Skip to content

Alfonso Rueda: “Podemos sentirnos orgullosos dos pasos importantes que demos para avanzar na igualdade real e non imos aceptar leccións de quen votou a favor da Lei do só si é si”

O presidente do PPdeG subliñou que “nos temas serios como a igualdade ou a loita contra a violencia machista, vale máis traballar moito e falar un pouco menos”, facendo referencia a aqueles que “cren que a igualdade consiste só un slogan ou en pasar das pancartas ás leis”

“Podemos ir coa cabeza ben alta e sentirnos orgullosos dos pasos importantes que demos para avanzar na igualdade real e non imos aceptar leccións de quen votou a favor da Lei do só si é si, como o BNG, nin dos que tardaron máis de medio ano en reformala, como o PSOE”, engadiu

Sobre as consecuencias desta norma, Rueda lamentou que “os que son tan veloces para algunhas cousas, perderon o tempo falando e non foron capaces de facer unha reforma que, se non chega a ser polo PP, permitiría que esta lei seguise producindo os seus nefastos efectos”

Asegurou que “non hai ningunha medida efectiva a prol da igualdade no Goberno de Sánchez”, afeándolle que empregase as políticas de igualdade como unha moeda de cambio: “En canto tivo que mercadear para seguir no poder, as políticas de igualdade pasaron de ser algo fundamental en mans da Vicepresidencia do Goberno a quedar en mans dunha ministra da que só vai quedar mal recordo”

Recordou nesta mesma liña que coa chegada do PP ao Goberno galego en 2009 “houbo que subir todos os recursos orzamentarios destinados a Igualdade porque eran moitos menos dos necesarios”, reprochando ao bipartito PSOE-BNG que “gastase tanto en tantas cousas innecesarias e, para a igualdade, moita propaganda e poucos recursos”

Alfonso Rueda apelou á necesidade de “traballar en serio pola igualdade facendo reformas e tomando medidas que beneficien ás mulleres e á sociedade no seu conxunto”, remarcando que Galicia é unha comunidade pioneira con medidas “fundamentais” nesta materia

Puxo como exemplo a colaboración da Xunta cos concellos a través dos Centros de Información á Muller (CIM), así como as axudas ás vítimas de violencia de xénero “para que non teñan que aguantar nin un minuto máis co seu maltratador”

“Cando unha muller quere rachar con esta situación intolerable, necesita que se lle oriente, que se lle ampare e que se lle comprenda. Iso é o que estamos facendo e as mulleres que sofren a violencia machista sábeno”, explicou

O líder dos populares galegos mostrouse así mesmo orgulloso do Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades, dotado de case mil millóns de euros “reais e orzamentados”, e do Plan Emega, que supón “un primeiro empurrón ás mulleres emprendedoras que soamente necesitan unha mostra de confianza para poder empezar”

“Ninguén que milite no PP ten ningunha dúbida do rexeitamento á violencia machista e da necesidade de seguir avanzando na igualdade que, aínda que se deron pasos moi importantes, está lonxe de ser real”, concluíu

O presidente do PPdeG foi o encargado de concluír este acto no que se celebrou unha mesa redonda moderada pola secretaria xeral de Igualdade e presidenta do PP de Vilalba, Sandra Vázquez, e na que interviñeron a número 2 ao Congreso pola Coruña, Marta González, a número 3 ao Congreso por Lugo, Cristina Abades, e a avogada Rebeca Domínguez

Entre os asistentes estaban tamén a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, os cabezas de lista pola provincia de Lugo ao Congreso e o Senado, Francisco Conde e José Manuel Barreiro

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies