O Grupo Popular demandará no Pleno o apoio á Constitución e ao Estatuto de Autonomía, así como rexeitar as iniciativas en favor da independencia

Santiago, 16 de decembro de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana o apoio de BNG e PSdeG a unha proposición non de lei na que se manifesta, ao cumprirse o 40 aniversario da constitución do primeiro parlamento democrático de Galicia, o compromiso e apoio á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía, e o rexeitamento a calquera iniciativa que promova a independencia de Galicia ou de calquera comunidade autónoma.

Continue reading

O Grupo Popular avoga por desenvolver unha estratexia de conservación, restauración e promoción das pesqueiras do río Miño

Santiago, 15 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro avogou hoxe no Parlamento porque a Xunta busque as ferramentas axeitadas para desenvolver unha estratexia de conservación, restauración, promoción e dinamización das pesqueiras do río Miño, en colaboración coa AECT río Miño; cos concellos de Arbo, As Neves, Salvaterra e Crecente; e co tecido social relacionado co patrimonio e a actividade pesqueira.

Continue reading

Borja Verea acusa ao PSdeG de facer no Parlamento “un lavado de imaxe e de mala conciencia” ante o abandono dos socialistas a Compostela

Santiago, 14 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Borja Verea cualificou hoxe de “lavado de imaxe e de mala conciencia”, ante o abandono dos gobernos socialistas a Compostela, a emenda aos orzamentos da Xunta para 2022 defendida polo PSdeG, que demanda 1,5 millóns de euros para a cidade de Santiago, “cando a Xunta xa prevé un investimento de 160 millóns de euros para o Xacobeo, onde esta cidade é a principal protagonista”. “Deberían comezar defendendo e apoiando a Santiago alí onde gobernan, desde o Concello e desde a Moncloa, porque onde goberna o PPdeG xa é unha prioridade”, manifestou.

Continue reading

A Comisión 3ª remata a tramitación dos orzamentos para 2022, que quedan pendentes da súa aprobación definitiva no Pleno da vindeira semana

Santiago, 14 de decembro de 2021.- O proxecto de orzamentos da Xunta para 2022 remataron esta mañá a súa tramitación en Comisión co que quedan pendentes do seu debate definitivo na vindeira sesión plenaria para a súa aprobación. O portavoz popular, Pedro Puy, salientou que “son os axeitados á situación que vivimos na actualidade” e lamentou que “BNG e PSdeG propoñan sempre o mesmo, con independencia da situación na que nos atopemos: subir impostos”

Continue reading

Puy destaca a incorporación nos orzamentos para 2022 de rebaixas no IRPF, axudas para a compra de vivenda para a mocidade ou compensacións para a obra pública

antiago, 13 de decembro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2022, que entre hoxe e mañá rematarán a súa tramitación en Comisión para a súa aprobación definitiva no Pleno da vindeira semana, incorporarán “modificacións importantes como unha nova rebaixa do imposto da renda, a creación da categoría de facultativo especialista en atención primaria, compensacións pola falta ou incremento dos prezos nos materiais das obras públicas, reducións das peaxes autonómicas ou axudas para a compra de vivendas para os menores de 35 anos.

Continue reading