Santiago, 22 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que manifeste, nas negociacións dos trílogos do Regulamento de control da pesca 1224/2009 que se están a levar a cabo en Bruxelas, o rexeitamento ás medidas contempladas no mesmo, especialmente as referentes á pesca costeira artesanal e, de forma específica, as referidas á obrigatoriedade de instalar cámaras a bordo, o diario electrónico de pesca na frota artesanal e a xeolocalización en barcos de máis de catro metros de eslora.
O Grupo Popular defende a frontal oposición da Xunta ao decreto do Goberno central que suprime os exames de recuperación
Santiago, 22 de decembro de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, considerou “lexítimo” que a Xunta de Galicia teña unha frontal oposición ao cambio de regras do xogo que supón o Real-Decreto 984/2021 polo que se regulan a avaliación e a promoción na educación primaria, secundaria, o bacharelato e a formación profesional.
O Grupo Popular critica que os socialistas traian a debate propostas sobre transparencia e corrupción que xa están aprobadas e en execución
Santiago, 22 de decembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Grupo Socialista “traia unha iniciativa para o seu debate sobre transparencia e loita contra a corrupción e todo aquilo que pide xa está aprobado e en execución”.
O Pleno do Parlamento galego aproba os orzamentos da Xunta para 2022
Santiago, 21 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos da Xunta para 2022, unhas contas “expansivas, sociais e axeitadas á incerteza da situación actual, dirixidas a fomentar o investimento das empresas e das familias, e favorecer a recuperación social e económica”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
O Grupo Popular salienta que o colectivo LGTBI goza dunha discriminación positiva para facilitar a súa inserción laboral
Santiago, 21 de decembro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego “o claro impulso que o Goberno galego está a dar para incentivar a contratación das persoas LGTBI cos programas de empregabilidade, cunha clara discriminación positiva para facilitar a súa inserción laboral”.
O Grupo Popular acusa ao BNG de “inducir ao medo á poboación e ocultar a realidade da regulación” do sector eólico en Galicia
Santiago, 21 de decembro de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, acusou hoxe ao BNG de facer “un xogo moi sucio e falaz cun sector clave para o desenvolvemento de Galicia, como é o eólico, baixo dúas premisas: inducir ao medo á poboación galega e ocultar a realidade da regulación deste sector en Galicia”.
Feijóo presenta o vídeo de Nadal do PPdeG no que a Galicia de hoxe dá a benvida á Galicia do mañá
A mensaxe agradece aos que axudaron e axudan a facer da Comunidade ese gran lugar familiar e acolledor que desfrutarán os galegos do futuro
O Grupo Popular proporá no Pleno que o Parlamento galego renove o seu compromiso e apoio á Constitución e ao Estatuto de Autonomía
Santiago, 20 de decembro de 2021.- O Grupo Popular proporá no Pleno desta semana que o Parlamento galego renove o seu compromiso e apoio á vixente Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia, rexeitando calquera iniciativa que promova a independencia de Galicia ou de calquera outra comunidade autónoma.
Feijóo pide “unidad y humildad” para construir en Vigo una alternativa competitiva para 2023
Afirma que la Xunta ha apostado más que nadie por el progreso y bienestar de la urbe, defendiendo su industria y mejorando sus servicios
Feijóo reivindica a serenidade do PPdeG para facer política e para lograr unha España distinta, que recupere a seguridade en si mesma
Destaca a unidade e a capacidade de decisión do Goberno autonómico e resalta a cordialidade dunha Galicia que sempre aproba as contas a tempo