Pedro Puy salienta o “intenso traballo” realizado no Parlamento neste ano, coas prioridades na loita contra a Covid-19 e a recuperación económica

Santiago, 26 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo hoxe un balance da actividade do Parlamento galego neste primeiro ano da XI Lexislatura e salientou o “intenso traballo” desenvolvido, mantendo a normalidade democrática e a capacidade de impulso e control por parte da oposición. Así mesmo, subliñou que “as prioridades foron a loita contra a pandemia, tanto no ámbito sanitario como no económico, e o proceso de recuperación económica e aceleración das reformas, que se ve en moitas dos textos lexislativos aprobados”.

Continue reading

Pedro Puy cualifica de “sorprendente” e “incongruente” que a oposición votara en contra do ditame da Comisión de Reactivación, cando non se opuxo ao 72% das propostas

Santiago, 19 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “sorprendente” e “incongruente” o voto en contra dos grupos da oposición ao conxunto do ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, cando o BNG só se opuxo ao 28 por cento das propostas e o PSdeG se abstivo en todas as votacións parciais.

Continue reading

O Parlamento demanda incorporar máis vantaxes ao Carné Xove

Santiago, 15 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda á Xunta que continúe incorporando máis vantaxes ao Carné Xove para seguir promovendo entre as novas xeracións descontos no ámbito cultural, no aloxamento, nos transportes, no comercio ou no ensino.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que retire o recurso contra a Lei de saúde de Galicia

Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a través da que se solicita ao Goberno central que retire o recurso interposto contra a reforma da Lei de saúde de Galicia e a petición de suspensión da vixencia do artigo impugnado xa que supón un agravio comparativo respecto do decreto-lei aprobado polo Goberno de Baleares con contidos idénticos e ante o que non ten adoptado medida algunha.

Continue reading