Pedro Puy avoga por un equilibrio entre “non incrementar o gasto para conter a inflación e non conter o gasto para evitar a recesión”

Santiago, 3 de agosto de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe no debate de aprobación do teito de gasto da Xunta para 2023 no Parlamento galego por “un equilibrio entre non incrementar o gasto para conter a inflación e non conter o gasto para evitar recesión”. Así mesmo, amosou a disposición ao diálogo tanto na tramitación dos orzamentos como na aprobación do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030.

Continue reading

O Parlamento galego celebrará o 3 de agosto o Pleno extraordinario para a aprobación do teito de gasto para 2023

Santiago, 28 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia acollerá o vindeiro mércores, ás 11 da mañá, o Pleno extraordinario para a aprobación do límite de gasto non financeiro da Comunidade galega, segundo o se acordou hoxe na Xunta de Portavoces. O portavoz popular, Pedro Puy, subliñou que “estamos a falar dun procedemento normal en Galicia que da estabilidade e certeza para a recuperación da economía galega”.

Continue reading

O Grupo Popular garante a comparecencia do conselleiro do Medio Rural para falar de incendios cando remate o período de alto risco

Santiago, 28 de xullo de 2022.- A viceportavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, considerou hoxe na Deputación Permanente do Parlamento galego “unha irresponsabilidade” a comparecencia do conselleiro nestes momentos para informar sobre os incendios forestais, pero garantiu que esta comparecencia terá lugar unha vez remate o período de alto risco.

Continue reading

O Grupo Popular lamenta que o esforzo da Xunta no incremento das prazas MIR non sexa correspondido polo Goberno de España

Santiago, 27 de xullo de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, destacou esta tarde o extraordinario esforzo realizado pola Xunta na convocatoria de formación sanitaria especializada de este ano, na que a Comunidade galega incrementa un 45 por cento a súa oferta de prazas formativas para especialistas en medicina de familia ante o grave problema de déficit destes profesionais que está a sufrir toda España.

Continue reading