Santiago, 5 de setembro de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou que o Goberno Central “se desentendese en todo momento” do conflito relativo ao peche da plante de Poligal en Narón. “O Ministerio nin está nin se lle espera e o delegado do Goberno segue vivindo nun mundo paralelo”, resumiu.
O Grupo Popular afirma que o impacto das vivendas de uso turístico na oferta e os prezos das vivendas de aluguer é escasa e pouco fiable
Santiago, 5 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero afirmou hoxe no Parlamento que “o impacto das vivendas de uso turístico na oferta e os prezos das vivendas de aluguer é escasa e pouco fiable, xa que supoñen pouco máis do 0,5 por cento do parque de vivendas en Galicia”. Ademais, salientou que “todas as tipoloxías tradicionais de aloxamento están incrementando o seu volume de viaxeiros, o que leva acompañado un aumento das tarifas que fixo mellorar a rendibilidade do sector un 7,7 por cento ata acadar os mellores niveis da década”.
O Grupo Popular afirma que a Xunta xa ten iniciadas máis do 70% das medidas do Plan galego de atención primaria
Santiago, 4 de setembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “xa ten iniciadas máis do 70 por cento das medidas incluídas no Plan galego de atención primaria 2019-2021 e ten previsto rematar a súa implantación antes de que remate o presente ano”.
O Parlamento galego reitera a solicitude ao Goberno central para que incremente ata 475 os efectivos da Policía Autonómica
Santiago, 4 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia reiterou hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, a solicitude ao Goberno central para que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita (UPA) para incrementar canto menos ata 475 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
O PPdeG asegura que a nova cociña do CHUO “non só manterá os postos de traballo, senón que se incrementarán con dietistas e nutricionistas”
Santiago, 4 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento galego a nova cociña no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “seguirá a ser xestionada directamente polo Servizo Galego de Saúde e non só se manterán todos os postos de traballo actualmente desempeñados por persoal estable, senón que se incrementarán con profesionais titulados en dietética e nutrición, ademais dun novo cociñeiro”.
O Grupo Popular salienta “a implicación e o traballo da Xunta ante a sobrepoboación de xabaril, un desafío para toda Europa”
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Miguel Prado Patiño salientou hoxe “a implicación e o traballo que vén desenvolvendo a Xunta de Galicia ante a sobrepoboación de xabarís, un problema que non é exclusivo de Galicia, porque supón un desafío a nivel europeo para artellar medidas que permitan manter o equilibrio da especie e a práctica da caza”.
O Parlamento demanda regular as excepcións á prohibición para o pastoreo en zonas queimadas por incendios forestais
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a regular, antes de finalizar o 2019, as excepcións á prohibición de pastoreo que se prevén no apartado 2 do artigo 43 da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios de Galicia, sempre que se acrediten perdas de difícil reparación ou a inexistencia de alternativas ao pastoreo dentro da mesma comarca. Así mesmo, o Grupo Popular apoiou solicitar á Xunta que elabore un mapa de solos que os clasifique en función das súas aptitudes, incluíndo un catálogo de solos de alta produtividade agropecuaria.
O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento medidas en favor da central térmica de As Pontes
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que solicita unha serie de medidas en defensa da central térmica de As Pontes, como a supresión do céntimo verde para o carbón, a compensación de pagos pola dispoñibilidade para cubrir a demanda en horas punta do sistema eléctrico ou o establecemento de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética.
Tellado: “Galicia é a segunda Comunidade co mellor dato interanual do paro pero o efecto Sánchez xa lastra a economía galega”
3, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que Galicia sexa a segunda Comunidade Autónoma co mellor dato na evolución anual do paro de agosto, pero lamentou que o “efecto Sánchez” xa comece a lastrar a nosa economía. “A inestabilidade política que trouxo o presidente socialista ten reflexo no emprego”, aseverou.
Puy incide que “existen distintas formas” para que o Goberno central transfira a Galicia os 700 millóns que lle debe
Santiago, 2 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “existen distintas formas” para que o Goberno de Pedro Sánchez transfira á Comunidade galega os 700 millóns que lle debe das entregas a conta, o IVE e as compensacións por ser unha comunidade cumpridora. Neste sentido, en referencia ao secretario xeral dos socialistas galegos manifestou que “sorprende que quen pretende defender os intereses de Galicia o estea facendo dunha forma máis sanchista que Pedro Sánchez, apoiando unha posición inasumible do Goberno de España que prexudica dunha forma importante a Galicia”.