Pregunta sobre a avaliación, a actividade e o resultado das medidas de prevención da covid-19 implantadas a través da creación do rexistro de viaxeiros
Iniciativa sobre a continuación coa aplicación do programa Rexurbe con novas convocatorias públicas de adquisición de inmobles e declarando novas áreas
Iniciativa sobre a continuación coa aplicación do programa Rexurbe realizando novas convocatorias públicas de adquisición de inmobles e declarando novas áreas Rexurbe
Pregunta sobre o investimento da Xunta para a adquisición de inmobles nos núcleos históricos no marco do programa Rexurbe para a súa rehabilitación
Pregunta sobre o investimento para a adquisición de inmobles nos núcleos históricos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense, no marco do programa Rexurbe
Tellado: “Galicia está a facer os deberes nesta volta á clase con máis medidas de seguridade, máis profesores e máis tecnoloxía”
O secretario xeral do PPdeG di que o regreso ás aulas e a seguridade destas é unha tarefa que debería ocupar e preocupar a todos “e o PPdeG seguirá a reclamar que así sexa”
O Grupo Popular apoia demandar á Xunta solucións para os casos de aparición de coronavirus en explotacións agrícolas e gandeiras
Santiago, 24 de setembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se solicita á Xunta a elaboración dun protocolo de actuacións para dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus en explotacións agrícolas e gandeiras.
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a aprobación inmediata da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico
Santiago, 24 de setembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co voto en contra de socialistas e a abstención do BNG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a reactivación dos traballos para lograr a aprobación inmediata do documento final da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico. “O Goberno de Pedro Sánchez esqueceuse desta estratexia, sendo unha mostra máis da súa total desatención cara as políticas demográficas, cando non se pode permitir perder máis tempo nesta materia”, lamentou a deputada popular Raquel Arias.
O Parlamento demanda a creación dunha Fundación de Investigación Agraria Aplicada de Galicia
Santiago, 24 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta de Galicia a creación dunha Fundación de Investigación Agraria Aplicada de Galicia, sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e nos centros de investigación da Consellería do Medio Rural.
O Grupo Popular solicita a rebaixa do IVE das mascarillas ao 4 por cento
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Ovidio Rodeiro demandou hoxe no Pleno do Parlamento a rebaixa do IVE das mascarillas ao 4 por cento. Así mesmo, afirmou que o protocolo Covid-19 aprobado pola Xunta para os centros educativos “xa contempla a subministración de material de protección para que os colexios conten co necesario para o seu funcionamento ordinario”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que fixe un prezo eléctrico competitivo para as industrias electrointensivas
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que fixe un prezo eléctrico competitivo, que pase pola aprobación dun estatuto para os consumidores electrointensivos, incrementar as compensacións por custos indirectos de CO2 e un novo sistema de xestión de demanda que substitúa á poxa por interrompebilidade. A iniciativa incorpora, ademais, a solicitude para que o Goberno central avalíe os proxectos do plan industrial de Liberty House para as fábricas de Alcoa en San Cibrao, de xeito que poidan optar ao Fondo Europeo de Recuperación.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a retirada da limitación das taxas de reposición do persoal sanitario público
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a retirada da limitación das taxas de reposición do persoal do sistema sanitario público, permitindo ofertar todos os postos necesarios para poder actuar ante a pandemia da Covid-19.