O Grupo Popular solicita que a modificación da LOREG inclúa un sistema para facilitar o voto dos mariñeiros embarcados

Santiago, 13 de marzo de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei a través da que traslada ao Goberno de España a necesidade de incluír na modificación da LOREG o establecemento dun sistema que permita aos mariñeiros embarcados durante un proceso electoral exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha solución para o profesorado técnico de FP afectado pola nova Lei de Educación

Santiago, 12 de marzo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co PSdeG, a través da que se rexeita o recollido na nova Lei de Educación respecto do profesorado técnico de FP e demanda ao Goberno central que negocie, no seo da Mesa estatal de Educación, unha solución para este profesorado dentro da nova Lei de formación profesional ou no futuro estatuto público docente.

Continue reading

O PPdeG afirma que a fiscalización do Consello de Contas acredita que unha boa xestión económica permite mellorar o benestar dos galegos

Santiago, 11 de marzo de 2021.- O deputado popular José Manuel Rey salientou hoxe no Parlamento que o Consello de Contas verifique na súa fiscalización da Conta Xeral de Galicia de 2018 que “a información rendida é completa; reflicte a imaxe fiel do patrimonio, resultados e liquidación do orzamento; e ofrece a información necesaria para comprobar a situación financeira da Administración”. “Unha boa xestión económica permitiranos seguir mellorando o benestar dos galegos, con maiores investimentos en sanidade, educación e servizos sociais, como acreditan os informes de fiscalización”, indicou.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que a reagrupación dos centros de ensino de Begonte “resultará beneficiosa para o alumnado”

Santiago, 9 de marzo de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, asegurou hoxe no Pleno que a unión dos centros de ensino de Baamonde e Virxe do Corpiño no concello de Begonte “resultará beneficiosa para o alumnado, xa que poderá crearse un aula para cada nivel educativo mellorando o funcionamento do centro, compatibilizando a racionalización da oferta educativa e o uso eficiente dos recursos coa calidade do ensino”.

Continue reading