Santiago, 10 de novembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade galega correspondente a 2017 elaborada polo Consello de Contas, na que se pon de manifesto que “a Xunta rende contas en prazo, paga o que debe e non gasta máis do que ten”, sinalou o deputado popular José Manuel Rey.
Pedro Puy afirma que o teito de gasto “incrementa as certezas e traslada unha mensaxe de confianza”
Santiago, 10 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Pleno que a aprobación do teito de gasto de Galicia para 2021 “contribúe a incrementar as certezas e traslada unha mensaxe de confianza á sociedade, que sabe que a Xunta non vai deixar a ninguén atrás”.
Pedro Puy cualifica o teito de gasto para 2021 como “realista” para impulsar a recuperación económica e ás demandas dos sectores afectados
Santiago, 9 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe o teito de gasto, que mañá se debaterá e aprobará no Pleno do Parlamento, de “realista” co que a Xunta “intenta dar resposta con recursos para a recuperación da economía, ás demandas sociais e permitir a posta en marcha de medidas directas de axuda aos sectores afectados pola pandemia”. Respecto das axudas á hostalería, Puy sinalou que as anunciadas pola Xunta son “significativas”, pero demandou maior implicación tanto do Goberno central como dos concellos na rebaixa de impostos como o IVE ou o IBI.
O Grupo Popular afirma que a Xunta asumirá o vindeiro ano a xestión directa do programa de alugueiro de vivendas baleiras
Santiago, 6 de novembro de 2020.- A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou no Parlamento que a Xunta de Galicia asumirá o vindeiro ano a xestión directa do programa de alugueiro de vivendas baleiras, ao tempo que porá en marcha un programa específico de axudas ao alugueiro para menores de 35 anos, coa particularidade de que neste caso os alugueiros serán con opción de compra ata o quinto ano mantendo o prezo da vivenda establecido no contrato de arrendamento.
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España un impulso decidido á saída sur de Vigo
Santiago, 6 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención do Partido Socialista, a través da que se demanda ao Goberno de España o impulso decidido á saída sur de Vigo, unha actuación estratéxica que ten acreditada a súa rendibilidade económica e social.
O PPdeG pide a todas as administracións a mesma implicación coa hostalería e co turismo que ten a Xunta
Tellado contrapón a resposta sensata do Goberno galego coa do BNG, que pide o peche de toda a actividade económica, e coa inacción total do PSdeG
O Grupo Popular apoia demandar que se axilice o calendario de inspeccións itinerantes para vehículos agrícolas
Santiago, 5 de novembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que axilice o calendario de inspeccións itinerantes para vehículos agrícolas, ao tempo que se pide ao Goberno central que amplíe a prórroga das inspeccións o tempo que faga falta como única maneira de asegurar que tractores e outra maquinaria circulen dentro da legalidade mentres agardan pola revisión.
O Parlamento galego demanda que a Xunta continúe executando o plan de monitorización do xabaril
Santiago, 5 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e os socialistas, a través da que se demanda á Xunta que continúe coa execución do plan de monitorización do xabaril para controlar e estabilizar a súa poboación, ao tempo que mantén as axudas por danos e medidas preventivas.
Iniciativa sobre a elaboración dunha estratexia de medicina personalizada e terapia celular avanzada no marco do futuro plan galego de oncoloxía
Iniciativa sobre a elaboración dunha estratexia de medicina personalizada e terapia celular avanzada no marco do futuro plan galego de oncoloxía
Iniciativa en relación coa rebaixa dos nivel e dos requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-2021 con independencia dos suspensos
Iniciativa en relación coa rebaixa dos nivel e dos requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-2021 con independencia dos suspensos