Skip to content

Alfonso Rueda: “Saímos a gañar en todas as cidades e non renunciamos absolutamente a nada. Esa é a marca do PP e o que representan os sete candidatos”

Hoxe, na presentación dos candidatos do PPdeG nas sete cidades, un acto que contou con máis de 1.300 asistentes

  • O presidente dos populares galegos afirma que o partido ten “os mellores equipos”, que levan meses “traballando, escoitando e tomando nota” do que lles din os veciños: “A política máis próxima é a que mellor sabemos facer e quedan sete meses para que a xente se convenza de que os nosos candidatos merecen a súa confianza”.

 

  • “Só vale gañar con maioría absoluta”, manifesta recoñecendo que non se resigna aos pactos de perdedores e explicando que gobernar consiste en “ser eficaces e útiles” e en cumprir cos programas electorais.

 

  • Declara que “son unha maioría os que queren ser veciños orgullosos das súas cidades, dentro dunha Galicia global que colabora entre ela e fóra de localismos absurdos que non fan máis que desgastar”.

OS SETE MELLORES CANDIDATOS

  • Pide aos candidatos que “pateen, escoiten, lideren, convenzan e sigan facendo o que están facendo”: “O PP ten que ser o partido de todos os barrios das sete cidades e do resto de concellos de Galicia”.

 

  • Insiste en ser a formación “dos veciños”, atendendo ás súas necesidades para marcar as prioridades do proxecto dos populares: “Non queren que perdamos o tempo en liortas de socios de goberno que pensan que a ideoloxía está por riba dos programas. Esa forma de facer política non vai co PP”.

 

  • “A valentía e a coherencia sempre teñen recompensa e a ti sóbranche esas calidades”, di sobre Marta Fernández-Tapias tras cuestionar os intentos de humillación que sofre a candidata en Vigo por parte do alcalde e do seu equipo, instalados na confrontación: “É un tipo de política que ten as horas contadas”.

 

  • Salienta a “empatía, proximidade e capacidade de escoita” de Miguel Lorenzo, incidindo na importancia de que A Coruña recupere “a potencia, o vangardismo e a condición de cidade sempre aberta”.

 

  • Lembra que Manuel Cabezas “nunca perdeu esa cara de alcalde eficaz que fixo cousas lexendarias en Ourense”, quen se presenta de forma “valente e decidida” para que a súa urbe volva ter “o prestixio e o lugar que nunca debeu perder”.

 

  • Remarca “a capacidade de traballo o tesón e a firmeza” de Elena Candia para cumprir os seus compromisos cos veciños: “É unha magnífica presidenta provincial, foi unha magnífica alcaldesa de Mondoñedo e agora dá un paso para ser a primeira alcaldesa do PP en Lugo”.

 

  • Indica que Rafa Domínguez leva catro anos traballando cun equipo unido “que non descansou un só día”. “Gústanos Pontevedra, pero Pontevedra non é patrimonio de ninguén, construímola entre todos”, di engadindo que hai que acabar coa “resignación, a autocomplacencia e a inercia”.

 

  • Agradece que José Manuel Rey volva optar á Alcaldía de Ferrol, recordando que a cidade “non pode agardar máis” para volver ter ao rexedor que máis traballou pola urbe e que, tras gañar “indiscutiblemente” as últimas eleccións, tivo que ver como “outros finxían que gañaban, pero non puideron finxir que gobernaban”.

 

  • “Santiago precisa un alcalde con brío e con empuxe como Borja Verea”, admite poñendo en valor o labor do candidato percorrendo os barrios “con humildade” co obxectivo de que Compostela volva “acelerarse”.

O MODELO DE ESTABILIDADE E RIGOR

  • Subliña a necesidade de aplicar en todas as cidades “o modelo de estabilidade e de rigor da Xunta de Galicia”, destacando que o Goberno galego ven de aprobar os Orzamentos máis altos e máis sociais da nosa historia “en tempo e forma”, deseñados para axudar aos cidadáns “con máis potencia e máis cartos que nunca”.

 

  • Asegura que Galicia seguirá baixando a débeda pública, atendendo aos que máis o precisan, apoiando aos emprendedores e baixando impostos. “Síntome lexitimado para pedir o mesmo ao resto de Administracións”, recalca esixindo ao Goberno central “seriedade e estabilidade” coa política fiscal.

 

  • “Xa basta de ter miles de millóns de euros estancados dos PERTE mentres hai proxectos en Galicia que crearían miles de postos de traballo e que seguen esperando por unha noticia que non chega. Xa está ben de propaganda”, resalta cuestionando a xestión do Executivo de Pedro Sánchez.

 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies