Skip to content

O Parlamento de Galicia aproba unha iniciativa do PPdeG para reclamar ao Goberno central un financiamento estable e suficiente da dependencia

O Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular para reclamar ao Goberno de España un financiamento suficiente, estable e sostido da atención á dependencia, así como que calquera ampliación de dereitos ou prestacións veña acompañada dos recursos económicos necesarios para as comunidades autónomas.

A deputada popular Dolores Hermelo, encargada de defender a iniciativa, subliñou que “non abonda con anunciar novos dereitos se as comunidades autónomas, que son as que prestan os servizos, non reciben os recursos necesarios para facelos efectivos”.
Hermelo reclamou ao Goberno central que garanta o financiamento da dependencia non só para 2026, senón tamén para os próximos anos; que territorialice os fondos e concrete o impacto que lle corresponde a Galicia; e que cada novo dereito, servizo ou prestación leve aparellado o financiamento necesario.

“O Estado decide e lexisla, pero son as comunidades as que teñen que poñer os centros, os profesionais e os recursos. Non se pode pedir cada vez máis a Galicia sen garantir os cartos necesarios para facelo posible”, afirmou Hermelo.

GALICIA XA ESTÁ FACENDO A SÚA PARTE
A deputada popular puxo en valor o esforzo da Xunta de Galicia, que este ano destina 844 millóns de euros á dependencia e acaba de anunciar 25 novos centros residenciais con máis de 1.800 novas prazas, especialmente en concellos pequenos, das que polo menos o 60 % serán de titularidade pública autonómica.

“Galicia está a facer un esforzo moi importante para reforzar a atención ás persoas dependentes. Estamos creando prazas, abrindo novos centros e incrementando os recursos. Agora reclamamos que o Goberno central faga tamén a súa parte”, sinalou Hermelo.

Nese sentido, a deputada popular recordou que a “reforma da lei aprobada recentemente no Congreso constata que Galicia vai por diante na atención á dependencia, xa que case todas as novas medidas desta reforma estatal xa se están a aplicar aquí”.

A iniciativa aprobada hoxe polo Parlamento galego reclama que o Estado garanta un financiamento acorde co custo real da dependencia e coa realidade dunha comunidade como Galicia, marcada polo envellecemento e a dispersión poboacional.

“As persoas dependentes non precisan anuncios, precisan servizos. E para que haxa servizos fan falta recursos. Galicia cumpre; agora é o momento de que o Goberno central cumpra tamén coa súa responsabilidade”, concluíu.

Noticias recomendadas

O PPdeG di que o servizo de urxencias do Salnés se planifica con criterios técnicos e acusa á oposición de xerar alarma social
O Grupo Parlamentario Popular remarcou, hoxe no Parlamento de Galicia, que a planificación so servizo de urxencias terrestre extrahospitalario no Salnés se realiza baixo criterios estritamente técnicos, asistenciais e de
O PPdeG rexeita o falso relato de PSOE e BNG sobre o Hospital de Verín: “Ninguén inviste 5 M€ para desmantelar un centro sanitario”
O parlamentario ourensán do PPdeG, Víctor Baladrón, rexeitou hoxe na Comisión de Sanidade o relato construído polo PSOE e BNG, aos que acusou de lanzar unha “campaña de mentiras e
O PPdeG destaca o éxito de Boiro Xoga como exemplo da aposta da Xunta pola innovación e a dinamización local
Os deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia Magdalena Pérez e Ángel Rodríguez, acompañados do presidente do Partido Popular de Boiro, Nolo Romero, visitaron as actividades da campaña extraordinaria Boiro
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies