Feijóo pide unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles. Así, dixo que, o vindeiro 12 de xullo, os galegos están chamados a escoller entre un multipartito ou un goberno, a inestabilidade ou a estabilidade, experimentos ou a experiencia ou entre ir á contra ou a unión de todos a favor dun futuro certo para Galicia.

 

Continue reading

Feijóo ratifica o seu compromiso con Lugo para potenciar os servizos públicos e garantir máis oportunidades para todos

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,  ratificou o seu compromiso con Lugo para seguir traballando na mellora dos servizos públicos e que os seus cidadáns dispoñan cada día de máis oportunidades, despois do esforzo inversor dos últimos once anos que permitiu á cidade contar con novas dotacións sanitarias e educativas, de vivenda, infraestruturas de comunicación, e dar un pulo á súa economía.

 

Continue reading

Feijóo reforza o seu compromiso coa Coruña para continuar coa mellora dos servizos públicos acometida nos últimos anos

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou o seu compromiso coa Coruña, para seguir mellorando os seus servizos públicos e ofrecer máis oportunidades para a cidade. Despois dos moitos avances durante os últimos anos, asegurou que agora máis ca nunca a súa ilusión  é que A Coruña siga adiante, e mostrouse convencido de que, pese as dificultades pola pandemia do Covid-19 que se está vivindo, será posible conseguilo xuntos.

 

Continue reading

O PPdeG presenta unha campaña “en positivo” e centrada nos temas que lle interesan á Comunidade

22, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presentou a campaña do seu partido para as Eleccións Autonómicas e avanzou que tratarán os temas que lle interesan á Comunidade. Así, falarán dunha Galicia en positivo, “que require do mellor de todos nós para volver a saír desta crise; que nos apaixona e que merece que os seus políticos se centren en dar solucións aos seus problemas; e á que lle interesa a economía, o emprego, a sanidade, a política social”.

Continue reading