A modificación da Lei de saúde de Galicia impulsada polo Grupo Popular inicia a súa tramitación parlamentaria no Pleno da vindeira semana

Santiago, 1 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia iniciará a vindeira semana, co seu debate de totalidade en Pleno, a tramitación da proposición de lei rexistrada polo Grupo Popular de modificación da Lei de saúde de Galicia, coa que se facilitan as intervencións sanitarias nos casos de pandemia, se poñen límites e garantías a estas actuacións, e se definen as condutas que serán obxecto de infracción en situacións de crise sanitaria. Así mesmo, o Grupo Popular demandará na sesión plenaria da vindeira semana que o Goberno central transfira a Galicia a xestión do ingreso mínimo vital e que presente os proxectos, co financiamento previsto e necesario, para o taller de subbloques e a transformación do Estaleiro 4.0 na ría de Ferrol.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, salientou o “marcado carácter lexislativo” da sesión plenaria da vindeira semana, na que, ademais da proposición de lei de modificación da Lei de saúde, tamén se debaterá a totalidade de dous novos proxectos de Lei: o de museos e outros centros museísticos de Galicia; e o de residuos e solos contaminados.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que Galicia conta cun modelo de bilingüismo cordial totalmente normalizado

Santiago, 27 de novembro de 2020.- A portavoz de Política Lingüística do Grupo Popular, Sandra Vázquez, incidiu hoxe no Parlamento que “en Galicia non existe ningún conflito lingüístico” e salientou que “contamos dun modelo de bilingüismo cordial totalmente normalizado, un modelo integrador que busca a convivencia entre as linguas cooficiais en condicións de igualdade, ao tempo que se promove a aprendizaxe de linguas estranxeiras e un aproveitamento intenso co outro gran tronco lingüístico común que é a lusofonía”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que Galicia conta cun modelo de bilingüismo cordial totalmente normalizado

Santiago, 27 de novembro de 2020.- A portavoz de Política Lingüística do Grupo Popular, Sandra Vázquez, incidiu hoxe no Parlamento que “en Galicia non existe ningún conflito lingüístico” e salientou que “contamos dun modelo de bilingüismo cordial totalmente normalizado, un modelo integrador que busca a convivencia entre as linguas cooficiais en condicións de igualdade, ao tempo que se promove a aprendizaxe de linguas estranxeiras e un aproveitamento intenso co outro gran tronco lingüístico común que é a lusofonía”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda á Xunta seguir coas melloras nas infraestruturas do Conservatorio de Música de Pontevedra

Santiago, 27 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción realizada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que insta á Xunta a seguir coas melloras nas infraestruturas do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, continuando coas adaptacións das ventás exteriores para mellorar a ventilación e seguridade do centro no menor espazo de tempo e avaliar as necesidades técnicas do centro para dar cumprimento aos protocolos e plans anti-covid.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a cesión ou doazón dos terreos para o traslado da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro

Santiago, 27 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a cesión ou doazón, á maior brevidade, dos terreos e instalacións do antigo colexio de Celeiro en Viveiro para iniciar as obras de acondicionamento do mesmo e trasladar alí a Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza.

Continue reading

O PPdeG salienta que a Xunta investirá este ano 162 millóns de euros para atender as necesidades na educación con motivo da Covid-19

Santiago, 27 de novembro de 2020.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, salientou hoxe no Parlamento que a Xunta investirá este ano arredor de 162 millóns de euros para atender as demandas derivadas da pandemia sanidade no ensino galego, dos que 94 millóns destinaranse á incorporación de recursos humanos, 43,5 a obras e equipamentos, e os 25 restantes para a mellora dos servizos prestados.

Continue reading

O Parlamento pide ao Goberno de España que garanta a protección dos orfos e orfas por violencia de xénero

Santiago, 25 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España que realice de forma urxente as modificacións lexislativas necesarias para garantir a protección dos orfos e orfas por violencia de xénero naquelas situacións que, após a aplicación da Lei 3/2019, quedan sen contemplar. Así mesmo, pídese á Xunta que reforce as axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero co obxecto de garantir que o feito causante supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos.

Continue reading