Santiago, 14 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou hoxe que “o señor Leiceaga e os socialistas galegos propoñan a celebración dunha Deputación Permanente no Parlamento galego sobre a designación de Corina Porro como delegada da Xunta en Vigo é unha manifestación de que están moi nerviosos porque saben que este nomeamento vai ser moi positivo para a cidade viguesa, para Galicia e moi negativo para os intereses socialistas”.
O Grupo Popular pide que se prohiba a publicidade do xogo on line e presencial na TVG e na Radio Galega
Santiago, 13 de xullo de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a prohibir totalmente a publicidade do xogo on line e do xogo presencial de competencia autonómica dos establecementos de xogo da Comunidade galega na radio e a televisión pública de Galicia, independentemente do horario ou a concreta programación de que se trate.
Tellado: “Cando hai que escoller entre Galicia e Pedro Sánchez, o PSdeG sempre elixe a Sánchez”
12, xullo, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, volveu lamentar este venres a abstención dos socialistas galegos nunha iniciativa debatida no Parlamento Galego para demandar que o Goberno central transfira de inmediato os 700 millóns de euros que lle adebeda á Xunta de Galicia. Así, sinalou que “esta é unha nova demostración de que cando hai que escoller entre Galicia e Pedro Sánchez, o PSdeG sempre elixe a Sánchez”.
O Grupo Popular demanda a creación de novos puntos de encontro familiar en Galicia e a mellora dos 7 existentes
Santiago, 11 de xullo de 2019.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, demandou no Parlamento que a Xunta continúe coa mellora dos sete puntos de encontro familiar existentes en Galicia e impulse a creación de novos puntos que faciliten a todas as persoas, independentemente do seu lugar de residencia, o acceso a estes servizos con facilidade, prestando especial atención á situación que vive o rural.
O Grupo Popular afirma que o Sergas garante a asistencia sanitaria en atención primaria a toda a poboación durante a época estival
Santiago, 11 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo asegurou hoxe no Parlamento que “o Servizo Galego de Saúde garante a asistencia sanitaria en atención primaria a toda a poboación durante a época estival, do mesmo xeito que no resto dos meses do ano, ao mesmo tempo que compatibiliza os dereitos dos traballadores ao seu descanso vacacional”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central o abono dos 700 millóns de euros que o Estado adebeda á Comunidade galega
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular e coa única abstención do PSOE, a través da que se demanda ao Goberno central que habilite de maneira urxente os mecanismos legais correspondentes para transferir a Galicia os 700 millóns de euros comprometidos para 2019 e que aínda lle adebeda, dos que 330 corresponden ás entregas á conta de 2019, 200 millóns da devolución da mensualidade do IVE de 2017 e 170 dos incentivos por cumprir todos os parámetros de estabilidade orzamentaria en 2017 e 2018.
O PPdeG demanda á oposición que “deixen de hostigar aos galegos que, no uso da súa liberdade, exercen actividades lexítimas e legalmente amparadas”
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe no Pleno aos grupos da oposición que “deixen de hostigar a aqueles galegos que, no uso da súa liberdade persoal, exercen actividades lexítimas e legalmente amparadas”. Neste sentido, sinalou que “pretenden impoñer todo aquelo que lles gusta e prohibir todo aquelo que lles disgusta”.
O Parlamento galego demanda que o Goberno central programe “de xeito inmediato” carga de traballo para Navantia-Ferrol
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Goberno central unha programación inmediata de carga de traballo suficiente para os estaleiros de Navantia en Ferrol.
O Grupo Popular amosa a súa oposición á limitación de prezos no aluguer de vivendas
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, amosou hoxe “a nosa oposición á limitación de prezos no aluguer de vivendas, logo de que esta medida fracasara naqueles sitios onde se implantou, como Francia ou Alemaña”. “O que se está a demostrar é o acerto da Xunta co seu Programa de Vivendas Baleiras, cuxas medidas están a ser implantadas agora noutros países, como Portugal”, indicou.
O PPdeG asegura que a nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana permitirá axilizar os expedientes relativos ao patrimonio cultural galego
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou hoxe no Parlamento que a nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana, que recentemente entrou en vigor, “permitirá axilizar os expedientes relativos ao patrimonio cultural galego, xa que simplifica os trámites e facilita a concesión de licencias directas por parte dos concellos”.