Teresa Egerique subliña que a Xunta “é a administración que máis investiu en Vigo nos últimos dez anos”

Santiago, 27 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique lamentou hoxe que o alcalde de Vigo “utilice á cidade como vítima política dun enfrontamento e do odio persoal que ten ao Presidente da Xunta”. “Abel Caballero non entende que a cooperación e a lealdade institucional, e dicir a verdade é fundamental en política, e debería recoñecer que a Xunta é a administración que máis investiu en Vigo nos últimos dez anos”, engadiu.

Continue reading

O PPdeG salienta que o arquivo do caso da hepatite C recoñece que a actuación do Sergas respondeu unicamente a criterios dos especialistas e totalmente allea a intereses económicos

Santiago, 27 de novembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou esta tarde que o auto do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago que arquiva o caso da hepatite C “recoñece a correcta actuación desenvolvida polos cargos do Sergas, que respondeu unicamente a criterios dos especialistas médicos e totalmente allea a intereses económicos, como denunciaron ata a saciedade os grupos da oposición e organizacións interesadas”.

Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno de España un cambio lexislativo que considere prioritaria a defensa da muller deportista no embarazo

Santiago, 27 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto, a través da que se insta á Xunta a realizar unha campaña de concienciación entre as federacións deportivas galegas co obxectivo de que inclúan comportamentos discriminatorios como as cláusulas antiembarazo como censurables nos seus códigos de boas prácticas, dentro do seu réxime de financiamento e relacións de partenariado, patrocinio e esponsor. A través desta campaña tamén se poñerá en valor o dobre esforzo realizado polas mulleres deportistas que deciden ser nais ao longo da súa carreira deportiva, conseguindo así un maior apoio dos patrocinadores e esponsors.

Continue reading

O PPdeG demanda acordos entre a Xunta e deputacións para prestar o servizo de extinción de incendios e salvamento nas zonas de sombra

Santiago, 27 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que desenvolva a Lei de emerxencias en todas aquelas cuestións pendentes de planificación e desenvolvemento normativo, estudando e acordando solucións con outras administracións públicas para prestar con garantías o servizo de extinción de incendios e salvamento nas zonas de sombra nas que os tempos de resposta superen os 20 minutos.

Continue reading

Puy afirma que, o debate esta semana de decretos-lei no Congreso, confirma que un Goberno en funcións pode aprobar pagar o que debe a Galicia ou o estatuto das electrointensivas

Santiago, 25 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que, o debate esta mesma semana na Deputación Permanente do Congreso de tres decretos-lei, confirma que un Goberno en funcións pode aprobar os decretos-lei correspondentes para abonar a Galicia o que lle debe pola mensualidade do IVE de 2017 ou as compensacións por ser unha comunidade cumpridora en materia de estabilidade, ou para aprobar o estatuto que beneficie as empresas electrointensivas.

Continue reading

O Grupo Popular avoga por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller

Santiago, 25 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller e afirmou que o PPdeG “sempre estará posicionado neste sentido, como o demostramos no último Pleno no que apoiamos a aprobación unánime de cinco acordos pola igualdade e contra a violencia contra a muller”.

Continue reading

Tellado: “Vivimos nunha situación de inestabilidade absoluta patrocinada por Pedro Sánchez”

24, novembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou este domingo nunha entrevista en Radio Galega que “vivimos nunha situación de inestabilidade absoluta patrocinada por Pedro Sánchez”. Cuestionado acerca do pacto de investidura entre PSOE e Podemos, que cualificou de “erro histórico” salientou que “é moi difícil que funcione un Goberno que se basee no populismo e que teña que apoiarse nos que queren que a España lle vaia mal”.

Continue reading