Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que modifique o Real Decreto de Ordenación Pesqueira de xeito que se considere a posibilidade de poder rexistrar e empregar como auxiliares de 4ª lista os buques que se utilizan para o marisqueo ou a extracción de recursos específicos coma o percebe, algas, ourizos, a similitude dos buques auxiliares de coral, empregados de facto para achegar aos pescadores alí onde se encontra o recurso.
O Parlamento galego pide ao Goberno central que habilite nos portos de Celeiro, Burela e Ribeira inspeccións de produtos de orixe animal
Santiago, 17 de xaneiro de 2020.– O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que solicita ao Goberno central, ante a próxima saída do Reino Unido da Unión Europea, que habilite e autorice aos portos de Celeiro, Burela e Ribeira para levar a cabo inspeccións en fronteira de produtos de orixe animal, ben sexa habilitando un PIF específico ou como centro asociado ao da Coruña.
O Parlamento demanda que Xunta e Concello colaboren para a cesión do uso da loxa vella de Camariñas, unha vez sexa solicitado pola entidade local
Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella, unha vez que a entidade local faga a solicitude preceptiva.
Tellado cre que a UE acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE á Comunidade
17, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cre que a Unión Europea acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE a Galicia, xa que grazas a UE coñeceuse que hai tramos que non van estar operativos ata 2022 e “con sorte”. “Nin Pedro Sánchez, nin o ministro de Fomento, nin a presidenta de ADIF, nin o delegado do Goberno en Galicia foron quen de ter a valentía de dicirlle á cara aos galegos a verdade”, incidiu.
O PPdeG asegura que o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense será público e as súas prazas totalmente públicas
Santiago, 16 de xaneiro de 2020.– A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que “o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense, cuxo inicio de construción está previsto no primeiro cuadrimestre deste ano, será público e coa totalidade das súas prazas públicas”.
O Parlamento galego esixe ao Goberno de España colaboración económica para garantir a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos a todas as familias
Santiago, 16 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe do Goberno de España colaboración económica para garantir a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos a todas as familias galegas.
O Grupo Popular demanda ao Goberno central que incremente a súa cota de financiamento da dependencia ata o 50 por cento
Santiago, 16 de xaneiro de 2020.- A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, demandou hoxe no Parlamento que o novo Goberno central se comprometa coa Lei de dependencia e incremente a súa cota de financiamento destes servizos ata a contorna do 50 por cento.
O PPdeG demanda un programa autonómico para a retirada do amianto e que o Goberno de España facilite o financiamento destas actuacións
Santiago, 16 de xaneiro de 2020.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta elabore un programa autonómico para a retirada do amianto, ao tempo que o Goberno de España poña en marcha un programa nacional para a erradicación deste material que facilite o financiamento das actuacións, en consonancia cos obxectivos establecidos pola Unión Europea.
O Grupo Popular solicita, a través dunha proposición de lei para a súa remisión ao Congreso, que se aplique o IVE reducido aos cueiros dos nenos
Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición de lei, para a súa remisión ao Congreso dos Deputados, co obxectivo de modificar a Lei37/1992 do imposto sobre o valor engadido para incluír os cueiros dos nenos e nenas entre os produtos aos que se aplica o tipo reducido do 4 por cento.
O Grupo Popular apoia que a Xunta realice unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe do Lérez
Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta a Xunta a realizar unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe da canle do río Lérez que pola súa potencial carga contaminante ou prexudicial non sexan susceptibles de ser utilizados para a rexeneración doutras zonas da ría.