Santiago, 16 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento acusou hoxe no Parlamento ao PSdeG de “pouco respecto” aos técnicos, tanto da Consellería do Mar como das propias confrarías “por desprezar os informes e estudos que realizan periodicamente sobre a evolución dos lombos do Ulla, unha das zonas sometidas ao maior seguimento mariño de toda Galicia”.
O Grupo Popular critica que o BNG “insista en que a Xunta incumpra a súa obriga de tramitar proxectos eólicos en Ourense e Lugo”
Santiago, 16 de marzo de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, criticou hoxe no Parlamento que o BNG “insista en que a Xunta incumpra a súa obriga de tramitar os proxectos de parques eólicos no oriente ourensán e no sur de Lugo cumprindo sempre a normativa ambiental e sectorial vixente”.
Iniciativa para garantir a viabilidade da industria naval por medio do mecanismo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation
Iniciativa sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia instando o Goberno de España a garantir a viabilidade da industria naval por medio do mecanismo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation e a reclamación ante a Unión Europea da garantía do principio de igualdade na recepción das axudas
Demanda da apertura de máis pasos fronteirizos entre España e Portugal
Iniciativa sobre a demanda por parte do Goberno galego da apertura de máis pasos fronteirizos entre España e Portugal
Ampliación do programa de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021 ata decembro do 2023
Iniciativa sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a ampliación do programa de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021
O Grupo Popular insistirá no Pleno na esixencia para que o Goberno central encargue a construción dun BAM nos estaleiros de Navantia en Ferrol
Santiago, 16 de marzo de 2021.- O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana na esixencia ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada Española que dea carga de traballo inmediata nos estaleiros de Navantia en Ferrol. Así mesmo, solicitará ao Goberno de España a redución do IVE do 21 ao 10 por cento en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.
Pazos cualifica de “escandaloso” que o PSdeG “esixa no Parlamento a mellora da Avenida Mendiño de Redondela, cando desde o Concello e o Ministerio torpedearon esta obra durante meses”
Santiago, 16 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos cualificou de “escandaloso” que os deputados socialistas “se atrevan a esixir no Parlamento a sinatura inmediata do convenio para a remodelación da Avenida Mendiño de Redondela, cando tanto o Concello como o Ministerio de Transición Ecolóxica gobernados polo PSOE torpedearon esta actuación durante meses”.
Pedro Puy critica que para o Goberno central “sempre aparece algún criterio que fai que Galicia reciba por baixo do que lle corresponde”
Santiago, 15 de marzo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, ao cumprirse un ano do primeiro confinamento motivado pola expansión da Covid-19, que a situación actual da pandemia “nos pode facer sentir tranquilos sobre a evolución futura, responsables seguindo as indicacións dos expertos e satisfeitos porque o proceso se poida desenvolver ben pola profesionalidade do persoal sanitario, a capacidade de organización da administración e o propio civismo da sociedade, que acode ás vacinas dun xeito responsable e sen incidentes”.
Demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co actual bloqueo da comercialización das capturas de marraxo
Iniciativas do Grupo Popular sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co actual bloqueo da comercialización das capturas de marraxo
O Grupo Popular solicita que a modificación da LOREG inclúa un sistema para facilitar o voto dos mariñeiros embarcados
Santiago, 13 de marzo de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei a través da que traslada ao Goberno de España a necesidade de incluír na modificación da LOREG o establecemento dun sistema que permita aos mariñeiros embarcados durante un proceso electoral exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías.