Santiago, 20 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a apertura dunha mesa de diálogo coa Xunta para rematar, aclarando o alcance da normativa sobre os espazos costeiros, coa situación de inseguridade xurídica á que o departamento de Costas do Estado somete á cadea mar-industria de Galicia.
O PPdeG afirma que “o constante incremento de usuarios é o mellor expoñente de que o Plan de Transporte Público de Galicia funciona ben”
Santiago, 19 de maio de 2022.- A deputada do Grupo Popular Begoña Freire afirmou hoxe no Parlamento galego que “o constante incremento dos usuarios é o mellor expoñente de que o Plan de Transporte Público de Galicia funciona ben”. Porén, lamentou que o Goberno central “estea atentando contra as necesidades de mobilidade dos galegos co seu proxecto de Lei de mobilidade sostible, coa desatención do ferrocarril e co novo mapa dos autobuses intercomunitarios”.
O PPdeG pedirá no Pleno que se exima da obriga de cotizar aos titulares de explotacións agrarias cando xa o fagan no Réxime Xeral ou de autónomos
Santiago, 18 de maio de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno central que restableza o réxime de excepcións vixente ata 2015 que excluía da obriga de cotizar como autónomo a aquelas persoas que teñan ingresos como titulares de explotacións agrarias cando non superen determinados limiares de renda e rendemento económico.
Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico
Demanda sobre a asunción polo Parlamento de Galicia do Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico asinado por trece gobernos autonómicos no marco do encontro Xacobeo 21-22 por un urbanismo responsable
O Parlamento demanda que o Goberno central incremente a porcentaxe do PERTE Nova Economía da Lingua para as propostas en galego
Santiago, 13 de maio de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que achegue unha porcentaxe significativa de investimentos públicos do PERTE Nova Economía da Lingua para o desenvolvemento de propostas que teñan a lingua galega como elemento fundamental no proceso de transformación dixital da sociedade, con especial atención aquelas iniciativas que estean centradas na aplicación da intelixencia artificial, como é o caso do Proxecto Nós e outras que poidan desenvolverse.
Pedro Puy salienta a “fortaleza” que lle da a Alfonso Rueda “a viabilidade das súas propostas realistas”
Santiago, 12 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe no Pleno de Investidura a “fortaleza” que lle da ao candidato Alfondo Rueda “a viabilidade dunhas propostas realistas, enmarcadas na tarefa de facer unha Galicia mellor para vivir, e contribuír con elo a facer de España un país mellor e de Europa unha unión máis perfecta”. “Os que te coñecemos desde hai moitos anos sabemos que reúnes os coñecementos, a experiencia, a vontade e o talante precisos para darlle continuidade ao proxecto inacabable de facer de Galicia un país mellor”, apuntou.
Desenvolvemento de proxectos de intelixencia dixital ao servizo da lingua galega
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Goberno de España para que a achega dunha porcentaxe significativa de investimentos públicos do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica Nova economía da lingua se empregue no desenvolvemento de proxectos de intelixencia dixital ao servizo da lingua galega
Puy cualifica o discurso de Alfonso Rueda como “acaído e que garante a estabilidade política de Galicia”
Santiago, 10 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe o discurso de investidura do candidato á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, como “acaído e que garante a estabilidade política da Comunidade galega”. As súas propostas “darán continuidade a unhas políticas que nos últimos anos teñen dado bos resultados, pero que, desde a moderación e o reformismo, van recibir un novo pulo”, manifestou.
Rueda aposta por manter a “normalidade excepcional” de Galicia e propón un proxecto baseado no traballo, as familias e o futuro
Santiago, 10 de maio de 2022.- O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, apostou hoxe por que Galicia siga sendo un referente de “normalidade excepcional” en España en termos de estabilidade institucional, económica e social. Para conseguilo, debullou as propostas e medidas do seu proxecto de goberno para os próximos anos, que se baseará no traballo, nas familias e no futuro.
Pedro Puy afirma que Rueda dará “un novo impulso ás políticas de éxito” dos gobernos do PPdeG
Santiago, 9 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o Pleno de investidura como Presidente da Xunta de Alfonso Rueda, que comeza mañá, permitirá contrastar “o novo impulso ás políticas de éxito” que o Partido Popular de Galicia vén desenvolvendo nos últimos anos á fronte do Goberno galego, “coa receita do nacionalismo do século XIX do BNG, aderezado con novas posturas de índole marxista, e a dependencia e defensa dos socialistas galegos do Goberno de Pedro Sánchez”.