Santiago, 3 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Miguel Prado Patiño salientou hoxe “a implicación e o traballo que vén desenvolvendo a Xunta de Galicia ante a sobrepoboación de xabarís, un problema que non é exclusivo de Galicia, porque supón un desafío a nivel europeo para artellar medidas que permitan manter o equilibrio da especie e a práctica da caza”.
O Parlamento demanda regular as excepcións á prohibición para o pastoreo en zonas queimadas por incendios forestais
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a regular, antes de finalizar o 2019, as excepcións á prohibición de pastoreo que se prevén no apartado 2 do artigo 43 da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios de Galicia, sempre que se acrediten perdas de difícil reparación ou a inexistencia de alternativas ao pastoreo dentro da mesma comarca. Así mesmo, o Grupo Popular apoiou solicitar á Xunta que elabore un mapa de solos que os clasifique en función das súas aptitudes, incluíndo un catálogo de solos de alta produtividade agropecuaria.
O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento medidas en favor da central térmica de As Pontes
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que solicita unha serie de medidas en defensa da central térmica de As Pontes, como a supresión do céntimo verde para o carbón, a compensación de pagos pola dispoñibilidade para cubrir a demanda en horas punta do sistema eléctrico ou o establecemento de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética.
Tellado: “Galicia é a segunda Comunidade co mellor dato interanual do paro pero o efecto Sánchez xa lastra a economía galega”
3, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que Galicia sexa a segunda Comunidade Autónoma co mellor dato na evolución anual do paro de agosto, pero lamentou que o “efecto Sánchez” xa comece a lastrar a nosa economía. “A inestabilidade política que trouxo o presidente socialista ten reflexo no emprego”, aseverou.
Puy incide que “existen distintas formas” para que o Goberno central transfira a Galicia os 700 millóns que lle debe
Santiago, 2 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “existen distintas formas” para que o Goberno de Pedro Sánchez transfira á Comunidade galega os 700 millóns que lle debe das entregas a conta, o IVE e as compensacións por ser unha comunidade cumpridora. Neste sentido, en referencia ao secretario xeral dos socialistas galegos manifestou que “sorprende que quen pretende defender os intereses de Galicia o estea facendo dunha forma máis sanchista que Pedro Sánchez, apoiando unha posición inasumible do Goberno de España que prexudica dunha forma importante a Galicia”.
Tellado: “Feijóo foi o primeiro en pedir que o Goberno pague o que debe e Gonzalo Caballero está sendo o último en defender a Sánchez”
30, agosto, 2019. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que, mentres Feijóo foi o primeiro en pedir que o Goberno central pague o que lle debe ás autonomías, Gonzalo Caballero está sendo a última persoa en España en defender a Pedro Sánchez.
Pedro Puy: “É un escándalo utilizar a chantaxe económica e financeira que afecta aos servizos fundamentais para argumentar a non transferencia dos recursos ás CCAA”
Santiago, 29 de agosto de 2019.- A voceiro popular Pedro Puy indicou hoxe que se trata dun “escándalo utilizar a chantaxe económica e financeira que afecta aos servizos fundamentais para argumentar a non transferencia dos recursos que corresponden ás Comunidades Autónomas”. Así, indicou que “todas as CCAA, gobernadas por socialistas ou populares seguen a senda que comezou Galicia para reclamar os cartos que o Goberno xa recadou e que lle corresponde gastar as CCAA en sanidade, educación e servizos sociais”.
Pedro Puy: “O Goberno amosa pouca sensibilidade autonomista e cos servizos sociais que prestan as comunidades autónomas”
Santiago, 26 de agosto de 2019.- A voceiro popular Pedro Puy indicou hoxe en rolda de prensa que o Goberno do Estado amosa “pouca sensibilidade autonomista e sobre todo cos servizos de carácter social que prestan as comunidades autónomas cando non soluciona as entregas a conta e a liquidación do IVE, dos que 530 xa están incluídos nos Orzamentos da Xunta para 2019”
Pedro Puy sinala que o Parlamento de Galicia é dos que ten máis intensidade de traballo e a oposición máis capacidade de control
Santiago, 26 de agosto de 2019.- O voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy, sinalou hoxe en rolda de prensa que o Parlamento de Galicia é, dentro do ámbito dos parlamentos autonómicos, o que ten máis intensidade de traballo e que a oposición ten máis capacidade de control, xa que presenta máis do 80% das iniciativas que se debaten.
Tellado acusa ao PSdeG de ser cómplice silencioso do desgoberno de Pedro Sánchez e de facerlle oposición a Galicia
25, agosto, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, instou novamente ao Goberno socialista a que abandone as escusas e transfira dunha vez a Galicia os 700 millóns de euros que lle corresponde e que son recursos de todos os galegos.