Puy critica á oposición por pretender converter o Parlamento “nun plató de televisión para facer mitins”

Santiago, 19 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe na Deputación Permanente que aos grupos da oposición pretendan converter o Parlamento galego “nun plató de televisión para facer mitins” e avogou porque o novos deputados galegos “traballen conxuntamente na inxente tarefa que nos corresponderá para superar a pandemia sanitaria provocada pola Covid-19 e devolver a Galicia á senda da recuperación económica, a cohesión social e a mellora do benestar dos cidadáns”.

Continue reading

Tellado: “Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia”

18, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia, por ter un bo sistema de atención a domicilio e por ter actuado con axilidade e anticipación coas residencias integradas. Así se refería ao inxusto reparto dos fondos que prepara o Goberno central para compensar ás Autonomías polos gastos que trouxo consigo a pandemia.

Continue reading

Puy afirma que “Galicia parte en mellor posición” para a recuperación económica e pide ao Goberno central que colabore para resolver os problemas

Santiago, 15 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Pedro Puy, afirmou hoxe que “Galicia parte nunha mellor posición” para a recuperación económica das familias e as empresas, pero demandou a colaboración do Goberno central para resolver problemas existentes. En concreto, referiuse ao Plan de Reactivación posto en marcha polo Goberno galego, e demandou a implicación do Estado para o mantemento de Alcoa, a carga de traballo para o naval ou a reforma do regulamento da Lei de Costas que pon en perigo empresas e instalacións públicas e privadas.

Continue reading

Pedro Puy demanda ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento de Alcoa, a rebaixa do IVE no turismo e o reparto xusto dos 16.000 millóns

Santiago, 8 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a súa satisfacción polo inicio da fase 3 da desescalada na crise sanitaria do coronavirus en Galicia e sinalou que “agora o que nos preocupa son os efectos desta pandemia”. Deste xeito, demandou ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento da planta de Alcoa en San Cibrao, coa aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas; a rebaixa do IVE no sector turístico; ou un reparto xusto do fondo de 16.000 millóns que destinará ás comunidades autónomas.

Continue reading

Tellado di que a mellora do emprego en Galicia pode verse comprometida polas incertezas do Goberno central

2, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que é o momento de que Galicia inicie a recuperación do mercado laboral, tras poñer en valor que Galicia fose quen de conter a caída do desemprego no mes de maio. Neste senso, avogou por comezar a recuperar o tempo perdido e volver á tendencia positiva que se rexistraba antes dos efectos da Covid-19 na creación de emprego.

Continue reading