O Grupo Popular subliña que a Xunta carece de competencias para regular o réxime xurídico dos arrendamentos

Santiago, 2 de febreiro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro criticou hoxe no Parlamento galego que o BNG pretenda “enganar aos galegos cunha proposición non de lei trampa” a través da que solicitan que a Xunta elabore unha nova lei que permita a modificación excepcional dos contratos de arrendamento de locais de negocios cuxa actividade fose limitada como consecuencia da pandemia.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno a supresión da norma que pon en risco a actividade do sector mar-industria

Santiago, 2 de febreiro de 2021.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se demanda a supresión do artigo do proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética que afecta ao prazo de duración das concesións de dominio público marítimo-terrestre recollido na Lei de costas; e se solicita á empresa Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da planta de As Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo co obxectivo de atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro desta planta.

Continue reading

Pedro Puy asegura que en Galicia non se vacina máis rápido porque non dispón das doses necesarias

Santiago, 1 de febreiro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que “calquera insinuación que diga que Galicia non vacina máis rápido por outro motivo que non sexa que non dispón das vacinas é completamente irreal e falsa”. “Se non chegan as vacinas, porque hai problemas no subministro ou cos contratos da Unión Europea, non é culpa de Galicia”, asegurou.

Continue reading