O PPdeG rexistra a petición de máis examinadores de Tráfico para que cese o colapso e listas de agarda en Galicia

Santiago, 20 de agosto de 2021- O Grupo Parlamentario Popular ven de rexistrar hoxe no Parlamento unha iniciativa encamiñada a solicitar ao Goberno de España que convoque de xeito urxente un proceso selectivo que permita cubrir as prazas de examinadores de Tráfico vacantes na Comunidade Autónoma de Galicia, para atender as graves carencias de persoal que sofren as catro Xefaturas Provinciais de Tráfico galegas.

Continue reading

Paula Prado sinala os “pequenos pasos pero grandes avances” no período de sesións no ámbito da igualdade e a lacra da violencia de xénero

Santiago, 9 de agosto de 2021- A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado fixo balance hoxe en rolda de prensa dos “pequenos pasos pero grandes avances” que se deron neste período de sesións no Parlamento no ámbito da igualdade e do seu máis cruel expoñente da súa falta como é a lacra da violencia de xénero na nosa sociedade.

Continue reading

O Grupo Popular solicita o impulso á tecnoloxía 5G no rural galego e nas infraestruturas e polos estratéxicos da Comunidade

Santiago, 9 de agosto de 2021- A viceportavoz do Grupo Popular Elena Candia presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa encamiñada a que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para que concrete e priorice as medidas na Estratexia de Impulso da Tecnoloxía 5G que permitan incentivar o despregamento desta tecnoloxía nas poboacións de menor tamaño e no medio rural, así como aquelas infraestruturas, polos industriais e de coñecemento estratéxicos da Comunidade Autónoma.

Continue reading

Pedro Puy salienta que a aprobación do teito de gasto para 2022 é “unha mostra máis da normalidade democrática que vivimos en Galicia”

Santiago, 3 de agosto de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2022, aprobado hoxe polo Pleno do Parlamento galego, é “realista, prudente e axustado a todas as previsións autonómicas, nacionais e internacionais; e unha mostra da normalidade democrática que vivimos en Galicia, algo que creemos que é importante no momento político que está a vivir España”. Neste sentido, afirmou que “expansión non é só investir máis, senón tamén baixar impostos, como o están a facer en Europa”.

Continue reading

Tellado salienta que o Goberno de Pedro Sánchez “sempre acaba dando a razón a Galicia, antes de que os tribunais o obriguen a facelo”

Santiago, 2 de agosto de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, afirmou hoxe que a retirada do recurso presentado polo Goberno central á reforma da Lei galega de saúde, xunto á sentenza do Tribunal Constitucional que avalía esta modificación lexislativa, “volveu demostrar que o Goberno de Pedro Sánchez sempre acaba dándonos a razón, antes de que os tribunais o obriguen a facelo”.

Continue reading

Pedro Puy salienta o “intenso traballo” realizado no Parlamento neste ano, coas prioridades na loita contra a Covid-19 e a recuperación económica

Santiago, 26 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo hoxe un balance da actividade do Parlamento galego neste primeiro ano da XI Lexislatura e salientou o “intenso traballo” desenvolvido, mantendo a normalidade democrática e a capacidade de impulso e control por parte da oposición. Así mesmo, subliñou que “as prioridades foron a loita contra a pandemia, tanto no ámbito sanitario como no económico, e o proceso de recuperación económica e aceleración das reformas, que se ve en moitas dos textos lexislativos aprobados”.

Continue reading

Pedro Puy cualifica de “sorprendente” e “incongruente” que a oposición votara en contra do ditame da Comisión de Reactivación, cando non se opuxo ao 72% das propostas

Santiago, 19 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “sorprendente” e “incongruente” o voto en contra dos grupos da oposición ao conxunto do ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, cando o BNG só se opuxo ao 28 por cento das propostas e o PSdeG se abstivo en todas as votacións parciais.

Continue reading