O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central priorice a fábrica de fibras téxtiles na provincia de Lugo e medidas para as electrointensivas

Santiago, 1 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular centrará as súas proposicións non de lei do Pleno da vindeira semana no sector industrial coa solicitude para que se dea prioridade á construción da primeira fábrica de fibras téxtiles de España na provincia de Lugo, para o que se reitera ao Goberno central a necesidade de establecer liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation; e reiterando a necesidade de que o Goberno de España adopte medidas en favor das industrias electrointensivas, principalmente rebaixando o prezo da luz.

Continue reading

Pedro Puy cualifica de “torticeiro e curioso” o uso que fai o Goberno central dos recursos que recibe Galicia

Santiago, 31 de xaneiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe o “uso torticeiro e curioso que fai o Goberno de España dos recursos que recibe a Comunidade galega”, como é a devolución da mensualidade do IVE de 2017 consecuencia da sentenza do Tribunal Supremo ou as habituais entregas a conta ás comunidades que figuran na Lei de financiamento autonómico.

Continue reading

O PPdeG demanda ao Goberno central que reasigne a Galicia os 70 millóns dos fondos de rescate non executados pero cunhas condicións de acceso máis sinxelas

Santiago, 31 de xaneiro de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe ao Goberno central que reasigne á Comunidade galega os 70 millóns de euros que quedaron sen executar dos dous últimos plans de rescate deseñados polo Goberno central, “pero cunhas condicións de acceso máis sinxelas para que os cartos cheguen aos empresarios e autónomos que o necesitan”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España e Alcoa a reactivación da planta de San Cibrao

Santiago, 26 de xaneiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención do BNG, a través da que se demanda un compromiso claro por parte do Goberno de España e da empresa Alcoa que garanta a reactivación da planta de San Cibrao canto antes. A viceportavoz popular, Elena Candia, insistiu que “necesitamos un prezo da enerxía eléctrica competitivo para que se siga producindo aluminio primario na Mariña, unha actividade que o Goberno central considerou esencial durante a pandemia”.

A iniciativa parlamentaria inclúe, ademais, a solicitude ao Goberno galego para que siga traballando co mesmo espírito construtivo ao lado dos traballadores, achegándolles todos os apoios necesarios.

INICIATIVAS EMPRESARIAIS PRIORITARIAS

Así mesmo, pídese que se adapten as medidas oportunas para considerar como iniciativas empresariais prioritarias os proxectos regulados na Lei 8/2009, de 22 de decembro, que conten con permiso de acceso e conexión firme e vixente, cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo, garantindo polo menos o 50 por cento do consumo de enerxía cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial no territorio da Comunidade galega, vinculando estes proxectos ao centro de traballo determinado do que se trate.

Elena Candia asegurou que “a paralización da produción de aluminio en Alcoa non é unha boa noticia” e afirmou que é consecuencia dunha “política enerxética do Goberno de España totalmente equivocada, que está xerando un desmantelamento do tecido industrial e empresarial en España, pero que afecta especialmente á Galicia”.

REACTIVAR AS CUBAS CANTO ANTES

“É o momento de que o Goberno de España e Alcoa se impliquen realmente para reactivar as cubas canto antes, sen esperar a 2024, adoptando as medidas necesarias para poder contar cun prezo eléctrico competitivo e levar a cabo os investimentos comprometidos para reactivar a única planta en España que produce aluminio primario”, dixo a viceportoz popular.

Candia lamentou que o BNG “viñera hoxe ao Parlamento galego con contos que só supoñen unha falta de respecto para os traballadores de Alcoa, cando o que se precisa é mirar cara ao futuro e dicirlles ás familias que vai haber un compromiso serio e de futuro para que se volva producir aluminio primario cun prezo competitivo da electricidade”.

O Grupo Popular demanda a BNG e PSdeG que reclamen ao Goberno de Pedro Sánchez os 90 millóns que lle recortou este ano á educación galega

Santiago, 25 de xaneiro de 2022.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego a BNG e PSdeG que “reclamen ao Goberno de Pedro Sánchez os 90 millóns de euros que lle recortou ao sistema educativo galego neste curso ao anular a orde de axudas de fondos Covid-19 para educación”.

Continue reading

O PPdeG sitúa o traballo realizado polo Issga durante a pandemia como “un factor determinante na boa xestión da Covid-19 en Galicia”

Santiago, 25 de xaneiro de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o traballo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) durante a pandemia, facilitando guías, instrucións e asesoramento técnico sobre o xeito de facer os centros de traballo máis seguros, “foi un factor determinante na boa xestión da Covid-19 en Galicia”.

Continue reading