O PPdeG apoia no Parlamento que a Xunta adopte medidas para evitar o traslado do centro de Naturgy a Madrid

Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que adopte todas as medidas ao seu alcance para evitar o traslado do centro operativo de rede norte de Naturgy a Madrid, ao tempo que se obriga á empresa, como primeiro subministrador eléctrico de Galicia, a garantir a calidade do seu subministro eléctrico en toda a Comunidade galega.

Continue reading

O PPdeG critica que o PSdeG pretenda que o Goberno galego prevarique e incumpra a lei co proxecto de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo

Santiago, 3 de marzo de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, acusou hoxe ao PSdeG de “pretender que o Goberno galego prevarique e incumpra a lei emitindo unha declaración de impacto ambiental negativa sen avaliación e sen terse recibido aínda o expediente” sobre o proxecto de liña de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo ata a subestación do polígono de Morás en Arteixo.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana o traspaso a Galicia da xestión do dominio público marítimo terrestre

Santiago, 2 de marzo de 2021.- O Grupo Popular demandará ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana o traspaso a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo terrestre. Así mesmo, solicitará á Xunta a elaboración do III Programa de Muller e Ciencia, unha vez avaliado a segunda edición desta iniciativa entre os anos 2016 e 2020.

Continue reading

Pedro Puy pide “responsabilidade” para cumprir as normas da desescalada e “non haxa que volver atrás nas decisións adoptadas”

Santiago, 1 de marzo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo hoxe un chamamento á responsabilidade de todos os galegos para cumprir as normas de comportamento neste momento de desescalada e “non haxa que volver atrás nas decisións que se están adoptando para volver paulatinamente á normalidade”. Así mesmo, respecto do aniversario da primeira vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións galegas, manifestou que “en conxunto as cousas de fixeron razoablemente e así o avaliou en tres ocasións máis o pobo galego”, salientando as transformacións realizadas no tecido produtivo e social galego, así como o reforzamento dos servizos sanitarios e sociais.

Continue reading