Tellado: “O BNG pasou de ser aliado dos nacionalistas de PNV e CiU con Beiras a selo dos independentistas de ERC e Bildu con Pontón”

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os comicios cataláns están deixando boa mostra de cal é o posicionamento real dos partidos. Así, mentres para o PPC a nosa Comunidade é o exemplo de convivencia a seguir; para o BNG a folla de ruta é o modelo de enfrontamento lingüístico, político e social instalado en Cataluña: “Nos tempos de Xosé Manuel Beiras os seus socios eran os nacionalistas de PNV e CIU e, hoxe, os de Ana Pontón son os independentistas de Bildu e ERC, cos que non só comparten proxecto político, senón tamén un escano no Parlamento Europeo”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda unha fórmula que faga compatible a práctica da pesca deportiva coa actividade nas zonas portuarias

Santiago, 4 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a estudar e habilitar unha fórmula para facer compatible a autorización da práctica de pesca deportiva desde as dársenas portuarias, en condicións de seguridade, normalidade e sustentabilidade, e sempre que non se entorpezan os labores dos profesionais do mar e outras actividades propias dos portos.

Continue reading

O Parlamento demanda impulsar a valorización da transferencia de resultados da I+D ao mercado

Santiago, 3 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D ao mercado, a través da continuidade dos mecanismos de financiamento; fortalecendo as capacidades organizativas e profesionais das estruturas e dos centros; impulsando unha cultura da transferencia na comunidade investigadora; incentivando a función de transferencia de coñecemento; mellorando as capacidades dos nosos xestores de transferencia; ou establecendo mecanismos de monitoraxe da transferencia.

Continue reading