativa sobre a reiteración por parte da Xunta de Galicia ante o Goberno de España da necesidade dun estudo que sirva de base para a elaboración dun plan estatal contra a exclusión financeira
Segundo os datos do Banco de España correspondentes o pasado setembro, no último ano a banca pechou en España case un 11% das oficinas. As 20.421 sucursais actuais son case un 56% menos que as 46.118 do 2008. Galicia viu desaparecer nos últimos 12 meses 189 sucursais bancarias.
Si comparamos os datos dos últimos 6 anos, a 30 de setembro de 2015 en Galicia había 1719 oficinas abertas, fronte as 1096 que se contabilizan no ano 2021, isto é, un
36% menos. Porén, a nivel estatal este dato é moito máis preocupante, cunha perda de oficinas do 56%.
As entidades financeiras están a priorizar o uso das novas tecnoloxías para a realización da maioría dos trámites bancarios. Aínda que a banca electrónica aporta vantaxes de inmediatez e accesibilidade, unha implantación precipitada dificulta o acceso a servizos financeiros básicos naqueles lugares onde a dixitalización aínda non se desenvolveu na súa plenitude ou naquelas persoas que teñen un menor desempeño nas novas tecnoloxías, con especial incidencia na poboación envellecida e que vive soa.
Todas as administracións públicas, en colaboración coas entidades financeiras, deben garantir que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia e da súa idade, teña acceso aos servizos bancarios e financeiros, prestando especial atención ao ámbito rural e a poboación envellecida.
De feito, xa existen fórmulas útiles neste ámbito, como a iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp, que permitirá a moitas localidades que carecen de oficina bancaria dispoñer dun caixeiro no seu municipio e que os veciños poidan contar con servizos de asistencia financeira e de formación. Ademais a través dos organismos autonómicos de Consumo tamén se traballa na defensa dos usuarios de banca, mediante a organización de campañas informativas e prestación de asesoramento en materia de servizos financeiros.
Existen iniciativas semellantes ao longo do territorio español, nas que están involucradas outros gobernos autonómicos, deputacións provinciais, concellos, ou incluso a empresa pública estatal Correos que, segundo ten anunciado, pretende instalar caixeiros en concellos sen entidade bancaria.
Dende o noso grupo parlamentar valoramos moi positivamente todas estas medidas, pero consideramos que debería existir unha coordinación e unha planificación a nivel estatal para que realmente sexan eficaces, xa que non estamos ante un problema exclusivamente galego, senón que se da no conxunto de España, tal e como vemos nos medios de comunicación, e no que todas as administracións deben implicarse.
Tal e como se recolle na moción aprobada no pleno do Senado o 9 de setembro, existe un amplo consenso para que o Goberno de España elabore un estudio detallado sobre a situación real de exclusión financeira e se acorde un paquete de medidas global para abordar este problema.
O grupo parlamentario popular o pasado mes de setembro levou a Pleno de este parlamento unha iniciativa neste sentido, de demanda do Goberno do Estado unha actuación coordinada e a adopción das medidas recollidas no acordo plenario do Senado.
Meses despois, a problemática segue sen resolverse, e todo indica que continuará agravándose non vindeiros anos, polo que é necesaria é urxente unha actuación por parte do Goberno Estatal.
Por todo o exposto, O Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno.
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Reiterar ante o Goberno de España a necesidade de elaborar un estudo, en colaboración co Banco de España e a CNMC, sobre a situación do mercado financeiro en España desde el punto de vista da concentración bancaria, da competencia e do acceso aos servicios financeiros básicos, que sirva de base para a elaboración e posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso da poboación aos servizos financeiros.
Entre estas medidas estaría a de impulsar unha normativa que regule a prestación universal de servicios financeiros básicos ou esenciais, de xeito que se garanta á súa prestación para todos os usuarios, cunha calidade determinada e a un prezo asequible.”
Rexistro Iniciativa : https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-002587