Pedro Puy asegura que en Galicia “se están a poñer todas as vacinas contra a Covid-19 que chegan e se non se poñen máis é porque non as mandan”

Santiago, 14 de xaneiro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe na Deputación Permanente que en Galicia “se están a poñer todas as vacinas contra a Covid-19 que chegan e se non se poñen máis é porque non as mandan”. Así mesmo, explicou que “é material e regulamentariamente imposible a celebración dun Pleno extraordinario neste período non ordinario” e lembrou que “mañá mesmo, no primeiro día hábil do novo período de sesións, comparecerá a directora xeral de Saúde Pública na Comisión 5ª para dar conta da campaña de vacinación en Galicia”.

Continue reading

O Grupo Popular rexistra a proposición de lei de recuperación da terra agraria de Galicia para a súa tramitación no Parlamento galego

Santiago, 11 de xaneiro de 2021.- O Grupo Popular rexistrou esta mañá no Parlamento de Galicia a proposición de lei de recuperación da terra agraria, un texto que recolle o marco xeral para a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos e o fomento da súa recuperación, co fin de poñer a producir as terras arestora abandonadas e infrautilizadas e de aportarlle base territorial suficiente a aquelas explotacións existentes que a precisan.

Continue reading

O Grupo Popular presentará iniciativas no Parlamento pedindo ao Goberno central apoio para o Xacobeo e un reparto transparente dos fondos europeos

Santiago, 4 de xaneiro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, avanzou hoxe a presentación de iniciativas no Parlamento galego para insistir na demanda ao Goberno central de transparencia e obxectividade no reparto dos fondos europeos, así como investimentos e apoios para a celebración do Xacobeo 2021, que agora vaise estender ao longo de todo o 2022.

Continue reading

Puy asegura, no balance do primeiro período de sesións da XI Lexislatura, que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”

Santiago, 28 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”, como se demostrou en Galicia nos últimos meses coa celebración dunhas eleccións para a renovación do Parlamento galego e do propio Goberno galego. Respecto da actividade na Cámara galega, salientou que nos tres meses deste primeiro período de sesións da XI lexislatura “xa temos aprobado tres textos lexislativos e outros oito están en tramitación”, ao tempo que se concede á oposición un protagonismo no debate parlamentario, xa que formula máis do 86 por cento das iniciativas de control ou impulso ao Goberno galego nas sesións plenarias.

Continue reading

O PPdeG demanda ao Goberno central un protocolo para a atención dos casos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen a Galicia

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central estableza un protocolo de actuación específico para os casos nos que se dean casos positivos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen aos peiraos galegos, definindo claramente as competencias e funcións de Sanidade Exterior e do Instituto Social da Mariña. “Se existiu unha administración ausente na atención e coidado dos homes e mulleres do mar durante a pandemia foi o Goberno central, unha situación que contrasta co feito pola Xunta, que sempre cumpriu e atendeu todos os casos que se presentaron”, salientou.

Continue reading