O Grupo Popular demanda á SAREB que desista da súa intención de desaloxar a 16 familias en Burela

Santiago, 17 de xaneiro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, defendeu hoxe ás 16 familias de Burela ameazadas de desaloxo por parte da SAREB e demandou ao Goberno de España que evite esta actuación da sociedade pública nun inmoble cualificado como de protección autonómica ata o ano 2029. “A solución pasa porque a SAREB reconsidere o seu criterio e permita a prolongación dos contratos de alugueiro”, indicou.

Continue reading

Pedro Puy avanza a comparecencia do conselleiro de Sanidade no primeiro Pleno do novo período de sesións para informar da Covid-19

Santiago, 13 de xaneiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o conselleiro de Sanidade comparecerá no primeiro pleno ordinario do período de sesións para informar sobre a evolución da pandemia da Covid-19 e o seu impacto na atención primaria, “seguindo coa súa liña de transparencia respecto das actuacións que se levan a cabo nesta pandemia sanitaria”.

Continue reading

Os expertos da Comisión de Financiación coinciden en rexeitar o documento presentado polo Goberno central sobre poboación axustada

Santiago, 12 de xaneiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou que os dous expertos que compareceron hoxe na Comisión de estudo sobre o financiamento autonómico “coincidiron en rexeitar o documento presentado recentemente polo Goberno central sobre financiación, xa que os axustes que contempla na definición da poboación axustada prexudicarían notablemente a Galicia ao minusvalorar o criterio da dispersión da poboación”.

Continue reading

Comezan as comparecencias na Comisión sobre financiamento, con demandas de mellora do modelo vixente

Santiago, 11 de xaneiro de 2022.- A Comisión de estudo sobre a reforma do sistema de financiamento do Parlamento galego comezou hoxe a súa fase de comparecencias de expertos coa presenza de María Cadaval e Elena Muñoz, que coincidiron en demandar un novo modelo transparente, predicible e sen partidismos, ao tempo que aseguraron que o sistema de cupo sería prexudicial para Galicia.

Continue reading