Skip to content

Apoio do Parlamento á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e actuacións nesta materia

 

Apoio do Parlamento á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ou solicitar do Goberno de España nesta materia.

A violencia contra as mulleres constitúe unha violación dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais que impide o total desenvolvemento dun Estado social e democrático de Dereito como o noso. Por ese motivo, os Poderes Públicos non podemos permanecer impasibles ante situacións de desigualdade e violencia por razón de xénero e a nosa obriga, polo tanto, é tomar decisións para erradicalas.

É indiscutible que Galicia leva anos promovendo políticas públicas e impulsando instrumentos legais para logralo, pero tamén para avanzar na supresión dos atrancos
que día a día impiden o pleno desenvolvemento das mulleres nas distintas esferas,combatendo, así, as diferentes expresións e as novas formas que adopta a violencia de xénero.

Neste sentido, cómpre destacar normas como a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que, nos últimos tempos, está a avanzar na tipificación doutras formas de violencia, como a violencia vicaria e a violencia dixital, á que se sumará proximamente o recoñecemento expreso da explotación sexual como violencia de xénero, tal e como recolle o proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta de Galicia de 2023.

A isto súmanse outras actuacións de carácter transversal como o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes ou o I Plan Galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual. Sen esquecer que a loita contra a violencia de xénero require da colaboración de todas administracións, incluídas, como non, as entidades locais, axentes de primeira liña na detección e actuación contra esta problemática.

Por ese motivo, a Xunta de Galicia e os concellos e mancomunidades galegas levan anos desenvolvendo marcos de colaboración interinstitucional para o impulso de actuacións conxuntas como a Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero ou a constitución e activación das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

Así pois, tendo en conta que a cooperación dos Poderes Públicos, administracións e sociedade no seu conxunto é clave para traballar arreo na prevención da violencia de xénero, na atención integral das vítimas e na súa erradicación completa  o Grupo
Parlamentario Popular de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia manifesta o seu apoio á conmemoración do Día Internacional

da Eliminación da Violencia contra a Muller e insta a Xunta de Galicia a:

1.  Colaborar coas Entidades Locais no ámbito da formación das e dos profesionais nos servizos de base municipais, nos Centros de Información á Muller, así como na ampliación e fortalecemento das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero á fin de informar axeitadamente sobre os recursos a disposición de todas as vítimas da violencia de xénero.
2. Seguir fomentando a Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, en colaboración ca Fegamp, así como proporcionar todo o apoio técnico necesario no ámbito da loita contra a violencia de xénero.
3.  Fomentar a extensión de novos Centros de Información á Muller, especialmente nos concellos de baixa densidade poboacional, prestando soporte técnico e económico no proceso de creación dos mesmos.
4.  Dirixirse ao Goberno de España para:

o Fomentar a coordinación no ámbito da igualdade e contra a violencia de xénero cos distintos Ministerios e departamentos competentes do Goberno de España e coas Comunidades Autónomas para impulsar as actuacións necesarias co obxecto de cumprir co mandato dos Convenios de Istambul e Varsovia, e coas medidas  recollidas  nos  acordos  da  Conferencia  Sectorial  de  Igualdade celebrada o pasado 22 de xullo de 2022.
o Que  dea  cumprimento  efectivo  ao  Pacto  de  Estado  contra  a  Violencia  de Xénero, impulsando as modificación lexislativas pendentes e adoptando as medidas recollidas neste Pacto en materia de prevención, detección e atención integral ás vítimas.
o Garantir un sistema de financiación estable, plurianual e con fondos suficientes

para afianzar todos os recursos humanos e técnicos necesarios na prestación dos servizos contra a violencia de xénero, cumprindo cos estándares de calidade, accesibilidade, adaptabilidade e non discriminación; dentro do marco de cooperación Estado-Comunidades Autónomas e baixo o acordo do futuro Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies