O Grupo Popular fixa como un dos principais desafíos da sociedade galega reducir o máximo posible o impacto económico e social da Covid-19

Santiago, 14 de outubro de 2020.-  O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento que “o principal desafío que afronta na actualidade a sociedade galega, ademais do reto sanitario, é intentar reducir o máximo posible o impacto económico e social, moi especialmente no ámbito laboral”. Por este motivo, salientou a posta en marcha da Axenda Emprego 2021 por parte da Xunta de Galicia, cun orzamento próximo aos 200 millóns de euros e que prevé beneficiar a máis de 65.000 galegos.

Continue reading

O PPdeG demandará no Pleno a modificación da Lei de saúde para actuar ante a Covid-19 e a reposición dos servizos de tren suprimidos

Santiago, 13 de outubro de 2020.-  O Pleno do Parlamento da vindeira semana debaterá sendas propostas do Grupo Popular e do BNG para a constitución nesta lexislatura dunha Comisión de Investigación sobre a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, co obxectivo de rematar os traballos realizados na IX e X lexislaturas.

Continue reading

O Parlamento galego demanda que Galicia Calidade sirva para reflexar a excelencia do sector primario

Santiago, 9 de outubro de 2020.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a reforzar o selo Galicia Calidade para que funcione como marca paraugas de todos os produtos que reflexan a excelencia do sector primario galego. O deputado popular Daniel Vega afirmou que Galicia Calidade “non pode ser un club exclusivo, senón unha marca para todos aqueles que decidan unirse á filosofía da calidade, por enriba da cantidade”.

Continue reading

O Grupo Popular solicita ao Goberno central que ceda a xestión do Pazo de Meirás á Xunta de Galicia

Santiago, 9 de outubro de 2020.-  O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a cesión da xestión do Pazo de Meirás á Xunta de Galicia, co obxectivo de desenvolver usos culturais que expliquen a historia do inmoble, reivindiquen o entendemento e a concordia, e afonden no papel das escritoras na historia da literatura, particularmente de Emilia Pardo Bazán.

Continue reading