Ampliación do programa de apoio ao Xacobeo mediante a extensión das desgravacions fiscais ata o 31 de decembro de 2023

O Xacobeo 21·22 debe ser un poderoso motor de recuperación socioeconómica para Galicia que aproveite os recursos de cada lugar para achegar riqueza a todo o territorio. Todo isto, impulsando a cohesión e primando a sustentabilidade, a excelencia, a calidade e a diversidade de públicos, factores que xa veñen caracterizando ao turismo galego dos últimos anos.

Continue reading

O PPdeG amosa a disposición da Xunta a trasladarse da xunqueira de Alba sempre que se lle oferten unhas novas dependencias consensuadas e libres de gastos

Santiago, 19 de xaneiro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta está disposta ao traslado das súas instalacións na marisma do Alba en Pontevedra, pero apuntou que “corresponde ao Concello ou á administración titular destes terreos ofertar á administración galega unhas novas dependencias, nun emprazamento consensuado e asumindo os custes de construción e traslado”.

Continue reading

Elena Suárez acusa a BNG e PSdeG de “falsear a realidade” sobre a situación do marisqueo na ría de Arousa

Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- A deputada do Grupo Popular, Elena Suárez, acusou hoxe a BNG e PSdeG de realizar un “deliberado falseamento da realidade” sobre a situación do marisqueo na ría de Arousa, xa que “a Xunta xa está levando a cabo actuacións dirixidas á calidade medioambiental con diagnose da situación; investigación científica das causas e adopción de medidas; investimentos en saneamento; axudas aos afectados para paliar a perda de ingresos; e reunións constantes co sector para consensuar as medidas a adoptar”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas para paliar o impacto da suba da luz nas empresas de industria do mar

Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España unha liña de actuación específica destinada a paliar o impacto da suba do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar, ao tempo que se pide á Xunta que manteña as axudas destinadas a empresas de transformación e acuicultura para proxectos de mellora da eficiencia enerxética.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno a extensión das desgravacións fiscais para o Xacobeo e a reactivación da planta de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España amplíe o programa de apoio ao Xacobeo 21-22 mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023. Así mesmo, solicitará que o Goberno central e Alcoa garantan a reactivación da planta de San Cibrao canto antes, ao tempo que se establece un marco enerxético competitivo para garantir o futuro da produción de aluminio primario.

Continue reading