Skip to content

O PPdeG celebra mañá un acto de inicio do curso político coa ilusión de “reivindicar a Galicia e a España” fronte aos radicalismos e os escándalos da esquerda

O PPdeG celebrará mañá en Cerdedo Cotobade o inicio do curso político nun acto marcado “pola ilusión de reivindicar Galicia e España” fronte á “mala política” dos radicalismos do independentismo galego e os escándalos do PSOE. Un arranque coa ollada posta no próximo reto electoral, as eleccións municipais de 2027, pero tamén nas Xerais. Coa presenza do presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente autonómico, Alfonso Rueda, a Carballeira de San Xusto volverá a ser, como marca a tradición, o epicentro deste arranque de curso.

“En maio de 2027 iremos ás urnas para decidir quen nos representará nos lugares nos que desenvolvemos as nosas vidas. Dende o PPdeG seguiremos traballando día tras día, formando equipos e ofrecendo proxectos de futuro”, sinalou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, hoxe durante a visita á carballeira de San Xusto, coincidindo co inicio das labores de montaxe do acto.

A número dous dos populares galegos subliñou que o PP presentará “as mellores candidaturas”, coa meta posta en mellorar resultados nas urnas, “xa que somos o partido que máis se parece aos galegos e galegas”.

Por outra banda, lembrou que neste curso político tamén se espera unha nova convocatoria ás urnas: para elixir ao próximo presidente do Goberno de España. “Nós temos claro quen será: Alberto Núñez Feijóo, porque a era de Sánchez chegou ao seu fin, os días de Sánchez na Moncloa están contados”, asegurou. Neste punto, aproveitou para esixir ao presidente do Goberno central que convoque Eleccións Xerais.

Prado agradeceu ao presidente nacional do PP que elixise unha vez máis “a súa casa” para este inicio de curso e reclamou o seu papel na defensa de Galicia e España. “Imos reivindicar Galicia e España, a igualdade de todos os españois, porque non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco menos. E por desgraza, Sánchez ten territorios de primeira e territorios de segunda”, engadiu. Así, puxo en valor fronte á mala política do socialismo e os seus socios, a política que promove Feijóo e a política que se realiza dende o Goberno galego, liderada polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda.

“O PPdeG é a forza que tamén nos impulsa a seguir camiñando con “sentidiño”, con políticas pensadas para todos os galegos e galegas e pola senda da estabilidade”, destacou Prado, que criticou a Galicia dos “radicalismos, leas e algaradas” que promoven os nacionalistas e independentistas do BNG, que, lonxe de traballar pola súa terra, dixo, “debuxan unha Galicia escura e só se guían polo seu verdadeiro líder, a radicalista UPG”.

Para a secretaria xeral dos populares galegos, esa forza do PPdeG seguirá encamiñada en apostar por “unha Galicia unida e que viva en convivencia, traballando polo presente e polo futuro, o do progreso e o das oportunidades para os galegos do mañá”.

“POLA NOSA TERRA, A SÚA XENTE E O FUTURO DE TODOS ELES”

Prado aproveitou para anunciar que o acto do inicio do curso político comezará mañá ás 12.00 horas, nesa carballeira de San Xusto, en Cerdedo Cotobade, onde “celebraremos o inicio do curso político para seguir debuxando entre todos a Galicia que queremos, con alegría e ilusión, e tamén con reivindicacións: pola nosa terra, a súa xente e o futuro de todos eles”.

Ademais de representación popular das catro provincias de Galicia, haberá unha parte moi importante do equipo de dirección do PP nacional, entre eles o secretario xeral do partido, Miguel Tellado, xunto con outros cargos, arroupando ao líder nacional do PP. Tamén estará o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy.

LUIS LÓPEZ: “A RECEITA HABITUAL DO PP É O TRABALLO DIARIO”

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, agradeceu ás direccións nacional e autonómica a súa reiterada aposta por Cerdedo Cotobade e pola provincia para iniciar un novo curso político e adiantou que o partido “volverá a ofrecer unha imaxe de forza e unidade imposible para as demais formacións galegas”.

O tamén presidente da Deputación sinalou que a provincia está “preparada e comprometida para todos os retos dun curso político frenético comezando polo necesario cambio en España” e advertiu de que a receita para os próximos meses será a habitual de “conquistar a confianza da xente día a día”. “Iso é que nos dá credibilidade. O traballo diario, estar na rúa, escoitar aos veciños e apoialos cando precisan é o que se viu en cada concello neste verán e o que lle amosaremos a toda España desde Cerdedo Cotobade”, aseverou.

“ENORME IMPORTANCIA” PARA CERDEDO COTOBADE

Por último, o alcalde anfitrión, Jorge Cubela, destacou a “enorme importancia” para o seu municipio de que o PP aposte de novo pola Carballeira do San Xusto para arrancar o curso político en toda España, “xa que nos sitúa na primeira liña e xera un importante retorno socioeconómico pola presenza de centos de persoas”. Así mesmo, tamén salientou que supón un “premio” para a agrupación local do PP, xa que é un recoñecemento “ao traballo e a fortaleza” de moitos anos.

Noticias recomendadas

Noelia Pérez e Argimiro Marnotes destacan en Ourense o compromiso do Goberno galego coa creación de emprego estable e con máis oportunidades para as mulleres
Os deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia Noelia Pérez e Argimiro Marnotes visitaron hoxe en Ourense un negocio beneficiario do programa Galicia Emprega, onde puxeron en valor as
O PP lucense esixe a recuperación do tren-hotel nocturno con Barcelona
O PP lucense leva ao Congreso e ao Senado unha nova ofensiva para esixir a recuperación do tren-hotel nocturno que conectaba Galicia con Barcelona con parada en Lugo, Sarria, Monforte
O Partido Popular esixe ao PSOE de Sánchez que poña fin ao bloqueo da rebaixa do IVE para as perruquerías
Os senadores do Partido Popular por Ourense Rosa Sánchez Gándara e Francisco José Fernández reclamaron hoxe ao PSOE que poña fin ao bloqueo da proposición de lei destinada a recuperar
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies