Pedro Puy incide na disposición do Grupo Popular a “procurar acordos para sacar a Galicia da crise”

Santiago, 3 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe no Debate de Investidura que se celebra no Parlamento galego que “estamos dispostos, pese a que temos unha ampla maioría, a procurar acordos para sacar ao país da peor crise da nosa historia contemporánea”, aínda que puntualizou que estes pactos “non son de adhesión aos proxectos da minoría, senón que terán que xirar en torno ao programa que apoiou a gran maioría do pobo galego”.

Continue reading

Puy cualifica de “moi acaído” o discurso de investidura de Feijóo, que recolle o programa electoral do PPdeG e amosa a súa confianza en Galicia

Santiago, 1 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou esta mañá o discurso de investidura de Alberto Núñez Feijóo como “moi acaído para o momento presente, que recolle todo o que levábamos no programa electoral convalidado por esa gran maioría dos galegos que confiaron no PPdeG nas ultimas eleccións, e que amosa a gran confianza que ten en Galicia”. En concreto, Puy salientou a oferta de acordos do candidato á Presidencia da Xunta, a través da creación dunha comisión no Parlamento para solventar a crise sanitaria e socioeconómica, e do diálogo social con forzas sindicais e empresariais; ao tempo que propuxo actuacións no ámbito sanitario e social para evitar que a pandemia siga crecendo.

Continue reading

Pedro Puy amosa “a mellor predisposición” para chegar a acordos cos grupos da oposición

Santiago, 31 de agosto de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe “a mellor predisposición” para chegar a acordos cos grupos da oposición “para superar a crise excepcional que estamos a vivir”. Neste sentido, considerou “positivo” a disposición amosada por BNG e PSdeG e apuntou que “veremos a partir de mañá e do debate do xoves como se pode avanzar conxuntamente na loita contra a actual situación sanitaria, económica e social extraordinaria”

Continue reading