O Debate sobre o Estado da Autonomía remata coa aprobación de 57 resolucións, das que 24 foron por acordo entre o PPdeG e a oposición

Santiago, 27 de setembro de 2019.- O Pleno do Parlamento aprobou hoxe 57 resolucións no Debate sobre o Estado da Autonomía, das que 24 saíron adiante logo de acordos entre o Grupo Popular e os grupos da oposición. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, sinalou que “este Debate do Estado da Autonomía demostrou que este Goberno, e a maioría parlamentaria que o sustenta, teñen máis impulso e máis ganas de traballar por Galicia ca nunca” e contrapúxoo con que “en fronte tamén vemos unha alternativa menos sólida ca nunca”.

Continue reading

O Grupo Popular incide nas súas propostas de resolución do DEA que o Goberno central abone os 700 millóns que debe a Galicia

Santiago, 26 de setembro de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, presentou esta mañá as 40 propostas de resolución rexistradas por este grupo parlamentario para o Debate sobre o Estado da Autonomía, entre as que destaca a solicitude ao Goberno central do pago dos 700 millóns de euros que debe a Galicia e a posta en marcha do Plan Estratéxico de Galicia 2021, ademais de medidas dirixidas ao medio rural, o desenvolvemento industrial, o turismo, os servizos públicos, a violencia de xénero e a lealdade institucional.

Continue reading

Puy salienta o discurso “optimista” de Feijóo, “baseado no aval dos feitos e en datos concretos de como evolucionou Galicia nos últimos anos”

Santiago, 25 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o discurso “optimista” pronunciado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía “baseado no aval dos feitos e en datos concretos e incontestables sobre como evolucionou Galicia nos últimos anos.

Continue reading

Pedro Puy afirma afrontar o Debate sobre o Estado da Autonomía “coa tranquilidade de saber que o Goberno galego está cumprindo o seu deber”

Santiago, 20 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “afrontamos o Debate sobre o Estado da Autonomía coa tranquilidade de saber que o Goberno galego está cumprindo o seu deber, avanzando na solución dos problemas que van xurdindo ao tempo que que planexa o futuro desde unha perspectiva de país”.
Continue reading

Tellado: “O PP volverá ser o 10-N o punto de encontro do voto moderado e a panca de cambio deste país”

22, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que, de cara a próxima cita coas urnas, a tarefa do Partido Popular será converterse na formación de referencia para o centro e o centro-dereita, así como reconquistar “o voto moderado e razoable” da esquerda que non se sinte representada polo proxecto de Pedro Sánchez: “O PP ten que ser o punto de encontro de todos os que non queren que goberne o PSOE”.

Continue reading

O PPdeG lamenta que Ana Pontón pretenda “desinformar” aos galegos sobre a realidade do naval

20, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou este venres que Ana Pontón pretendese “desinformar” aos galegos sobre a realidade do naval na nosa Comunidade. Deste xeito, salientou que a portavoz nacional do BNG “critica que Feijóo se preocupe por un sector industrial clave, pero non se lle escoita dicir nada sobre que o Goberno Sánchez teña aos traballadores da ría de Ferrol de brazos cruzados pola parálise de proxectos coma as Fragatas F-110”.

Continue reading

Tellado: “O cartel electoral de Sánchez en Galicia serán os 700 millóns que nos debe e o 30% do Orzamento que quería recortar”

20, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “o cartel electoral co que se vai presentar Pedro Sánchez en Galicia nas vindeiras Eleccións Xerais vai ser, dun lado, os 700 millóns que nos adebeda e, do outro, o 30% do fondos que nos quería recortar nos seus Orzamentos fallidos para poder subirlle un 60 a Cataluña”. “Este é un legado que Galicia non merece dun presidente que Galicia non necesita”, engadiu.

Continue reading

Jacobo Moreira critica que PSOE e BNG “escenifiquen no Parlamento as súas disputas locais cunha iniciativa sobre o transformador do CEIP Barcelos”

Santiago, 20 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira criticou hoxe que “nacionalistas e socialistas escenifiquen no Parlamento galego as súas desavenencias no Goberno local de Pontevedra”, logo de que o Grupo Socialista apoie a reubicación nun novo emprazamento do transformador eléctrico sito do CEIP de Barcelos e o BNG se absteña a esta proposta.

Continue reading