O Grupo Popular apoia demandar ao Goberno central a supresión do artigo da Lei de cambio climático que afecta ás concesións á beira do mar

Santiago, 15 de decembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación na Comisión 8ª do Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España a supresión de oficio do artigo 18 do actual proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética, así como a consensuar co sector mar-industria galego calquera modificación da lei de costas no referido á vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar.

Continue reading

Pedro Puy salienta que no vindeiro Pleno procederase á aprobación definitiva das dúas primeiras leis desta lexislatura

Santiago, 14 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que no Pleno da vindeira semana procederase á aprobación definitiva das dúas primeiras leis desta lexislatura, “dunha relevante lista de dez textos lexislativos que se están a tramitar na actualidade no Parlamento galego, que reflicten o ritmo e o traballo intenso que se está a facer”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda fórmulas para evitar os efectos negativos das restricións no paso da fronteira por motivos de saúde pública

Santiago, 11 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se demanda á Xunta para que impulse diante dos gobernos español e portugués o estudo de fórmulas para evitar os efectos negativos das restricións no paso da fronteira por motivos de saúde pública.

Continue reading

O Grupo Popular sitúa a nova lei de ordenación do territorio como o camiño para garantir a cohesión social e mellorar a calidade de vida

Santiago, 11 de decembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa afirmou hoxe que a nova Lei de ordenación do territorio, cuxo ditame foi aprobado hoxe na Comisión 2ª e queda lista para o seu debate definitivo en Pleno, “adáptase á evolución territorial de Galicia e á súa realidade actual, constituíndose como o camiño para garantir a cohesión social e mellorar a calidade de vida non só das xeracións presentes, senón tamén das futuras”.

Continue reading

Pedro Puy avoga por concluír a Comisión de investigación das caixas cun ditame obxectivo, documentado e baseado en datos certos

Santiago, 11 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosouse hoxe “con ganas de rematar o ditame da Comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galegas, unha vez que está moi clarexado o panorama xudicial”. Porén, afirmou que “a nosa prioridade fundamental neste momento é a Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia creada neste Parlamento e a aprobación duns orzamentos para 2021 que van permitir combater a pandemia sanitaria a curto prazo”.

Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno central a presentación dos proxectos, autorizacións e financiamento para o dique e o Estaleiro 4.0 de Ferrol

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Goberno de España a presentación dos proxectos, licencias e autorizacións, así como o financiamento previsto e necesario, para o taller de subbloques e para a transformación do Estaleiro 4.0 de Ferrol, especialmente no que se refire ao dique seco cuberto.

Continue reading

O Parlamento galego demanda por unanimidade ao Goberno central a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias

Santiago, 9 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, rexistrada polos tres grupos parlamentarios, a través da que se demanda ao Goberno central á creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente á que corresponda a un novo decreto de troncalidade.

Continue reading